bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 15
Acts 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 16 →
1
Algúns que baixaron desde Xudea ensinaban ós irmáns: "se non vos circuncidades conforme á tradición de Moisés, non vos podedes salvar".
2
Como se orixinou un desacordo e unha disputa non pequena de Paulo e Bernabé contra eles, acordaron que Paulo, Bernabé e algúns outros subisen a Xerusalén a tratar a cuestión cos apóstolos e os responsables.
3
Así que a Igrexa deulles o preciso para a viaxe e eles atravesaron Fenicia e Samaría relatando como se convertían os pagáns e alegrando así a todos os irmáns.
4
O chegaren a Xerusalén, recibiunos a Igrexa, os apóstolos e os responsables e eles contaron todo o que Deus levaba feito con eles.
5
Pero erguéronse algúns da seita dos fariseos, que creran, e dicían: Cómpre circuncidalos e mandarlles cumprir a Lei de Moisés.
6
Entón os apóstolos e os responsables xuntáronse para examinaren a cuestión.
7
E, despois de moito discutiren, ergueuse Pedro e díxolles: Irmáns, ben sabedes que desde os primeiros días me escolleu Deus de entre vós, para que os pagáns oísen pola miña boca a palabra da Boa Nova e cresen.
8
E Deus, que coñece os corazóns, testemuñou en favor deles, dándolles o Espírito Santo coma a nós.
9
Non fixo ningunha discriminación entre eles e nós, pois purificou o seu corazón pola fe.
10
Por que, logo, tentades a Deus, querendo cangar no pescozo dos discípulos un xugo que nin nosos pais nin nós fomos quen de aturar?
11
Non; nós cremos que nos salvamos pola graza do Señor Xesús e que eles se salvan igualiño ca nós.
12
Toda a asemblea ficou en silencio e escoitaban como Bernabé e Paulo contaban todos os sinais e prodixios realizados por Deus entre os pagáns por medio deles.
13
Cando calaron, falou Santiago dicindo: Irmáns, escoitádeme:
14
Simeón contou como desde o principio Deus procurou entre os pagáns un pobo para si,
15
e con isto cadran as palabras dos Profetas, conforme está escrito:
16
Logo disto hei volver e reconstruirei a tenda caída de David, reedificarei as súas ruínas e poñereina en pé,
17
para que o resto dos homes busquen o Señor, así como todas as nacións que xa invocan o meu nome: dío o Señor,
18
que deu a coñecer estas cousas desde tempos antigos.
19
Por iso coido que non se debe importunar ós que de entre os pagáns se converten a Deus;
20
chega con escribirlles que se absteñan das contaminacións dos ídolos, das unións deshonestas, das carnes afogadas e do sangue;
21
pois Moisés ten desde tempos antigos predicadores en cada cidade e todos os sábados o lemos nas sinagogas.
22
Entón os apóstolos e os responsables de acordo con toda a Igrexa, decidiron elixir algúns de entre eles e mandalos a Antioquía, xunto con Paulo e Bernabé; Xudas, chamado Barsabás, e Silas, homes que destacaban entre os irmáns.
23
E por medio deles mandaron esta carta: "Os irmáns apóstolos e responsables saúdan ós irmáns de orixe pagá, que están en Antioquía, Siria e Cilicia.
24
Somos sabedores de que algúns, saídos de aquí e a quen non demos mandato ningún, andan por aí desacougándovos coas súas palabras;
25
decidimos escoller uns delegados e mandárvolos, xunto cos nosos benqueridos Bernabé e Saulo,
26
que teñen dedicado a súa vida á causa de noso Señor Xesús Cristo;
27
mandámosvos, logo, a Xudas e Silas, que vos dirán de palabra as mesmas cousas.
28
Porque decidimos, o Espírito Santo e mais nós, non impoñervos máis cargas cás precisas:
29
Absterse de carnes ofrecidas ós ídolos, do sangue, de animais afogados e da unión deshonesta; faredes ben en gardarvos destas cousas. Saúde".
30
Déronlles o encargo e baixaron a Antioquía, onde reuniron a xente e entregaron a carta;
31
ó que a leron, alegráronse con aquel consolo.
32
Xudas e Silas, que eran profetas, con moitas palabras animaban e fortalecían a fe dos irmáns.
33
O cabo dun tempo, os irmáns déronlles a paz de despedida, pois volvían onda quen os mandaron.
35
Paulo e Bernabé quedaron en Antioquía, ensinando e predicando con moitos outros a palabra do Señor.
36
De alí a uns días, díxolle Paulo a Bernabé: Volvamos visitar os irmáns en todas as cidades nas que anunciamos a palabra do Señor, para vermos como lles vai.
37
Bernabé quería levar tamén a Xoán, o chamado Marcos;
38
pero Paulo coidaba que non o debían levar, porque se separara deles na Panfilia e non participara no traballo.
39
Alporizáronse a tal punto, que se apartaron un do outro: Bernabé colleu a Marcos con el, e embarcou para Chipre;
40
Paulo, pola súa banda, escolleu a Silas e, encomendado polos irmáns á graza do Señor, marchou
41
Atravesando Siria e Cilicia e animando as comunidades.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28