bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 5
2 Kings 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 6 →
1
Naamán, xefe do exército do rei de Aram, era un home de clase, mirado polo seu amo en moita estima, porque por el déralle o Señor vitorias a Aram. Pero este home valente era leproso.
2
Nunha das súas batidas, os arameos levaran cativa do país de Israel unha rapaza nova, que quedou logo de criada onda a muller de Naamán.
3
Díxolle á súa señora: —"Oxalá o meu señor fose onda o profeta que hai en Samaría. El si que o libraría da súa enfermidade".
4
Naamán foille dicir ó seu soberano que isto e isto dixera a rapaza israelita.
5
O rei de Aram aconsellouno: —"Vai alá. Eu dareiche unha carta para o rei de Israel". E Naamán púxose en camiño, levando consigo dez talentos de prata, seis mil siclos de ouro e dez mudas de vestir.
6
Levaba tamén a carta para o rei de Israel, na que se dicía: —"En recibindo esta carta, verás que che mando o meu ministro Naamán, para que o sandes da lepra".
7
Cando o rei de Israel leu esta carta, rachou as súas vestiduras exclamou: —"Seica son eu un deus, con poder de dar a morte ou a vida, para que ese me mande dicir que sande un home da lepra? Fixádevos ben e veredes que me está provocando".
8
Cando o home de Deus, Eliseo, oíu que o rei de Israel rachara as súas vestiduras, mandoulle dicir: —"Por que rachas as vestiduras? Que veña onda min, e saberá que hai un profeta en Israel".
9
Foi, pois, Naamán, cos seus cabalos e os seus carros, e parouse á entrada da casa de Eliseo.
10
Eliseo mandoulle dicir, por medio dun mensaxeiro: —"Vai e lávate sete veces no Xordán, e o teu corpo quedará limpo".
11
Naamán enfadouse, e marchábase, dicindo: —"Eu pensei que sairía el mesmo ó meu encontro, que se poría a invocar o nome do Señor, seu Deus, que pasaría logo a súa man sobre a parte doente e que con iso me libraría da miña enfermidade.
12
Seica non valen máis os ríos de Damasco, o Abanah e o Parpar, ca todas as augas de Israel? Non podo bañarme neles, e así quedar limpo?" E con esas deu volta e íase alporizado.
13
Entón chegáronse onda el os seus criados e dixéronlle: —"Señor, se o profeta che mandase algo difícil, non o farías? Canto máis se só che mandou: lávate e quedarás limpo".
14
Baixou el entón ó Xordán e mergullouse na súa auga sete veces, segundo lle mandara o home de Deus. A súa carne tornouse entón coma a dun neno pequeno, e quedou limpo.
15
Volveu Naamán con toda a súa compaña onda o home de Deus e presentóuselle, dicindo: —"Agora recoñezo que non hai deus en toda a terra, fóra do Deus de Israel. Acepta, pois, un regalo do teu servo".
16
Respondeulle Eliseo: —"Polo Señor vivo a quen sirvo, que non aceptarei cousa ningunha". E por moito que lle insistiu para que aceptase, el negouse.
17
Naamán dixo entón: —"Pois logo, permite que o teu servo leve unha carga desta terra, a que poidan cargar dúas mulas, pois o teu servo non ofrecerá holocaustos nin sacrificios a deus ningún, senón só ó Señor.
18
E que o Señor me perdoe unha cousa. Cando o meu amo entre no templo de Rimón para adoralo, apoiado na miña man, e eu mesmo me prostre tamén no templo de Rimón, que o Señor perdoe ó teu servo este feito".
19
A iso díxolle Eliseo: —"Vai en paz". Naamán afastárase xa un longo treito,
20
cando Guehazí, criado do home de Deus, Eliseo, se puxo a pensar: —"O meu amo foi mirado de máis con ese arameo, Naamán, non aceptando cousa ningunha de canto lle ofrecía. Polo Señor vivo! Vou correndo tras el, a ver se me dá algunha cousa".
21
Guehazí botouse detrás de Naamán. O velo este correndo detrás del, tirouse do seu carro e saíulle ó encontro. E preguntoulle: —"Vai todo ben?"
22
—"Ben. Pero o meu amo mandoume dicirche que acaban de chegar onda el dous mozos dos fillos dos profetas, da montaña de Efraím. Dáme para eles, por favor, un talento de prata e dúas mudas de vestir".
23
Naamán respondeulle: —"Mellor que aceptes dous talentos". E insistiu, ata meterlle en dúas bolsas dous talentos de prata e dúas mudas, que llelos entregou a dous criados para que os levasen ante Guehazí.
24
Cando eles chegaron ó outeiro, Guehazí colleuno todo e gardouno na súa casa. Logo despediu os homes, e estes fóronse.
25
Despois foi Guehazí presentarse ó seu amo. Eliseo preguntoulle: —"De onde vés, Guehazí?" El respondeulle: —"O teu servo non foi a ningún lado".
26
Eliseo díxolle: —"Non ía contigo o meu espírito, cando un home saltaba do seu carro ó teu encontro? Son horas de coller prata e vestidos e de adquirir oliveiras e viñas, rabaños e gando, servos e servas?
27
A lepra de Naamán apegaráseche a ti e ós teus descendentes, para sempre". E Guehazí saíu co mal gafo de onda el, dun brancor coma de neve.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25