bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 5
Acts 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 6 →
1
Un home chamado Ananías, de acordo con Safira a súa muller, vendeu unha propiedade,
2
gardou unha parte do prezo, sendo ela sabedora, e o resto depositouno ós pés dos apóstolos.
3
Pero Pedro díxolle: —Ananías, por que encheu Satán o teu corazón, para lle mentires ó Espírito Santo e defraudares no prezo da propiedade?
4
Non eras libre de a venderes ou non? E vendida, non continuaba no teu poder? Como se che ocorreu faceres isto? Non enganaches os homes, enganaches a Deus.
5
O sentir estas palabras, Ananías caeu morto. E apoderouse un gran temor de todos os que sentiron isto.
6
Levantáronse os máis novos, amortallárono e, levándoo para fóra, enterrárono.
7
Pasadas unhas tres horas entrou a súa muller, que non sabía nada do caso,
8
e preguntoulle Pedro: Dime vendestes a propiedade en tanto? Ela contestou: Si, en tanto.
9
Entón díxolle Pedro: Por que acordastes isto, para tentardes o Espírito do Señor? Mira, chegan á porta os pés dos que enterraron o teu home e vante levar a ti tamén.
10
No instante, caeu ós seus pés e morreu. Cando entraron os mozos, atopárona morta e enterrárona a carón do seu home.
11
Un gran temor apoderouse entón de toda a Igrexa e de todos os que sentiron estas cousas.
12
Pola man dos apóstolos facíanse moitos sinais e prodixios entre o pobo. E todos se xuntaban de común acordo no pórtico de Salomón;
13
dos outros ninguén ousaba xuntarse con eles, aínda que o pobo os tiña en grande estima.
14
A cantidade dos que crían no Señor, homes e mulleres, medraba máis e máis.
15
A tal punto que quitaban para as rúas os enfermos en camas e padiolas, para que cando pasase Pedro, polo menos a súa sombra cubrise algún deles.
16
Viña moita xente das vilas veciñas de Xerusalén e traía enfermos e atormentados por espíritos impuros, e todos quedaban curados.
17
Entón o gran sacerdote e todos os seus, que formaban a seita dos saduceos, enchéronse de rabia;
18
botaron man dos apóstolos e metéronos na prisión pública.
19
Mais de noite, o anxo do Señor abriu as portas da prisión pública, fíxoos saír e díxolles:
20
Ide, presentádevos no templo, e faládelle ó pobo toda a mensaxe desa Vida.
21
Sentindo isto, entraron no templo ó amencer e ensinaban. Mentres, chegou o xefe dos sacerdotes cos seus, reuniron o Sanedrín e todo o Senado israelita e mandáronos ir buscar á prisión, para facelos comparecer.
22
Mais, chegados os gardas á prisión, non os encontraron; volveron e anunciáronllelo.
23
Certamente o cárcere atopámolo pechado con toda seguranza, e as sentinelas montando garda diante das portas; pero, cando abrimos, non encontramos a ninguén dentro.
24
O que sentiron estas palabras, tanto o oficial da garda do templo coma os xefes dos sacerdotes, cavilaban perplexos como sucedera aquilo.
25
Nisto chegou un que lles dixo: Os homes que encarcerastes están no templo e ensinando ó pobo.
26
Entón foi o xefe da garda cos seus axudantes e trouxéronos; pero sen violencia, porque tiñan medo de que a xente lles tirase pedras.
27
En chegando presentáronos ó Sanedrín. O xefe dos sacerdotes interrogounos:
28
Expresamente vos mandamos que non ensinásedes nese nome, e vós enchestes Xerusalén coa vosa doutrina. Vós queredes botar sobre nosoutros o sangue dese home.
29
Pedro e os apóstolos responderon: Cómpre obedecer a Deus antes cós homes.
30
O Deus de nosos pais resucitou a Xesús, a quen vós matastes colgándoo dun madeiro;
31
pois a este enxalzouno Deus coa súa dereita, facéndoo Xefe e Salvador, a fin de lle outorgar a Israel a conversión e o perdón dos pecados.
32
E nós somos testemuñas destas cousas e tamén o Espírito Santo, que Deus dá ós que o obedecen.
33
O sentiren isto, rabiaban de carraxe e queríanos matar.
34
Pero erguéndose no consello un fariseo que se chamaba Gamaliel, mestre da Lei, apreciado por todo o pobo, ordenou que, por un pouco, levasen para fóra ós apóstolos.
35
Dixo: Israelitas: coidadiño co que ides facer con eses homes!
36
Porque nestes últimos tempos ergueuse Teudas, dicindo ser alguén, e xuntóuselle un número duns catrocentos homes: pero, en canto o mataron a el, todos os que o seguiron disolvéronse e non quedou nada.
37
Despois del nos días do empadroamento, alzouse Xudas o Galileo, que arrastrou xente tras el; tamén el morreu e todos os que o seguían se dispersaron.
38
E agora dígovos: desentendédevos deses homes, deixádeos estar, que, se esta empresa ou esta obra é cousa de homes, desfarase por si mesma;
39
pero, se é de Deus, non a poderedes desfacer. Non vaia ser, mesmo, que vos encontredes loitando contra Deus! E cadraron de acordo.
40
Entón chamaron polos apóstolos, e, despois de os azoutar, ordenáronlles que non falasen no nome de Xesús, e deixáronos ir.
41
Eles saíron de diante do consello moi alegres de resultaren dignos de sufrir por mor do Nome;
42
e cada día, no templo e nas casas non paraban de ensinar e de anunciar a Boa Nova de que Xesús é o Mesías.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28