bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 20
Acts 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 21 →
1
Cando pasou o boureo, Paulo mandou chamar polos discípulos, animounos, despediuse deles e marchou cara a Macedonia.
2
Despois de percorrer aquela bisbarra, animándoos moito, chegou a Grecia,
3
onde botou tres meses. Cando estaba para embarcar cara a Siria, como os xudeus lle argallaran unha emboscada, resolveu volver por Macedonia.
4
Levaba de compañeiros a Sópatro, fillo de Pirro, natural de Berea, ós tesalonicenses Aristarco e Segundo, Gaio de Derbe, Timoteo e os asiáticos Tíquico e Trófimo.
5
Estes adiantáronse e esperaron polos outros en Tróade.
6
Pola nosa banda, embarcamos en Filipos despois das festas da Pascua, e logo de cinco días fomos dar con eles en Tróade, quedando alí sete días.
7
O domingo estabamos reunidos para partir o pan. Paulo, que ía marchar para o outro día, comezou a falar con eles e prolongou a prédica ata a media noite.
8
Había moitas lámpadas no cuarto alto, onde estabamos reunidos.
9
A un rapaz, chamado Eutiquio, que estaba sentado na ventá, foille pegando o sono, mentres Paulo alongaba a súa práctica; e así que adormeceu de vez, caeu en baixo desde o terceiro piso e recollérono morto.
10
Paulo baixou, botouse sobre el e, apertándoo, dixo: "non vos asustedes, que aínda alenta".
11
Subiu, partiu o pan e comeuno e, despois de conversar aínda ben tempo ata o amencer, marchou.
12
Entón levaron o rapaz vivo e tiveron un gran consolo.
13
Pola nosa banda, adiantámonos a embarcar rumbo a Asos, onde tiñamos que recoller a Paulo, pois el dispuxera facer a viaxe por terra.
14
Cando nos alcanzou en Asos, recollémolo a bordo, e chegamos a Mitilene;
15
de alí fixémonos á vela, e ó outro día chegamos fronte a Quíos. Para o outro día navegamos a Samos, e para o outro chegamos a Mileto.
16
Paulo tiña decidido pasar por Éfeso de largo, para non perder tempo en Asia. Apuraba por ver de estar en Xerusalén o día de Pentecoste.
17
Desde Mileto, mandou chamar polos responsables da Igrexa de Éfeso.
18
Cando chegaron cabo del, díxolles: Ben sabedes como me portei convosco desde o primeiro día que cheguei a Asia,
19
servindo ó Señor con toda humildade no medio das bágoas e probas que me viñeron das maquinacións dos xudeus;
20
non tiven reparo en instruírvos e predicarvos, publicamente e polas casas, todo o que vos fose de proveito,
21
insistindo solemnemente a xudeus e gregos que se convertesen a Deus pola fe no noso Señor Xesús.
22
E agora vouvos a Xerusalén, obrigado polo Espírito, sen saber o que me espera;
23
só sei que o Espírito Santo me avisa de cidade en cidade que me agardan cadeas e tribulacións.
24
Pero non estimo en nada a miña vida, con tal que poida rematar a miña carreira e o servizo que me encomendou o Señor Xesús: dar testemuño da Boa Nova da graza de Deus.
25
Sei que ninguén de vós, entre os que pasei predicando o Reino, me volverá ver.
26
Por iso, asegúrovos hoxe que non me sinto responsable da perdición de ninguén,
27
porque non me gardei de anunciarvos todo o plan de Deus.
28
Coidade de vós e de todo o rabaño do que o Espírito Santo vos constituíu inspectores, para pastoreardes a Igrexa que Deus comprou co sangue do seu propio Fillo.
29
Xa sei que despois da miña marcha se han meter entre vós lobos carniceiros, que non terán mágoa do rabaño.
30
E incluso de entre vós mesmos sairán homes que ensinarán cousas perversas, para arrastraren os discípulos tras eles.
31
Por iso, vixiade, lembrándovos que, por tres anos, día e noite, non parei de vos aconsellar con bágoas a cada un de vós.
32
Eu déixovos nas mans de Deus e da súa palabra de graza: El ten poder para construír e darvos a herdanza entre todos os santificados.
33
Non cobicei de ninguén prata, ouro nin roupa:
34
ben sabedes todos que para as miñas necesidades e as dos meus compañeiros gañaron abondo estas miñas mans.
35
En todo vos mostrei que é, traballando así, como cómpre valerlles ós necesitados, recordando as palabras do Señor Xesús, que dixo: "é máis felicidade dar que recibir".
36
En dicindo isto, axeonllouse con todos eles, e rezou.
37
Todos choraron moito e, dábanlle apertas e bicos a Paulo,
38
Aflixidos, sobre todo porque lles dixera que non o ían ver máis. E foron con el ata o barco.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28