bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 28
Acts 28
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
1
Xa a salvo en terra, soubemos que a illa se chamaba Malta.
2
Os nativos tratáronos cunha humanidade pouco corrente: acenderon un lume e acolléronnos a todos, pois chovía e ía frío.
3
Paulo xuntara algúns guizos de leña secos e ó botalos no lume, unha víbora que fuxía da calor enroscóuselle na man.
4
Can-do os indíxenas viron o animal pendurado na man dicían entre eles: "seguro que este home é un asasino: despois de se salvar do mar, a xustiza divina non o deixa vivir".
5
Pero el botou o animal no lume e non sufriu mal ningún.
6
Eles esperaban velo inchar ou caer morto de súpeto, pero logo de moito agardar, vendo que non lle pasaba nada novo, cambiaron de parecer e xa dicían que tiña que ser un deus.
7
Nas proximidades de alí por aquela parte tiña unha propiedade o gobernador da illa, que se chamaba Publio, quen nos recibiu e nos hospedou amablemente durante tres días.
8
Cadrou que o pai de Publio estaba encamado con febre e disentería. Paulo foino ver, rezou, impúxolle as mans e curou.
9
A consecuencia disto, comezaron a vir tamén os outros enfermos que había na illa e quedaban curados.
10
Eles, pola súa banda, enchéronnos de atencións e, cando decidimos partir, déronnos de todo.
11
Tres meses despois embarcamos nun barco de Alexandría, que invernara na illa e que levaba a divisa dos Dióscuros.
12
Atracamos en Siracusa, onde botamos tres días.
13
Desde alí, costeando, chegamos a Rexio. Para o outro día levantouse o vento do sur e en dous días chegamos a Putéoli,
14
onde atopamos irmáns que nos convidaron a pasar sete días con eles. E así chegamos a Roma.
15
Os irmáns de alí, así que souberon de nós, viñéronnos recibir ata Foro Apio e Tres Tabernas. Paulo, ó velos, deu grazas a Deus e animouse.
16
Cando entramos en Roma, a Paulo autorizárono a ter domicilio particular cun soldado que o vixiaba.
17
Tres días despois, convocou os principais dos xudeus. Cando se reuniron, díxolles: Irmáns, sen ter feito nada contra o pobo nin contra os costumes paternos, entregáronme preso ós romanos en Xerusalén.
18
Estes, logo de me interrogaren, queríanme ceibar, porque non había nada en min que merecese a morte.
19
Pero, como os xudeus se opuñan, vinme obrigado a apelar ó César, sen pretender acusar en nada ó meu pobo.
20
Por este motivo pedín vervos e falarvos, pois é pola esperanza de Israel que levo esta cadea.
21
Eles dixéronlle: Non recibimos de Xudea ningunha carta sobre ti e ningún dos teus irmáns que chegou nos falou mal de ti.
22
Pero si que nos gustaría sentir pola túa boca o que pensas, pois o que sabemos é que esa seita encontra oposición en todas as partes.
23
Citáronse para un día e viñérono ver á súa casa bastantes máis. El comezou a súa exposición e daba testemuño do Reino de Deus, tentando de os convencer de quen era Xesús, partindo da Lei de Moisés e dos Profetas, desde a mañá á noite.
24
Uns deixáronse convencer polo que dicía, pero outros non crían.
25
Estando en desacordo uns cos outros, comezaban a separarse cando Paulo engadiu esta palabra final: Con razón díxolles o Espírito Santo a vosos pais, por medio do profeta Isaías,
26
dicindo: Vai e dille a ese pobo: escoitar escoitaredes, pero non comprenderedes, ollar ollaredes, pero non veredes;
27
porque está endurecido o corazón deste pobo; fixéronse duros de oído e pecharon os ollos: non fose que visen cos ollos, sentisen cos oídos, entendesen coa intelixencia e se convertesen, para que eu os cure.
28
Sabede, logo, que esta salvación de Deus ofrécese ós pagáns, e eles si que escoitarán.
30
Paulo botou dous anos enteiros nunha casa alugada e recibía a todos os que o viñan visitar,
31
predicando o Reino de Deus e ensinando o que se refire ó Señor Xesús Cristo, con audacia e sen impedimento ningún.
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28