bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 13
Acts 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 14 →
1
Había na Igrexa de Antioquía profetas e mestres: Bernabé, Simeón chamado Níxer, Lucio de Cirene, Menahén compañeiro de infancia do tetrarca Herodes, e Saulo.
2
Estando nunha reunión litúrxica con xaxún, dixo o Espírito Santo: Apartade a Bernabé e Saulo para a obra á que os teño chamados.
3
Entón, logo de xaxuaren e oraren, impuxéronlles as mans e despedíronos.
4
Por tanto, mandados polo Espírito Santo, baixaron a Seleucia e desde alí embarcaron para Chipre.
5
Chegados a Salamina, comezaron a anunciar a palabra de Deus nas sinagogas dos xudeus, levando a Xoán de axudante.
6
Despois de atravesaren toda a illa ata Pafos atoparon alí un xudeu, meigo e falso profeta, chamado Barxesús,
7
que estaba co procónsul Serxio Paulo, home prudente. Este mandou chamar a Bernabé e Saulo, arelando escoitar a palabra de Deus.
8
Pero Elimas, "o meigo" (que así se traduce o seu nome), opúxoselles, procurando arredar da fe ó procónsul.
9
Entón Saulo, tamén chamado Paulo, cheo do Espírito Santo, fixando nel os seus ollos,
10
exclamou: Estás cheo de andrómenas e de ruindade, fillo do demo, inimigo de todo o bo; non deixarás de torcer os camiños rectos do Señor?
11
Pois agora vai vir sobre ti a man do Señor; ficarás cego, e non verás a luz do sol por algún tempo. E no instante caeron enriba del a escuridade e as tebras e, tentando ó arredor, buscaba quen o guiase pola man.
12
Entón o procónsul, vendo o sucedido, abrazou a fe, impresionado pola doutrina do Señor.
13
Paulo e os seus compañeiros embarcaron en Pafos, e dirixíronse a Perxe de Panfilia. Pero Xoán deixounos e deu volta para Xerusalén.
14
Eles, desde Perxe, seguiron a Antioquía de Pisidia. Un día de sábado entraron na sinagoga e sentáronse.
15
Despois da lectura da Lei e dos Profetas, os xefes da sinagoga mandáronlles dicir: Irmáns, se tedes algunha palabra para animar o pobo, falade.
16
Paulo entón, levantándose, acenoulles coa man e dixo: Israelitas e os que seguides ó noso Deus, escoitade:
17
o Deus deste pobo de Israel escolleu a nosos pais e engrandeceu este pobo durante o seu exilio na terra de Exipto; despois tirounos de alí coa forza do seu brazo.
18
Durante corenta anos soportounos no deserto,
19
e, despois de destruír sete nacións na terra de Canaán, deulles en posesión a súa terra:
20
isto durou uns catrocentos cincuenta anos. Despois diso deulles xuíces ata o profeta Samuel;
21
logo pediron un rei e Deus deulles durante corenta anos a Xaúl, fillo de Quix, da tribo de Benxamín;
22
despois que o refugou, deulles por rei a David de quen testemuñou dicindo: Atopei a David, fillo de Iexé, home conforme o meu corazón, que fará en todo a miña vontade.
23
Da súa descendencia é da que Deus, segundo a promesa, mandou un Salvador para Israel: Xesús.
24
Antes da súa chegada, Xoán tiña proclamado a todo o pobo de Israel un bautismo de conversión,
25
e cando estaba rematando o seu camiño, dicía: "non son eu quen vós pensades; pero mirade, vén despois de min un de quen non son digno nin de desatarlle o calzado dos pés".
26
Irmáns, descendentes de Abraham e os que seguides ó noso Deus: é a nós a quen se nos manda esta mensaxe de salvación.
27
É certo que os veciños de Xerusalén e os seus gobernantes descoñeceron a Xesús e, condenándoo, cumpriron as palabras dos profetas, que se len todos os sábados.
28
Aínda que non atoparon nel nada que merecese a morte, pedíronlle a Pilato que o mandase matar.
29
E, cando cumpriron todo o que acerca del estaba escrito, baixárono do madeiro e puxérono nun sepulcro.
30
Pero Deus resucitouno de entre os mortos;
31
e durante moitos días apareceuse ós que subiran con El de Galilea para Xerusalén, que son agora as súas testemuñas diante do pobo.
32
E nós anunciámosvos a boa nova de que a promesa feita ós nosos pais
33
A cumpriu en nós, os seus fillos, resucitando a Xesús, conforme estaba escrito no salmo segundo: Ti es o meu Fillo: eu xereite hoxe.
34
E que o resucitou de entre os mortos, para non volver nunca mais á morte, díxoo así: Heivos conceder os beneficios asegurados a David.
35
Por iso di noutra pasaxe: Non permitirás que o teu Santo experimente a corrupción.
36
Ora ben, David, logo de cumprir no seu tempo o plan de Deus, morreu, xuntouse cos seus pais e experimentou a corrupción,
37
mentres que aquel que Deus resucitou non coñeceu corrupción ningunha.
38
Sabede, logo, irmáns, que por medio del se vos anuncia o perdón dos pecados, e que de todo aquilo do que vós non vos puidestes xustificar mediante a Lei de Moisés,
39
pode, mediante El, xustificarse todo o que cre.
40
Moito coidadiño de que non vos pase o que din os Profetas:
41
Mirade, os escépticos, para que vos pasmedes e caledes, vou facer nos vosos días tal obra, que, se vola contan, non a credes!
42
O saíren, pedíanlles que para o outro sábado lles seguisen falando do mesmo asunto.
43
Cando se desfixo a asemblea, moitos xudeus e prosélitos practicantes seguiron a Paulo e Bernabé, que, falando con eles, os animaban a perseverar na graza de Deus.
44
Para o outro sábado xuntouse case toda a cidade para escoitar a palabra de Deus,
45
pero os xudeus enchéronse de envexa, ó veren tanta xente, e opoñíanse cos insultos ó que Paulo dicía.
46
Entón Paulo e Bernabé dixeron ousadamente: Tiñamos que anunciarvos a palabra de Deus primeiro a vós; pero, visto que a refugades e non vos considerades dignos da vida eterna, volvémonos cara ós pagáns;
47
pois así nolo mandou o Señor: Púxente como luz das nacións, para levares a salvación ata os confíns da terra.
48
Os pagáns, sentindo isto, enchíanse de alegría, loando a mensaxe do Señor; e creron todos os que estaban destinados á vida eterna.
49
Deste xeito a palabra de Deus espallábase por toda a bisbarra.
50
Pero os xudeus encirraron ás señoras de alta categoría que eran devotas e ós principais da cidade e promoveron unha persecución contra Paulo e Bernabé, expulsándoos do seu territorio.
51
Estes, sacudindo contra eles o po dos seus pés, marcharon para Iconio,
52
mentres os discípulos ficaban cheos de alegría e do Espírito Santo.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28