bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 22
Acts 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 23 →
1
Irmáns e pais, escoitade agora a miña defensa diante de vós.
2
(O sentilo falarlles en hebreo, aínda gardaron máis silencio). Paulo continuou:
3
Eu son xudeu, nado en Tarso da Cilicia, pero criado nesta cidade, instruído ós pés de Gamaliel en todo o rigor da Lei dos nosos pais, acérrimo defensor de Deus, coma vós agora.
4
Eu perseguín á morte este Camiño, prendendo e metendo na cadea a homes e mulleres,
5
tal como o poden atestar o Sumo Sacerdote e todo o Senado. De parte deles recibín cartas para os irmáns de Damasco e púxenme en camiño para traer presos a Xerusalén ós de alí, para castigalos.
6
Pero sucedeu que cando ía de camiño, cerca de Damasco e polo mediodía, unha gran luz do ceo lostregou arredor de min.
7
Caín ó chan e sentín unha voz que me dicía: "Xaúl, Xaúl, por que me persegues?".
8
Eu respondín: "Quen es, Señor?". E díxome: "Eu son Xesús de Nazaret, a quen ti persegues".
9
Os que ían comigo tamén viron a luz, pero non sentiron a voz do que me falaba.
10
Entón dixen: "Que debo facer, Señor?" E o Señor díxome: "Érguete, vai a Damasco e alí diráseche todo o que se che pide que fagas".
11
E como non vía cousa por culpa da fogaxe daquela luz, cheguei a Damasco pola man dos meus compañeiros.
12
Entón un tal Ananías, home devoto conforme a Lei, apreciado por todos os xudeus de alí,
13
veume ver e, ó chegar onda min, díxome: "Saulo, irmán, recobra a vista" e naquel mesmo intre puiden velo.
14
E díxome: "O Deus dos nosos pais destinoute para que coñeceses a súa vontade, para veres o Xusto e sentires a voz da súa boca;
15
porque lle has ser testemuña diante de todos os homes do que viches e sentiches.
16
E agora a que agardar? Érguete, recibe o bautismo e lávate dos teus pecados, invocando o seu nome".
17
Xa de volta a Xerusalén, aconteceume que un día, rezando no Templo, tiven unha éxtase,
18
e vino a El, que me dicía: "Sae axiña de Xerusalén, porque non recibirán o teu testemuño acerca de min".
19
Eu dixen: "Señor, eles ben saben que eu andaba polas sinagogas a prender e azoutar nos que crían en Ti,
20
e que cando foi derramado o sangue de Estevo, a túa testemuña, eu tamén estaba alí, dándoo por ben feito e gardando os mantos dos que o mataban".
21
Pero el contestoume: "Vai, que te hei de mandar lonxe, ós pagáns".
22
Fórono escoitando ata chegar a estas palabras; pero entón deron en berrar: Quita da terra a ese, que non merece vivir!
23
E como berraban, abaneaban os mantos e botaban po ó aire,
24
o tribuno mandou que metesen a Paulo no cuartel e ordenou que o interrogasen a lategazos para dar sabido por que berraban así contra el.
25
Cando xa estaba ben atado polas correas, díxolle Paulo ó centurión que estaba alí: E vós, podedes azoutar a un cidadán romano que non foi condenado?
26
O sentir isto, o centurión foille avisar ó tribuno: Que vas facer? Ese home, disque é romano.
27
Foi entón o tribuno e díxolle: Dime unha cousa: es romano ti? El respondeulle: Son.
28
Engadiu o tribuno: A min esa cidadanía custoume moitos cartos. Paulo replicoulle: Pois eu nacín con ela.
29
En seguida marcharon os que o ían interrogar e o tribuno, ó saber que era romano, colleu medo porque o tivera encadeado.
30
Para o outro día, querendo saber con certeza de que o acusaban os xudeus, desatouno, mandou reunir os xefes dos sacerdotes e todo o Sanedrín e, levando a Paulo, presentóullelo.
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 23 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28