bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 3
Acts 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 4 →
1
Pedro e Xoán subían ó templo para a oración das tres da tarde.
2
Había alí un home tolleito de nacemento, que levaban e poñían todos os días cabo da porta chamada Fermosa, para que pedise esmola ós que entraban no templo.
3
Vendo que Pedro e Xoán estaban para entrar, pediulles esmola.
4
Pedro e o mesmo fixo Xoán reparou nel e díxolle: Mira ben para nós.
5
El ollaba para eles, esperando recibir algunha cousa.
6
Entón Pedro díxolle: Non teño prata nin ouro, pero douche o que teño: en nome de Xesús Cristo de Nazaret, érguete e anda.
7
Colleuno pola man dereita e levantouno. No instante afirmáronselle os pés e os nocellos;
8
dun brinco púxose en pé e camiñaba. Entrou con eles no templo, andando, choutando e loando a Deus.
9
Todo o pobo o viu camiñar loando a Deus,
10
e, recoñecendo que era o mesmo que se sentaba na porta Fermosa pedindo esmola, ficaron pasmados e desconcertados polo que lle acontecera.
11
Como el non deixaba a Pedro nin a Xoán, toda a xente, fóra de si, correu tras eles ó pórtico chamado de Salomón.
12
Visto isto, Pedro dirixiuse ó pobo: Israelitas, por que vos admirades disto? Por que mirades así para nós, coma se fixésemos camiñar a este home polo noso propio poder ou santidade?
13
O Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob, o Deus de nosos pais, glorificou ó seu servo Xesús, a quen vós entregastes e negastes diante de Pilato, cando este estaba decidido a deixalo en liberdade.
14
Pero vós rexeitastes o Santo e o Xusto; pedistes que indultasen a un asasino,
15
mentres que matastes ó dono da vida, a quen Deus resucitou de entre os mortos; disto nós somos testemuñas.
16
Pola fe no seu nome, ese mesmo nome fortaleceu a este que vedes e coñecedes: esa fe que obra por el, restableceuno completamente diante de vós.
17
Xa sei, irmáns, que obrastes por ignorancia, como tamén as vosas autoridades;
18
pero Deus cumpriu así o que anunciara por boca dos profetas: que o seu Cristo padecería.
19
Arrepentídevos, logo, e convertédevos, para que se borren os vosos pecados;
20
A fin de que veñan os tempos do conforto de parte do Señor, e mande o Mesías que vos destinou, Xesús.
21
A El convén que o ceo o conteña deica o tempo da restauración de todas as cousas, que Deus anunciou por boca dos seus santos profetas.
22
Moisés así o dixo: O Señor Deus fará xurdir de entre vosos irmáns un profeta coma min: escoitarédelo en todo o que vos diga.
23
E quen non escoite a este profeta, quedará excluído do pobo.
24
E todos os profetas que falaron, desde Samuel en adiante, anunciaron tamén estes días.
25
Vós sodes os fillos dos profetas e da Alianza que Deus fixo con nosos pais, cando lle dixo a Abraham: "na túa descendencia serán benditas todas as familias da terra".
26
Deus, resucitando ó seu servo, mándavolo primeiro a vós para que vos bendiga, se vos arredades cada un das vosas ruindades.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28