bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 14
2 Kings 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 15 →
1
No ano segundo do reinado de Ioax, fillo de Ioacaz, en Israel, empezou a reinar sobre Xudá Amasías, fillo de Ioax.
2
Tiña vinte e cinco anos cando empezou a reinar e reinou vinte e nove anos en Xerusalén.
3
Fixo o que é xusto ós ollos do Señor, pero non coma seu pai David. Portouse en todo coma seu pai Ioax.
4
Mais os altares dos outeiros non desapareceron, e o pobo seguiu ofrecendo neles sacrificios e incenso.
5
Cando o reino estaba ben firme nas súas mans, matou os ministros que mataran ó rei, seu pai.
6
Pero os fillos deses ministros non os matou, conforme co que está escrito no Libro da Lei de Moisés, onde manda o Señor: —"Non morrerán os pais por culpa dos fillos, nin os fillos por culpa dos pais; cada un morrerá polo propio pecado".
7
Amasías derrotou a Edom no Val do Sal, dez mil homes, e daquela conquistou Petra. Chamoulle Ioctael, nome que leva ata hoxe.
8
Entón mandou Amasías unha embaixada a Ioax, fillo de Ioacaz, fillo de Iehú, rei de Israel, con esta mensaxe: —"Ven, que nos vexamos as caras!"
9
Ioax, rei de Israel, respondeulle a Amasías, rei de Xudá: —"O espiñeiro de Líbano mandou dicir ó cedro de Líbano: dáme a túa filla por muller para o meu fillo; mais pasaron as feras do Líbano e esmagaron o espiñeiro.
10
Porque venciches a Edom, estás moi enfonchado. Conténtate con esa gloria e queda na túa casa. Por que queres desencadear unha desgraza e caer nela, ti e Xudá contigo?".
11
Pero Amasías non fixo caso. Entón Ioax, rei de Israel, subiu e víronse as caras, el e Amasías, rei de Xudá, en Betxémex de Xudá.
12
Xudá foi vencida por Israel, e cada un fuxiu para a súa tenda.
13
Ioax, rei de Israel, colleu preso en Betxémex a Amasías, fillo de Ioax, fillo de Ocozías, rei de Xudá, e levouno a Xerusalén. Alí abriu unha fenda de catrocentos cóbados na muralla, entre a porta de Efraím e a porta do Ángulo.
14
Apreixou todo o ouro e a prata e todos os obxectos que había no templo do Señor e no pazo real, tomou uns poucos reféns e volveu para Samaría.
15
O resto da historia de Ioax, os seus feitos e as súas fazañas, e a guerra que fixo contra Amasías, rei de Xudá, non está todo escrito no Libro das Crónicas dos reis de Israel?
16
Ioax adormeceu con seus pais, e enterrárono en Samaría, cos reis de Israel. Sucedeulle no trono o seu fillo Ieroboam.
17
Amasías, fillo de Ioax, rei de Xudá, sobreviviu quince anos a Ioax, fillo de Ioacaz, rei de Israel.
18
O resto da historia de Amasías, non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá?
19
Contra el maquinaron en Xerusalén unha conxura, e el fuxiu cara a Láquix. Pero fórono perseguindo ata alí e alí matárono.
20
Cargárono en cabalos e enterrárono en Xerusalén, na cidade de David, onda seus pais.
21
Xudá enteiro fixouse en Azarías, cando tiña dezaseis anos, e aclamárono rei, no posto de seu pai Amasías.
22
El reconstruíu Eilat e volveullo a Xudá, despois de que o rei adormeceu con seus pais.
23
No ano quince do reinado de Amasías, fillo de Ioax, en Xudá, empezou a reinar sobre Israel Ieroboam, fillo de Ioax. Reinou en Samaría corenta e un anos.
24
Fixo o mal ós ollos do Señor. Non se arredou dos pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel.
25
Restableceu as fronteiras de Israel, desde a entrada de Hamat ata o mar de Arabah, conforme a palabra que o Señor, Deus de Israel, dixera polo seu servo o profeta Xonás, fillo de Amitai, de Gat—Héfer.
26
Iso foi porque o Señor se fixara na pobreza e na aflicción de Israel, ó non lle quedar escravo nin libre, nin ninguén que o axudase.
27
O Señor non decidira aínda borrar o nome de Israel de debaixo do sol; e salvouno por medio de Ieroboam, fillo de Ioax.
28
O resto da historia de Ieroboam, os seus feitos e as súas proezas guerreiras, e mais o que fixo por recuperar Damasco e Hamat para Israel, non está todo escrito no Libro das Crónicas dos reis de Israel?
29
Ieroboam adormeceu con seus pais, os reis de Israel, e sucedeulle no trono o seu fillo Zacarías.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25