bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 18
2 Kings 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 19 →
1
Ezequías, fillo de Acaz, empezou a reinar en Xudá no ano terceiro do reinado de Oseas, fillo de Elah, en Israel.
2
Tiña vinte e cinco anos cando subiu ó trono e reinou vinte e nove anos en Xerusalén. A súa nai chamábase Abí, filla de Zacarías.
3
Fixo o que é debido ós ollos do Señor, seguindo o exemplo do seu pai David.
4
Suprimiu os altares dos outeiros, rompeu as estelas, fanou as imaxes de Axtarté e quebrou a serpente de bronce que erguera Moisés, porque os israelitas seguían aínda nos seus días queimándolle incenso. Chamábanlle Nehuxtán.
5
Ezequías puxo a súa esperanza no Señor, Deus de Israel. Non houbo outro coma el entre os reis que lle sucederon en Xudá, coma non o houbera entre os que lle precederan.
6
Estivo apegado ó Señor e non se afastou del, cumprindo os preceptos que o Señor lle prescribira a Moisés.
7
O Señor estivo con el e fixo prosperar todos os seus proxectos. Revirouse contra o rei de Asiria e deixou de pagarlle vasalaxe.
8
Derrotou os filisteos ata Gaza e devastou o seu territorio, desde as torres de vixía ata as cidades fortificadas.
9
No ano cuarto do reinado de Ezequías, que era o sétimo do reinado de Oseas, fillo de Elah, en Israel, rubiu Xalmanasar, rei de Asiria, contra Samaría e cercouna.
10
O cabo de tres anos, no ano sexto de Ezequías, que corresponde co noveno do reino de Oseas en Israel, conquistouna.
11
O rei asirio desterrou os israelitas para Asiria e instalounos en Halah, onda o Habor, río de Gozán, e nas cidades de Media.
12
Foi por non obedeceren eles ó Señor, o seu Deus, e por quebraren o seu pacto. Non lle fixeron caso nin cumpriron o que lles mandara Moisés, servo do Señor.
13
No ano catorce do reinado de Ezequías, rubiu Senaquerib, rei de Asiria, contra todas as cidades fortificadas de Xudá e conquistounas.
14
Entón Ezequías, rei de Xudá, mandou a Láquix a dicirlle ó rei de Asiria: —"Recoñézome culpable. Retírate, e pagareiche o que me impoñas". O rei de Asiria impúxolle a Ezequías, rei de Xudá, un pago de trescentos siclos de prata e de trinta de ouro.
15
Ezequías entregoulle a prata toda que había no templo do Señor e no tesouro do pazo real.
16
Naquela ocasión tivo Ezequías que arrincar as follas das portas do santuario de Señor e o ouro co que el mesmo recubrira os seus marcos, e darllo todo ó rei de Asiria.
17
O rei de Asiria mandou desde Láquix o xefe do exército, o xefe dos seus servidores e o copeiro maior, cun forte destacamento, para que fosen a Xerusalén, onda o rei Ezequías. Cando chegaron a Xerusalén, detivéronse onda a canle da balsa de arriba, que queda no camiño do campo do Bataneiro.
18
Chamaron polo rei, e saíronlles Eliaquim, fillo de Hilquías, mordomo do pazo, Xébnah, o secretario, e o cronista Ioah, fillo de Asaf.
19
Díxolles o copeiro maior: —"Dicídelle a Ezequías: isto di o gran rei, o rei de Asiria: en que apoias a túa confianza?
20
Pensas que as palabras dos beizos son estratexia e forza para a guerra? En que confías agora, para te repoñeres contra min?
21
Ben seguro que estás confiando no apoio desa cana rota de Exipto. O que se apoia nela crávaselle na man e atrevésalla. Iso é o faraón, rei de Exipto, para os que fían nel.
22
Pero se dicides: confiamos no Señor, noso Deus, non eran seus os outeiros e os altares que derrubou Ezequías, mandándolle a Xudá e a Xerusalén que adorasen soamente diante do altar de Xerusalén?
23
Fai agora mesmo esta aposta co meu señor, o rei de Asiria: douche dous mil cabalos, se tes homes que os monten.
24
Como poderías resistir a calquera dos máis pequenos entre os oficiais do meu señor, confiado en que Exipto che dea carros e xinetes?
25
Pero, ademais, pensas que eu rubín a este lugar para arrasalo, sen contar co Señor? O Señor ordenoume: rube contra esa terra e arrásaa".
26
Eliaquim, fillo de Hilquías, e Xébnah, fillo de Ioah, pedíronlle ó copeiro maior: —"Fálanos, por favor, en arameo, que o entendemos, mais non nos fales en xudeu, e que oia a xente que está por riba das murallas".
27
A iso respondeulles o copeiro maior: —"Pensades que o meu señor me mandou dicir estas cousas soamente ó voso amo e a vós, e non tamén á xente que está sobre das murallas, que terá que comer convosco o seu propio esterco e beber os seus mexos?".
28
E entón ergueuse o copeiro maior e berrou na lingua dos xudeus: —"Escoitade a palabra que vos di o gran rei, o rei de Asiria:
29
non vos deixedes enganar por Ezequías, que non vos poderá librar das miñas mans.
30
Que Ezequías non vos faga confiar no Señor, dicindo: de certo nos librará o Señor e non entregará esta cidade no poder do rei de Asiria.
31
Non lle fagades caso a Ezequías. Isto é o que vos aconsella o rei de Asiria: facede as paces comigo e sometédevos a min, e cada un poderá comer da súa viña e da súa figueira e beber auga do seu pozo,
32
Ata que veña eu para levarvos a un país coma o voso, terra de trigo e de mosto, terra de pan e de viño, terra de aceite e de mel. Viviredes e non morreredes. Non lle fagades caso a Ezequías, que vos engana, dicindo: o Señor hanos librar.
33
Houbo algún, entre os deuses das nacións, que librase a súa terra do poder do rei de Asiria?
34
Onde están os deuses de Hamat e de Arpad? Onde os de Sefarvaim, de Hená e de Avá? Librou alguén da miña man a Samaría?
35
Cal de entre todos os deuses deses países librou da miña man a súa terra? E vai o Señor librar agora Xerusalén da miña man?"
36
A xente calou e non lle respondeu unha palabra, pois o rei mandara que non lle respondesen.
37
Eliaquim, fillo de Hilquías, mordomo do pazo, Xébnah, o secretario, e Ioah, fillo de Asaf, o cronista, presentáronse onda Ezequías coas vestiduras rachadas, e referíronlle todo o que dixera o copeiro maior.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25