bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 2
2 Kings 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 3 →
1
Cando o Señor ía arrebatar a Elías nun remuíño cara ó ceo, Elías e Eliseo saíron de Guilgal.
2
Elías díxolle a Eliseo: —"Queda aquí, porque o Señor mándame a min chegarme a Betel". Respondeulle Eliseo: —"Pola vida do Señor e pola túa vida, que non te deixarei". E foron os dous a Betel.
3
Saíron os fillos dos profetas que había en Betel ó paso de Eliseo e dixéronlle: —"Sabías que o Señor vai arrebatar hoxe ó teu amo por enriba da túa cabeza?" Respondeu el: —"Xa o sei. Calade!"
4
Elías díxolle a Eliseo: —"Queda aquí. O Señor manda que eu me chegue a Xericó". Respondeulle el: —"Pola vida do Señor e pola túa, que non te deixarei". E foron os dous a Xericó.
5
Os fillos dos profetas de Xericó achegáronse a Eliseo e dixéronlle: —"Sabías que o Señor vai arrebatar hoxe ó teu amo por enriba da túa cabeza?" Respondeu el: —"Xa o sei. Calade!"
6
Elías díxolle a Eliseo: —"Queda aquí. O Señor quere que eu me chegue ó Xordán". Respondeulle el: —"Pola vida do Señor e pola túa, que non te deixarei". E marcharon os dous.
7
Cincuenta homes de entre os fillos dos profetas fóronos seguindo desde lonxe, e detivéronse en fronte deles, mentres eles os dous estaban parados na ribeira do Xordán.
8
Elías colleu o seu manto e dobrouno, e bateu nas augas con el. As augas dividíronse, cara a un lado e cara ó outro, e pasaron os dous a pé enxoito.
9
Despois de que pasaron, Elías díxolle a Eliseo: —"Pide o que queiras que faga por ti, antes de que sexa arrebatado do teu lado". Eliseo pediu: —"Que do teu espírito reciba eu dúas partes".
10
Respondeulle Elías: —"Pides cousa difícil. Pero terala, se me ves cando eu sexa arrebatado de onda ti; se non, non a terás".
11
Mentres ían andando e falando, un carro de lume, con cabalos de lume, separounos, e Elías subiu cara ó ceo nun remuíño.
12
Eliseo ollaba e berraba: —"Meu pai, meu pai, carro e condutor de Israel!" Cando deixou de velo, Eliseo colleu a súa túnica e rachouna en dúas.
13
Despois ergueu do chan o manto que lle caera a Elías e foise con el á ribeira do Xordán.
14
Agarrado o manto, bateu con el nas augas, dicindo: —"Onde está o Señor, Deus de Elías, onde?" O bater as augas co manto, as augas dividíronse, cara a un lado e cara ó outro, e Eliseo pasou.
15
Os fillos dos profetas que había en Xericó vírono desde en fronte e comentaron: —"O espírito de Elías pousou en Eliseo". Entón saíronlle ó encontro, prostráronse diante del
16
e dixéronlle: —"Aquí, entre os teus servos, hai cincuenta homes valentes. Deixa que vaian en busca do teu amo, quizais o espírito do Señor o levantou e o botou nun monte ou nun regato". Eliseo respondeulles: —"Que non vaian".
17
Pero eles insistiron, ata que el se cansou e dixo: —"Pois que vaian". Mandaron cincuenta homes e buscárono por tres días; mais non o atoparon.
18
Volveron onda Eliseo, que seguía en Xericó. E el díxolles: —"Non vos dixen que non fosedes?"
19
A xente da cidade díxolle a Eliseo: —"Como o noso señor pode ver, o emprazamento da cidade é bo, pero as augas son ruíns e a terra estéril".
20
Díxolles el: —"Traédeme un prato novo e botade nel un pouco sal". E eles trouxéronllo.
21
El foi onda a fonte e botou o sal nela, ó tempo que dicía: —"Isto di o Señor: eu purifico estas augas. Xa non sairá dela máis esterilidade nin máis morte".
22
E as augas quedaron puras ata hoxe, conforme a palabra de Eliseo.
23
De alí subiu Eliseo a Betel e, cando ía polo camiño, saíronlle os rapaces da cidade e moqueábanse del: —"Sube, calvo! Sube, calvo!"
24
El volveuse para atrás, mirounos e maldiciunos no nome do Señor. Entón saíron dous osos da carballeira e esnaquizaron a corenta e dous de entre os rapaces.
25
De alí foi Eliseo para o monte Carmelo, e desde alí volveu despois para Samaría.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25