bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 14
Acts 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 15 →
1
En Iconio sucedeu o mesmo: entraron xuntos na sinagoga dos xudeus e falaron de tal xeito que creron moitos xudeus e gregos;
2
pero os xudeus que non creron, enlizaron e puxeron a mal ós pagáns contra os irmáns.
3
Con todo botaron alí bastante tempo, e falaban con ousadía, pois confiaban no Señor que testemuñaba a mensaxe da súa graza realizando por medio deles sinais e prodixios.
4
Entón dividiuse a xente da cidade en bandos: uns estaban polos xudeus e outros polos apóstolos.
5
Pero visto que se organizou unha manifestación de pagáns e xudeus, cos seus xefes á fronte, para os maltrataren e apedraren,
6
eles, que se decataron, fóronse refuxiando nas cidades de Licaonia: na de Listra, na de Derbe e nos arredores;
7
e alí anunciaban a Boa Nova.
8
Xacía en Listra, tolleito dos pés, un home que era coxo de nacemento e que nunca puidera andar.
9
Estaba escoitando a Paulo, que falaba. Paulo, mirando para el e vendo que tiña fe para se curar,
10
díxolle en voz alta: Érguete, e tente dereito sobre os teus pés! El deu un brinco e botou a andar.
11
A xente, ó ver o que fixera Paulo, berraba en idioma licaonio: "Os deuses baixaron a nós en forma humana".
12
E chamaban Zeus a Bernabé e a Paulo Hermes, porque era o que lles falaba.
13
Entón o sacerdote do templo de Zeus, que estaba á entrada da cidade, levando ás portas touros e grilandas, de acordo coa xente, pretendía ofrecerlles un sacrificio.
14
Os apóstolos Paulo e Bernabé, en canto se decataron, racharon os seus vestidos e correron cara á xente,
15
berrando: Que facedes? Nós non somos máis ca homes coma vós, e o que vos predicamos é que deixedes eses falsos ídolos e vos convertades ó Deus vivo que fixo o ceo, a terra, o mar e todo o que hai neles.
16
Nas xeracións pasadas permitiu a todas as nacións seguiren os seus propios camiños;
17
pero nin por iso deixou de dar testemuño de si coa súa regalía, dándovos desde o ceo chuvias e estacións frutíferas, enchendo de mantenza e de alegría os vosos corazóns.
18
E con todas estas palabras, traballiño lles custou impedir que lles ofrecesen un sacrificio.
19
Pero chegaron de Antioquía e de Iconio uns xudeus que convenceron á xente. Apedraron a Paulo e arrastrárono fóra da cidade, coidando que estaba morto.
20
Mais, cando o rodearon os discípulos, ergueuse e entrou na cidade. Para o outro día marchou con Bernabé cara a Derbe.
21
Logo de anunciaren a Boa Nova naquela cidade e de faceren bastantes discípulos, volveron para Listra, Iconio e Antioquía,
22
enfortecendo o espírito dos discípulos e animándoos a perseveraren na fe, porque dicíanlles temos de pasar por moitos traballos, para entrarmos no Reino de Deus.
23
E despois de designarlles presbíteros en cada Igrexa, oraban, xaxuaban e encomendábanos ó Señor, en quen creran.
24
Atravesando a Pisidia, chegaron a Panfilia
25
e, logo de anunciaren a palabra en Perxe, baixaron cara a Atalía.
26
De alí embarcaron para Antioquía, desde onde foran confiados á graza de Deus para a misión que viñan de cumprir.
27
Chegando, reuniron a Igrexa e contaron todo canto Deus fixera con eles e como lles abrira ós pagáns a porta da fe.
28
Botaron alí moito tempo cos discípulos.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28