bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 26
Acts 26
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 27 →
1
Agripa díxolle a Paulo: Tes consentimento para falares na túa defensa. Entón Paulo, estendendo a man, principiou a súa defensa.
2
Considérome feliz, rei Agripa, de poderme defender diante de ti de todo o que me acusan os xudeus,
3
maiormente por seres coñecedor de todos os costumes e controversias que hai entre os xudeus. Por iso pídoche que me escoites con paciencia.
4
A miña vida a partir da mocidade, que pasei desde o comezo entre o meu propio pobo, en Xerusalén, sábena todos os xudeus.
5
Eles coñécenme desde hai moito tempo e, se quixesen, poderían atestar que vivín coma fariseo, o partido máis rigoroso da nosa relixión.
6
Curiosamente é pola esperanza na promesa feita por Deus ós nosos pais polo que me atopo aquí en xuízo;
7
promesa que as doce tribos esperan acadar servindo decote a Deus, noite e día. Por esa esperanza, maxestade, acúsanme os xudeus!
8
Por que coidades incrible que Deus resucite os mortos?
9
En canto a min, crinme obrigado a combater con todos os medios contra o nome de Xesús de Nazaret.
10
Iso foi o que fixen en Xerusalén: co poder que me deran os sumos sacerdotes, eu mesmo metín no cárcere moitos cristiáns e, cando os mataban, dábao por ben feito.
11
Moitas veces, polas sinagogas, con torturas, obrigábaos a blasfemar e, cheo de carraxe contra eles, perseguíaos mesmo nas cidades de fóra.
12
Foi así, que, indo a Damasco con poder e permiso dos sumos sacerdotes,
13
Á mediodía, maxestade, vin no camiño unha luz baixada do ceo e máis brillante có sol, que resplandecía arredor de min e dos meus compañeiros de viaxe.
14
Todos caemos ó chan e sentín unha voz que me dicía en lingua hebrea: "Xaúl, Xaúl, por que me persegues? Non gañas nada con dares couces contra o aguillón".
15
Eu preguntei: "Quen es, Señor?". E o Señor respondeu: "Eu son Xesús, a quen ti persegues.
16
Pero érguete e ponte dereito, pois aparecinme a ti para te poñer coma servidor e testemuña do que de min viches e do que che amosarei,
17
librándote do pobo e dos pagáns ós que te mando,
18
para que lles abras os ollos a fin de que volvan das tebras á luz e do poder de Satán a Deus e, pola fe en min, reciban o perdón dos pecados e mais a herdade entre os santos".
19
E non desobedecín, rei Agripa, a visión celestial.
20
O contrario, primeiro ós de Damasco, despois ós de Xerusalén, e en toda a rexión da Xudea e por fin ós pagáns, prediqueilles que se arrepintan e que se convertan a Deus e que vivan como corresponde á conversión.
21
Por este motivo prendéronme os xudeus no Templo e tentaron de me matar.
22
Pero coa axuda de Deus mantéñome ata hoxe dando testemuño a pequenos e grandes, sen me saír do que predixeron Moisés e mais os Profetas:
23
que o Mesías tiña que padecer e que, resucitado o primeiro de entre os mortos, anunciaríalles a luz ó noso pobo e ós pagáns.
24
Estando neste punto da súa defensa, exclamou Festo: Estás tolo, Paulo; tanto saber revirouche o xuízo!
25
Pero Paulo díxolle: Non estou tolo, excelentísimo Festo; as miñas palabras son verdadeiras e asisadas.
26
O rei sabe moito destas cousas e por iso fálolle francamente, pois non creo que as ignore, dado que non ocorreron nun recanto.
27
Cres nos profetas, rei Agripa? Ben sei que cres.
28
Agripa respondeulle a Paulo: A pouco máis convéncesme para me facer cristián!
29
E Paulo dixo: Deus queira que, en moito ou en pouco, non só ti senón todos os que hoxe me escoitan se fixesen coma min, fóra estas cadeas, claro.
30
O rei, o gobernador, Berenice e os que estaban sentados con eles erguéronse.
31
O se retiraren comentaban: "este home non cometeu cousa que sexa merecente nin de morte nin de cadeas".
32
E Agripa díxolle a Festo: Este home xa podía estar ceibo, se non apelase ó César.
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 27 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28