bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 8
Acts 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 9 →
1
Saulo aprobaba a súa morte. Aquel día levantouse unha grande persecución contra a Igrexa de Xerusalén, e todos, agás os apóstolos, dispersáronse polas terras da Xudea e da Samaría.
2
Uns homes piadosos enterraron a Estevo e fixeron por el un gran pranto.
3
En canto a Saulo, maltrataba a Igrexa: entraba polas casas, arrastraba homes e mulleres e mandábaos á cadea.
4
Os que se dispersaron ían por todas partes, anunciando a Boa Nova da Palabra.
5
Filipe baixou á cidade de Samaría e predicoulles o Mesías.
6
O pobo, dun acordo, atendía ó que dicía Filipe, sentindo e vendo os sinais que facía;
7
pois de moitos posuídos saían espíritos impuros a berros, e moitos paralíticos e coxos quedaban curados.
8
A cidade encheuse de alegría.
9
Había un home naquela cidade, chamado Simón, que exercía de meigo e pasmaba á xente de Samaría, dicíndolles ser alguén importante.
10
Todos, desde o máis pequeno ó máis grande, facíanlle caso, porque dicían: "Este é a forza de Deus, chamada a Grande".
11
E facíanlle caso, porque había tempo que os tiña pasmados con meiguerías.
12
Pero cando creron a Filipe, que anunciaba o Reino de Deus e o nome de Xesús Cristo, fixéronse bautizar homes e mulleres.
13
O mesmo Simón tamén creu e, despois de bautizado, andaba sempre con Filipe e ficaba abraiado ó ver os sinais e milagres que se facían.
14
O sentiren dicir os apóstolos, que estaban en Xerusalén, que Samaría acollera a palabra de Deus, mandáronlles a Pedro e a Xoán.
15
Baixaron logo alí, e oraron polos samaritanos, para que recibisen o Espírito Santo,
16
pois aínda non baixara sobre ningún deles: só os bautizaran no nome do Señor Xesús.
17
Entón, fóronlles impoñendo as mans e recibiron o Espírito Santo.
18
Vendo Simón que pola imposición das mans dos apóstolos se daba o Espírito, ofreceulles cartos,
19
dicindo: Dádeme a min tamén ese poder para que aquel a quen lle impoña as mans, reciba o Espírito Santo.
20
Mais Pedro respondeulle: Así rebentes ti e mais o teu diñeiro! Ti coidas que o don de Deus se pode adquirir con cartos?
21
Non tes parte nin sorte neste asunto, porque o teu corazón non é recto diante de Deus.
22
Arrepíntete desa malicia túa, e pídelle ó Señor, a ver se che perdoa o sentir do teu corazón,
23
pois vexo que estás destinado á amargura do fel e ás cadeas dos malvados.
24
Simón respondeu: Rezade vós por min ó Señor, para que non me acaia nada do que acabades de dicir.
25
Eles entón, despois de testificaren e anunciaren a palabra do Señor, volveron para Xerusalén, evanxelizando en moitas aldeas de Samaría.
26
Un anxo do Señor faloulle a Filipe deste xeito: Anda, diríxete cara ó sur polo camiño que baixa de Xerusalén a Gaza, a través do deserto.
27
Púxose en camiño e dirixiuse cara alá. Un etíope, eunuco, funcionario de Candaces, raíña da Etiopía, que estaba encargado de todos os seus tesouros, fora a Xerusalén como peregrino.
28
De volta, sentado no seu carro, ía lendo no profeta Isaías.
29
Díxolle o Espírito a Filipe: Achégate e ponte a par dese carro.
30
Correndo Filipe, sentiu que ía lendo no profeta Isaías e preguntoulle: Entendes o que les?
31
Contestoulle: Como o vou entender, se ninguén mo explica? E convidou a Filipe a que subise a sentar con el.
32
A pasaxe da Escritura que lía era esta: Coma ovella levárono ó matadoiro; e coma año mudo diante de quen o rapa, así El non abría a súa boca.
33
Humillárono, negándolle a xustiza, quen contará a súa descendencia? A súa vida foi arrincada da terra.
34
Dirixíndose a Filipe, díxolle o eunuco: Por favor de quen di isto o profeta? De si mesmo ou doutro?
35
Filipe entón tomou a palabra e partindo desa pasaxe da Escritura, anuncioulle a Boa Nova de Xesús.
36
De camiño, chegaron a un sitio con auga e dixo o eunuco: Aquí hai auga, por que non me podo bautizar eu?
38
E mandou parar o carro. Baixaron os dous á auga, Filipe e mais o eunuco, e Filipe bautizouno.
39
Cando subiron da auga, o Espírito do Señor arrebatou a Filipe. O eunuco xa non o viu máis, pero seguiu o seu camiño cheo de alegría.
40
Filipe atopouse en Azoto e evanxelizaba todas as vilas por onde pasaba, ata chegar a Cesarea.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28