bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 12
Acts 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 13 →
1
Por ese tempo o rei Herodes botou man dalgúns membros da Igrexa, para os maltratar.
2
Mandou matar coa espada a Santiago, o irmán de Xoán,
3
e, vendo que iso lles agradaba ós xudeus, mandou prender tamén a Pedro. Era a semana da Pascua.
4
Prendeuno, logo, e meteuno na cadea, gardándoo con catro piquetes de catro soldados cada un. Quería presentalo diante do pobo despois da Pascua.
5
Mentres Pedro estaba retido no cárcere, a Igrexa rezaba intensamente a Deus por el.
6
A noite antes de que Herodes o presentase diante do pobo, estaba Pedro durmindo entre dous soldados, ligado con dúas cadeas, e unhas sentinelas facían a garda diante da porta da prisión.
7
De súpeto, presentouse o anxo do Señor, e unha luz resplandeceu na cela; e, tocándolle no costado, espertou a Pedro e díxolle: Érguete correndo! E caéronlle as cadeas das mans.
8
Entón díxolle o anxo: Pon o cinto e calza as sandalias. E así o fixo. Despois díxolle: Bota o manto por riba e sígueme.
9
Pedro saíu e seguiuno, sen se dar conta que era realidade o que se facía por medio do anxo, pois coidaba que era unha visión.
10
Atravesaron a primeira garda e logo a segunda, e chegaron á porta de ferro que daba á cidade e abriuse ela soa. E ó saíren á rúa, logo o deixou o anxo.
11
Entón Pedro, volvendo en si, dixo: "agora realmente vexo que o Señor mandou o seu anxo, para me librar das mans de Herodes e de todo o que esperaba o pobo xudeu".
12
E xa con todo o acordo, dirixiuse á casa de María, a nai do Xoán, chamado Marcos, onde había moita xente reunida rezando.
13
Petou na porta da entrada e unha criada, chamada Rode, foi ver quen era.
14
Recoñeceu a voz de Pedro e deulle tal alegría, que, se había de abrir o portal, correu a avisar que Pedro estaba na porta.
15
"Estás tola!", dixéronlle. Mais ela aseguraba que era certo. Os outros dicían: "será o seu anxo".
16
Pedro seguía petando. Entón abriron, e ó velo, ficaron pasmados.
17
Acenoulles coa man para que calasen e contoulles como o Señor o librara da prisión e díxolles: Mandádelle recado a Santiago e ós irmáns. E liscou de alí para outro sitio,
18
O abrir o día armouse un bo rebumbio entre os soldados, preguntándose que sería de Pedro.
19
Cando Herodes mandou por el e non o encontraron, interrogou ós gardas e mandounos executar. Despois baixou de Xudea a Cesarea e quedou alí.
20
Herodes estaba aborrecido cos de Tiro e Sidón. Estes presentáronselle en comisión e, logo de gañaren para a causa deles a un tal Blasto, xefe da casa do rei, solicitaron a paz, pois o seu país dependía economicamente do territorio do rei.
21
No día sinalado, Herodes, revestido co manto real e sentado na tribuna, dirixiulles un discurso.
22
O pobo berraba: "é a voz dun deus, non a dun home!"
23
E no intre feriuno o anxo do Señor por non ter dado gloria a Deus. Morreu comesto dos vermes.
24
A palabra de Deus medraba e multiplicábase.
25
Bernabé e Saulo, cumprida a súa misión en Xerusalén, volvéronse levando con eles a Xoán, de sobrenome Marcos.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28