bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 15
2 Kings 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 16 →
1
No ano vinte e sete do reinado de Ieroboam en Israel, empezou a reinar en Xudá Azarías, fillo de Amasías.
2
Tiña dezaseis anos cando chegou ó trono, e reinou cincuenta e dous anos en Xerusalén. A súa nai chamábase Iecolía, de Xerusalén.
3
Fixo o que é debido ós ollos do Señor, coma Amasías, seu pai.
4
Soamente que os altares dos outeiros non desapareceron, e a xente seguía ofrecendo neles sacrificios e incenso.
5
O Señor feriuno coa lepra, e o rei estivo con ela ata a súa morte, vivindo illado na súa casa. O seu fillo Iotam estaba á fronte do pazo e gobernaba o país.
6
O resto da historia de Azarías e todo o que fixo non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá?
7
Azarías adormeceu con seus pais, e enterrárono onda eles, na cidade de David. Sucedeulle no trono o seu fillo Iotam.
8
No ano trinta e oito do reinado de Azarías en Xudá, empezou a reinar sobre Israel, en Samaría, Zacarías, fillo de Ieroboam.
9
Fixo o mal ós ollos do Señor, como o fixeran seus pais. Non se arredou dos pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel.
10
Xalum, fillo de Iabex, cismou contra el. Feriuno de morte en Ibleam e suplantouno no trono.
11
O resto da historia de Zacarías aí está escrita no Libro das Crónicas dos reis de Israel.
12
Nel cumpriuse a palabra que o Señor dixera a Iehú: —"Os teus fillos sentarán no trono de Israel ata a cuarta xeración". E así foi.
13
Xalum, fillo de Iabex, empezou a reinar no ano trinta e nove do reinado de Ozías de Xudá. Reinou un mes en Samaría.
14
De Tirsah subiu Menahem, fillo de Gadí, entrou en Samaría, feriu de morte a Xalum, fillo de Iabex, e suplantouno no trono.
15
O resto da historia de Xalum e a súa conspiración está toda escrita no Libro das Crónicas dos reis de Israel.
16
Menahem arrasou Tirsah, cos seus habitantes e o seu territorio, desde Tirsah, porque non lle abriran as portas, e fendeulles o ventre ás embarazadas.
17
No ano trinta e nove do reinado de Azarías en Xudá empezou a reinar en Israel Menahem, fillo de Gadí. Reinou dez anos en Samaría.
18
Fixo o mal ós ollos do Señor. Non se afastou en toda a súa vida dos pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel.
19
Pul, rei de Asiria, invadiu o país, e Menahem entregoulle mil talentos de prata, para que o axudase a asegurar o reino nas súas mans.
20
Menahem recadou o diñeiro que tiña que dar ó rei de Asiria entre a xente máis rica de Israel, a cincuenta siclos de prata cada un. O rei de Asiria retirouse, sen deterse máis no país.
21
O resto da historia de Menahem e todo o que fixo non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Israel?
22
Menahem adormeceu con seus pais, e sucedeulle no trono o seu fillo Pecahías.
23
No ano cincuenta do reinado de Azarías en Xudá empezou a reinar sobre Israel, en Samaría, Pecahías, fillo de Menahem. Reinou dous anos.
24
Fixo o mal ós ollos do Señor. Non se arredou dos pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel.
25
O seu oficial Pécah, fillo de Remalía, conspirou contra el e matouno en Samaría, na torre do pazo real, xunto con Argob e Arieh; levaba con el cincuenta galaaditas. Matouno e suplantouno no trono.
26
O resto da historia de Pecahías e todo o que fixo está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Israel.
27
No ano cincuenta e dous do reinado de Azarías en Xudá empezou a reinar sobre Israel, en Samaría, Pécah, fillo de Remalía. Reinou vinte anos.
28
Fixo o mal ós ollos do Señor. Non se arredou dos pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel.
29
No reinado de Pécah en Israel veu Teglatpeléser, rei de Asiria, e apoderouse de Iión, Abel—Bet—Macah, Ianóah, Cadex, Hasor, Galaad e do territorio de Naftalí, en Galilea, e desterrou os seus habitantes a Asiria.
30
Oseas, fillo de Elah, conspirou contra Pécah, fillo de Remalía, feriuno de morte e suplantouno no trono, no ano vinte de Iotam, fillo de Ozías.
31
O resto da historia de Pécah e todo o que fixo está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Israel.
32
No ano segundo do reinado de Pécah, fillo de Remalía, sobre Israel, empezou a reinar en Xudá Iotam, fillo de Ozías.
33
Tiña vinte e cinco anos cando subiu ó trono e reinou vinte anos en Xerusalén. A súa nai chamábase Ieruxá, filla de Sadoc.
34
Fixo o que é debido ós ollos do Señor, como fixera Ozías, seu pai.
35
Mais os altares dos outeiros non desapareceron, e a xente seguía ofrecendo neles sacrificios e incenso. Iotam construíu a porta superior do templo do Señor.
36
O resto da historia de Iotam e o que fixo non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá?
37
No seu tempo empezou a mandar o Señor, contra Xudá, a Resín, rei de Aram, e a Pécah, fillo de Remalía.
38
Iotam adormeceu con seus pais, e enterrárono con eles na cidade de seu pai David. Sucedeulle no trono o seu fillo Acaz.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25