bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 6
2 Kings 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 7 →
1
Os fillos dos profetas dixéronlle a Eliseo: —"O sitio onde vivimos contigo énos estreito de máis.
2
Déixanos ir onda o Xordán. Cada un collerá unha viga, e faremos alí un sitio para vivir". El respondeulles: —"Ide".
3
Un de entre eles pediulle: —"Fainos este favor: ven ti tamén cos teus servos". El respondeulles: —"Irei".
4
E Eliseo foise con eles. Chegaron onda o Xordán e puxéronse a cortar madeira.
5
Cando un deles cortaba a súa árbore, caeulle na auga a folla do machado, e empezou a berrar: —"Ai, meu señor, que era emprestada!".
6
O home de Deus preguntoulle: —"Onde caeu?". E o outro indicoulle o sitio. Eliseo cortou unha rama e botouna alí, e o machado emerxeu.
7
Díxolle: —"Agárrao". E o outro estendeu a man e agarrouno.
8
O rei de Aram facíalle a guerra a Israel. Celebrou consello cos seus ministros e tomou esta decisión: —"Poremos o campamento naquel sitio".
9
Entón o home de Deus mandoulle dicir ó rei de Israel: —"Gárdate de pasar por ese sitio, pois están para baixar alí os arameos".
10
O rei de Israel mandou recoñecer o lugar que dixera o home de Deus, tomando as debidas precaucións. Iso mesmo pasou non unha nin dúas veces.
11
O rei de Aram estaba inquedo por tal feito, e convocou os seus oficiais para dicirlles: —"Dirédesme quen de nós informa ó rei de Israel?".
12
Un dos oficiais respondeulle: —"Non, rei, meu señor. É Eliseo, un profeta que hai en Israel, quen informa ó rei de Israel das palabras que ti dis mesmo na túa alcoba".
13
O rei ordenou entón: —"Ide ver onde está, e mandarei prendelo". Dixéronlle: —"Está en Dotán".
14
E el mandou alá unha forte compañía de soldados, con cabalos e carros. Chegaron alí de noite e cercaron a cidade.
15
O criado do home de Deus ergueuse cedo e viu, ó saír, que o exército cercaba a cidade, con cabalos e carros. E díxolle ó home de Deus: —"Ai, meu señor, como faremos?".
16
Respondeulle el: —"Non teñas medo, pois hai máis connosco ca con eles".
17
Eliseo rezou: —"Señor, ábrelle os ollos para que vexa". E o Señor abriu os ollos do criado, e este viu o monte cuberto de cabalos e de carros de lume, que cercaban a Eliseo.
18
Cando os arameos baixaban onda Eliseo, este pediulle ó Señor: —"Deixa cega a esta xente". E quedaron todos cegos, conforme pedira Eliseo.
19
Este díxolles: —"Non é este o camiño nin é esta a cidade. Seguídeme, que eu vos levarei onda o home que buscades". E conduciunos a Samaría.
20
Cando entraban en Samaría, Eliseo pediu: —"Señor, ábrelles os ollos a estes, e que vexan". O Señor abriulles os ollos, e decatáronse que estaban no medio de Samaría.
21
O rei de Israel, ó velos, preguntoulle a Eliseo: —"Mátoos, meu pai?".
22
El respondeulle: —"Non os mates. Ou matarías coa túa espada e co teu arco ós que ti non colliches prisioneiros? Sírvelles pan e auga, que coman e que beban, e que volvan onda o seu amo".
23
O rei preparoulles un banquete e, despois que comeron e beberon, despediunos, e eles volveron onda o seu señor. As bandas arameas non volveron entrar no territorio de Israel.
24
Transcorrido algún tempo, Benhadad, rei de Aram, reuniu os seus exércitos e foi pór cerco a Samaría.
25
Daquela en Samaría pasábase moita fame. O cerco era tan estreito, que a cabeza dun burro se chegou a pagar a oitenta siclos de prata, e un cuarto de maquía de esterco de pomba a cinco siclos.
26
Pasando o rei pola muralla, berroulle unha muller: —"Socórreme, rei, meu señor!".
27
O rei respondeulle: —"Se non te socorre o Señor, con que poderei facelo eu? Con algo da artesa ou algo da adega?".
28
E despois preguntoulle: —"Que é o que che pasa?". E ela respondeulle: —"Esta muller propúxome: trae o teu fillo e comámolo hoxe, e mañá comeremos o meu.
29
Cocemos o meu fillo e comémolo, e cando, ó outro día, eu lle dixen: trae agora o teu fillo e comámolo, ela escondeuno".
30
Cando o rei oíu o que dicía a muller, rachou as súas vestiduras. Como pasaba por riba da muralla, a xente puido ver que por dentro da roupa, ía vestido de saco.
31
Daquela o rei xurou: —"Que Deus me castigue, se a cabeza de Eliseo, fillo de Xafat, queda hoxe enriba dos seus ombros".
32
O tempo, Eliseo atopábase na súa casa, e os anciáns sentados con el. O rei mandou diante del un mensaxeiro. Pero, antes de que este chegase, Eliseo díxolles ós anciáns: —"Sabedes que ese fillo de asasino mandou alguén que me cortase a cabeza? Mirade, cando chegue o mensaxeiro, vós cerrádeslle a porta e empuxádelo con ela. Non se senten xa detrás del os pasos do seu amo?".
33
Aínda estaba el falando con eles, cando chegou o rei e dixo: —"Esta desgraza mandouna o Señor. Que podemos aínda esperar del?".
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25