bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 10
Acts 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 11 →
1
Había en Cesarea un home chamado Cornelio, capitán da compañía chamada italiana.
2
Era piadoso e seguidor da relixión xudía, así como todos os da súa casa. Dáballe moitas esmolas ó pobo e decote oraba a Deus.
3
A iso das tres da tarde, tivo unha visión e viu claramente o anxo do Señor entrar cabo del e dicirlle: Cornelio!
4
Cheo de medo, e mirando fixo para el, respondeu: Que é, Señor? O anxo respondeulle: As túas oracións e as túas esmolas subiron diante de Deus e tenas presentes;
5
manda, logo, uns homes a Iope e manda chamar por un certo Simón, tamén chamado Pedro.
6
Está parando en cas dun tal Simón, curtidor, que ten a casa á beira do mar.
7
Cando marchou o anxo, chamou a dous criados e un soldado piadoso dos que lle eran máis fieis,
8
contoulles todo e mandounos a Iope.
9
Para o outro día, indo eles de camiño e xa cerca da cidade, subiu Pedro á azotea a orar. Era polo mediodía,
10
e sentindo fame quixo tomar algo. Mentres llo preparaban, tivo unha éxtase:
11
viu o ceo aberto e como un gran lenzo, que, pendurado polas catro puntas, baixaba cara á terra.
12
Había nel toda clase de cuadrúpedes e réptiles da terra e de todos os paxaros do ceo.
13
Unha voz díxolle: Érguete, Pedro, mata e come!
14
Mais Pedro respondeu: De ningunha maneira, Señor, porque nunca comín cousa impura ou profana.
15
De novo, por segunda vez, chegoulle unha voz: O que Deus purificou non o chames ti profano.
16
Isto sucedeu por tres veces, e, de súpeto, aquel obxecto volveuse para o ceo.
17
Estaba Pedro moi sorprendido cavilando que quería dicir aquela visión que tivera, cando os homes mandados por Cornelio, ó acertaren coa casa de Simón, presentáronse na porta
18
e, dando un berro, preguntaron se paraba alí Simón, o chamado Pedro.
19
Estando Pedro matinando na visión, díxolle o Espírito: Hai aí uns homes que te buscan;
20
baixa e vaite con eles sen escrúpulos, porque os mandei eu.
21
Pedro baixou ó encontro deles e díxolles: Son eu o que buscades, que é o que vos trae?
22
Eles responderon: O capitán Cornelio, home cabal e adepto ó xudaísmo, moi estimado por toda a nación xudía, recibiu aviso dun santo anxo para que te mandase chamar á súa casa e que te escoitase.
23
Entón Pedro fíxoos entrar e deulles pousada. Para o outro día levantouse e marchou con eles, acompañado por algúns irmáns de Iope,
24
e chegou a Cesarea ó outro día. Cornelio, que xuntara os seus parentes e amigos máis íntimos, xa os estaba agardando.
25
Cando Pedro ía entrar, foi Cornelio á porta e botándoselle os pés, prostrouse.
26
Pero Pedro levantouno, dicíndolle: Érguete, que eu tamén son un home.
27
E, falando con el, entrou. Encontrou moita xente xunta
28
e díxolles: Vós sabedes que non se lle permite a un xudeu ter trato cun estranxeiro ou entrar na súa casa; pero Deus ensinoume que non se debe chamar profano ou impuro a home ningún.
29
Por iso, ó me chamardes, vin sen reparos. E pregúntovos, logo: "por que me mandastes chamar?".
30
Respondeulle Cornelio: Hai catro días, ás tres da tarde, estaba eu rezando na miña casa, cando se presentou un home con vestiduras brancas que relucían
31
e dixo: "Cornelio, a túa oración escoitouse, e as túas esmolas recórdanse diante de Deus;
32
manda, logo, uns homes a Iope, e manda buscar un tal Simón, tamén chamado Pedro, que para en cas Simón o curtidor, a rentes do mar".
33
Mandeiche recado de contado e tiveches a amabilidade de vir. Agora, todos nós estamos na presenza de Deus para oírmos todo o que o Señor che mandou.
34
Tomou entón Pedro a palabra e dixo: Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas,
35
senón que acepta ó que lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa.
36
El mandoulles -la súa palabra ós fillos de Israel, anunciándolles a Boa Nova da paz por Xesús Cristo: este é o Señor de todos.
37
Vós sabedes o que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois do bautismo que Xoán predicou:
38
como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a Xesús de Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a todos os que estaban asoballados por Satán; pois Deus estaba con el.
39
E nós somos testemuñas de todo o que fixo no país dos xudeus e mais en Xerusalén. Matárono, colgándoo dun madeiro.
40
A este resucitouno Deus ó terceiro día e concedeulle que se deixase ver,
41
non de todo o pobo, senón das testemuñas escollidas de antemán por Deus: nós que comemos e bebemos con el, logo de que resucitou de entre os mortos.
42
E mandounos que predicásemos ó pobo e atestemos que el é quen foi constituído por Deus xuíz de vivos e de mortos.
43
El é de quen todos os profetas dan este testemuño: todos os que crean nel recibirán polo seu nome o perdón dos pecados.
44
Aínda Pedro estaba a dicir estas cousas, cando o Espírito Santo veu sobre todos os que escoitaban a palabra.
45
Todos os crentes da circuncisión, que viñeran con Pedro, ficaron cheos de asombro, ó veren que o don de Espírito Santo tamén se espallaba sobre os pagáns,
46
pois sentíanos falar en linguas e loar a Deus. Entón Pedro dixo:
47
Pode alguén negarlle a auga do bautismo ós que recibiron o Espírito Santo o mesmo ca nós?
48
E mandou que os bautizasen no nome de Xesús Cristo. Entón pedíronlle que quedase con eles algúns días.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28