bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 16
2 Kings 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 17 →
1
No ano dezasete de Pécah, fillo de Remalía, empezou a reinar en Xudá Acaz, fillo de Iotam.
2
Tiña vinte anos cando subiu ó trono e reinou vinte anos en Xerusalén.
3
Non fixo o que é debido ós ollos do Señor, seu Deus, coma seu pai David. Foi polo camiño dos reis de Israel. Sacrificou mesmo na fogueira ó seu fillo, seguindo o abominable costume dos pobos que o Señor expulsara de diante dos israelitas.
4
Ofreceu sacrificios e queimou incenso nos outeiros, nos cotarelos e debaixo de toda árbore vizosa.
5
No seu tempo Resín, rei de Aram, e Pécah, fillo de Remalía, rei de Israel, subiron para atacar Xerusalén. Cercárona, mais non a puideron conquistar.
6
Por aquel mesmo tempo o rei de Edom recuperou Eilat, desbotando de alí a Xudá. Os edomitas entraron en Eilat e quedaron alí ata o día de hoxe.
7
Acaz mandou mensaxeiros a Teglatpeléser, rei de Asiria, para dicirlle: —"Son o teu servo e o teu fillo. Ven e líbrame do poder do rei de Aram e do rei de Israel, que se ergueron en contra miña".
8
Acaz botou man da prata e do ouro, que había no templo do Señor e no tesouro do pazo real, e mandoullo coma agasallo ó rei de Asiria.
9
O rei de Asiria atendeuno e subiu contra Damasco. Tomou a cidade, desterrou ós seus habitantes a Quir e matou a Resín.
10
O rei Acaz foi a Damasco, para encontrarse con Teglatpeléser, rei de Asiria. O ver o altar que había alí, Acaz mandoulle ó sacerdote Urías un debuxo do mesmo, cos datos da súa feitura.
11
O sacerdote Urías construíu un altar, seguindo as instrucións que lle mandara o rei desde Damasco. Antes de o rei volver, o sacerdote tíñao todo acabado.
12
A súa volta de Damasco o rei viu o altar, achegouse e subiu a el
13
e queimou enriba del o holocausto e a ofrenda, verteu unha libación e salferiu o altar co sangue dos sacrificios de comuñón que ofrecera.
14
O altar de bronce que estaba diante do Señor, guindouno da fronte do templo, de entre o templo e o altar novo, e púxoo do lado norte do altar novo.
15
Despois o rei Acaz deulle ó sacerdote Urías estas normas: —"Enriba deste altar grande queimarás o holocausto da mañá e a ofrenda da tarde, o holocausto e a ofrenda do rei, o holocausto e a ofrenda do pobo. Por riba del verterás las súas libacións e o sangue de todo holocausto e sacrificio. O altar de bronce déixao quedar da miña conta".
16
O sacerdote Urías fixo todo o que lle mandaba o rei Acaz.
17
O rei Acaz fixo, pola súa parte, arrincar as molduras dos baseamentos e tirou de enriba delas as pías; baixou o Mar de Bronce de riba dos touros de bronce que o sostiñan, e asentouno no pavimento de pedra.
18
Por mor tamén do rei de Asiria, retirou do templo do Señor a tribuna real que puxeran alí, e suprimiu a entrada exterior pensada para o rei.
19
O resto da historia de Acaz e os seus feitos, non está todo escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá?
20
Acaz adormeceu con seus pais, e enterrárono onda eles, na cidade de David. Sucedeulle no trono o seu fillo Ezequías.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25