bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 13
2 Kings 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 14 →
1
No ano vinte e tres do reinado de Ioax, fillo de Ocozías, en Xudá, empezou a reinar sobre Israel, en Samaría, Ioacaz, fillo de Iehú. Reinou dezasete anos.
2
Fixo o mal ós ollos do Señor. Repetiu os pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel; non se arredou deles.
3
O Señor anoxouse con Israel e entregouno nas mans de Hazael, rei de Aram, e de Benhadad, fillo de Hazael, por todo ese tempo.
4
Ioacaz implorou entón ó Señor, e o Señor escoitouno, en vista do asoballamento en que tiña a Israel o rei de Aram.
5
O Señor deulle a Israel un liberador, que o librou do xugo de Aram. Os israelitas viviron outra vez en paz coma antes nas súas tendas.
6
Pero non se afastaron dos pecados que a familia de Ieroboam fixera cometer a Israel, senón que seguiron neles. Tamén seguiu en pé a imaxe de Axtarté en Samaría.
7
Por iso non lle quedou a Ioacaz outro exército ca cincuenta xinetes, dez carros e dez mil soldados de a pé. O rei de Aram esnaquizoulle os outros: deixounos coma po das eiras.
8
O resto da historia de Ioacaz, os seus feitos e as súas fazañas, non están escritos no Libro das Crónicas dos reis de Israel?
9
Ioacaz adormeceu con seus pais, e enterrárono en Samaría. Sucedeulle no trono o seu fillo Ioax.
10
No ano trinta e sete do reinado de Ioax en Xudá, reinou sobre Israel, en Samaría, Ioax, fillo de Ioacaz. Reinou dezaseis anos.
11
Fixo o mal ós ollos do Señor. Non se arredou dos pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel. Caeu en todos eles.
12
O resto da historia de Ioax, os seus feitos e as súas fazañas, e a loita con Amasías, rei de Xudá, non está todo escrito no Libro das Crónicas dos reis de Israel?
13
Ioax adormeceu con seus pais, e sucedeulle no trono Ieroboam. Enterrárono en Samaría, cos reis de Israel.
14
Eliseo enfermou da doenza da que ía morrer. Ioax, rei de Israel, foi visitalo e choraba por el, dicindo: —"Meu pai, meu pai, carro de Israel e o seu condutor!".
15
Eliseo díxolle: —"Colle o teu arco e as túas frechas". E el colleunas.
16
Eliseo díxolle: —"Empuña o arco coa man". E el empuñouno. Eliseo puxo as súas mans por riba das mans do rei,
17
e díxolle: —"Abre a fiestra que dá cara ó oriente". El abriuna. Eliseo díxolle: —"Tira!" E el tirou. Eliseo dixo: —"Frecha de vitoria do Señor, frecha de vitoria contra Aram! Desbaratarás os arameos en Afec, ata exterminalos".
18
Despois díxolle: —"Colle as frechas". E el colleunas. Díxolle: —"Fire con elas o chan". E o rei de Israel fíxoo tres veces, e parou.
19
O home de Deus incomodouse con el e díxolle: —"Se o ferises cinco ou seis veces, derrotarías a Aram, ata acabar con el. Agora venceralo só tres veces".
20
Eliseo morreu, e enterrárono. Naquel ano, bandas de moabitas facían batidas no país.
21
E aconteceu que unhas xentes, que enterraban un morto, viron chegar unha desas bandas. Deitaron o morto no sartego de Eliseo e fuxiron. Cando o morto tocou cos ósos de Eliseo, reviviu e púxose en pé.
22
Hazael, rei de Aram, asoballara a Israel toda a vida de Ioacaz.
23
Pero o Señor compadeceuse e tivo misericordia, e volveuse en favor deles, por mor do pacto que fixera con Abraham, Isaac e Xacob, e ata hoxe non consentiu en entregalos nin en botalos da súa presenza.
24
Hazael, rei de Aram, morreu, e sucedeulle no trono o seu fillo Benhadad.
25
Entón Ioax, fillo de Ioacaz, quitoulle das mans a Benhadad, fillo de Hazael, as cidades que el lle arrebatara a seu pai Ioacaz. Ioax venceuno por tres veces e quitoulle as cidades de Israel.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25