bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 4
Acts 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 5 →
1
Cando estaban a falarlle ó pobo, chegaron cabo deles os sacerdotes, o xefe da garda do templo e os saduceos,
2
incomodados porque ensinaban ó pobo e anunciaban a resurrección dos mortos verificada en Xesús.
3
Botaron man deles e metéronos na prisión ata o outro día, porque xa era tarde.
4
Non obstante, moitos dos que sentiron a palabra, creron; só o número dos homes subiu a uns cinco mil.
5
O outro día xuntáronse en Xerusalén os xefes dos sacerdotes, os anciáns e os mestres da Lei,
6
Así coma o gran sacerdote Anás, e Caifás, Xoán, Alexandro e todos os que eran de nobreza sacerdotal.
7
Trouxeron ós apóstolos diante deles e preguntáronlles: Con que poder ou en nome de quen fixestes isto?
8
Entón Pedro, cheo do Espírito Santo, díxolles: Xefes do pobo e anciáns,
9
xa que nos demandades polo favor feito a un enfermo e sobre o xeito como se curou,
10
sabede todos vós e sáibao o pobo de Israel que é no nome de Xesús Cristo de Nazaret, a quen vós crucificastes e Deus resucitou de entre os mortos: por El está este home en pé e san diante de vós.
11
El é a pedra que refugastes vós, os construtores, e que se converteu en pedra esquinal.
12
En ningún outro hai salvación, porque non hai ningún outro nome baixo do ceo, dado ós homes, no que nos poidamos salvar.
13
O veren a ousadía con que falaban Pedro e Xoán, sendo como eran xente do pobo e homes sen cultura; e comprendendo que eran os que estiveran con Xesús quedaban admirados.
14
E vendo onda eles o home que quedara curado, non podían contradicilos en nada.
15
Mandáronos saír para fóra do consello e conferenciaron entre si,
16
dicindo: "que imos facer con estes homes? Toda Xerusalén sabe que fixeron un milagre clarísimo, e non o podemos negar.
17
Pero, para que non corra máis entre a xente, ameacémolos, e que en adiante non falen a ninguén máis nese nome".
18
Chamáronos e prohibíronlles que baixo ningún pretexto falasen nin ensinasen no nome de Xesús.
19
Pero Pedro e Xoán respondéronlles: Xulgade por vós mesmos se está ben diante de Deus obedecervos a vós antes ca a El,
20
porque non podemos deixar de falar do que temos visto e sentido.
21
Por iso, logo de os ameazaren novamente, deixáronos ir, non vendo a maneira de os castigaren por causa do pobo, xa que todo o mundo glorificaba a Deus polo que sucedera,
22
pois tiña máis de corenta anos o home milagrosamente curado.
23
Unha vez libres, foron onda os seus e contáronlles todo canto lles dixeran os xefes dos sacerdotes e os anciáns.
24
Cando tal sentiron, todos á vez elevaron a voz cara a Deus e dixeron: Señor, ti fixeches o ceo, a terra, o mar e canto neles hai.
25
Ti dixeches, polo Espírito Santo, por boca do noso pai David, o teu servo: Por que se levantan as nacións e os pobos cavilan parvadas?
26
Aviñéronse os reis da terra e os xefes aliáronse contra o Señor e contra o seu Cristo.
27
Porque a verdade é que nesta cidade se xuntaron contra o teu santo servo Xesús, a quen ti unxiches, Herodes e Poncio Pilato, cos pagáns e co pobo de Israel,
28
para faceren o que a túa man e a túa sabedoría tiñan disposto que sucedese.
29
E agora, Señor, olla para as súas ameazas e concédelles ós teus servidores proclamar con toda ousadía a túa palabra.
30
Estende a túa man para que se fagan curacións, sinais e prodixios polo nome do teu santo servo Xesús.
31
Cando remataron de rezar, abalou o sitio onde estaban reunidos; todos quedaron cheos do Espírito Santo e anunciaban afoutos a palabra de Deus.
32
A comunidade dos crentes tiña un só corazón e unha soa alma, e ninguén consideraba coma seu o que posuía, senón que todas as cousas eran comúns.
33
Os apóstolos, con gran poder, daban testemuño da resurrección do Señor Xesús, e todos eles eran ben considerados.
34
Non había entre eles ningún necesitado, porque todos os que tiñan bens ou casas vendíanos, levaban os cartos e depositábanos ós pés dos apóstolos,
35
que repartían a cadaquén segundo precisaba.
36
Así, Xosé, chamado polos apóstolos Bernabé (que quere dicir fillo da consolación), levita, natural de Chipre,
37
tiña un campo, vendeuno, levou os cartos e depositounos ós pés dos apóstolos.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28