bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 18
Acts 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 19 →
1
Despois disto Paulo deixou Atenas e foise para Corinto.
2
Alí atopou un xudeu chamado Aquila, natural do Ponto, que acababa de chegar de Italia con Priscila, a súa muller, por cousa dun edicto de Claudio, que mandaba que todos os xudeus marchasen de Roma. Xuntouse con eles,
3
e como eran do mesmo oficio, quedou a traballar na casa deles (eran tecedores de lonas).
4
Cada sábado discutía na sinagoga, tratando de convencer a xudeus e a gregos.
5
Cando Silas e Timoteo chegaron de Macedonia, Paulo dedicouse de cheo á palabra, atestando perante os xudeus que Xesús é o Mesías.
6
Pero como eles se lle repoñían xurando, díxolles, sacudindo a roupa: Que o voso sangue veña sobre a vosa cabeza; eu non teño culpa. De agora en diante voume ós pagáns.
7
E marchando de alí, foi á casa dun tal Ticio Xusto, seguidor do xudaísmo, que vivía a carón da sinagoga.
8
Crispo, o xefe da sinagoga, creu no Señor con toda a súa familia, e moitos corintios que escoitaban a Paulo abrazaron a fe e bautizáronse.
9
Unha noite, en visión, díxolle o Señor a Paulo: "non recees, sigue falando e non cales;
10
que eu estou contigo e ninguén arremeterá contra ti, que teño un pobo numeroso nesta cidade".
11
Entón botou alí ano e medio, ensinándolles a palabra de Deus.
12
Sendo Galión procónsul de Acaia, os xudeus todos á xunta foron contra Paulo e levárono diante do tribunal,
13
dicindo: Este home anda a convencer na xente para que dean culto a Deus dun xeito contrario á Lei.
14
Aínda Paulo non abrira a boca e Galión díxolles ós xudeus: Se se tratase dalgunha inxustiza ou delito grave, sería de razón atendervos con paciencia;
15
pero como é cuestión de palabras, de nomes e da vosa Lei, amañádevos vós. Eu non quero ser xuíz desas cousas.
16
E mandounos saír do tribunal.
17
Entón, botaron man de Sóstenes, o xefe da sinagoga, e déronlle unha malleira diante do tribunal, pero Galión non quixo saber nada.
18
Paulo aínda botou alí ben días. Despois despediuse dos irmáns e embarcou para Siria en compaña de Priscila e Aquila. En Céncreas rapou a cabeza, porque se ofrecera.
19
Chegaron a Éfeso e alí separáronse. Entrou na sinagoga e discutía cos xudeus;
20
pedíronlle que ficase máis tempo, pero el non quixo,
21
e despediuse dicindo: Hei volver onda vós, se Deus quere. E marchou de Éfeso.
22
Logo de desembarcar en Cesarea, subiu a saudar a Igrexa e baixou a Antioquía.
23
Pasado algún tempo, marchou e percorreu sucesivamente o país gálata e a Frixia, fortalecendo a todos os discípulos.
24
Chegou a Éfeso un xudeu chamado Apolo, natural de Alexandría, que falaba moi ben e dominaba as Escrituras.
25
Instruírase no camiño do Señor e con espírito afouto predicaba e ensinaba con exactitude no tocante a Xesús, aínda que só coñecía o bautismo de Xoán.
26
Púxose a falar barilmente na sinagoga. Priscila e Áquila, que o sentiran, levárono consigo e expuxéronlle con máis precisión o camiño de Deus.
27
Como el quería ir para Acaia, os irmáns animárono e escribíronlles ós discípulos, para que o acollesen. De chegado, foilles de gran axuda ós que pola graza abrazaran a fe,
28
pois con forza refutaba en público ós xudeus, demostrando polas Escrituras que Xesús era o Mesías.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28