bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 23
Acts 23
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 24 →
1
Paulo entón, ollando para o Sanedrín, dixo: Irmáns, ata hoxe en todo me comportei con boa conciencia diante de Deus.
2
Pero o xefe dos sacerdotes Ananías, mandou ós que o custodiaban que lle batesen na boca.
3
Entón Paulo díxolle: Hache pegar Deus a ti, parede caleada! Sentas para xulgarme conforme á Lei e mandas que me peguen violando a Lei?
4
Os que o custodiaban dixéronlle: Insultas ó Sumo Sacerdote de Deus?
5
Paulo respondeu: Irmáns, non sabía que fose Sumo Sacerdote. Si, a Escritura di: Non dirás mal do xefe do teu pobo.
6
Sabendo Paulo que unha parte deles eran saduceos e outra fariseos, berrou en medio do Sanedrín: Irmáns, eu son fariseo, fillo de fariseos, e quero dicir que é por causa da nosa esperanza na resurrección dos mortos, polo que se me xulga.
7
Cando dixo isto, armouse unha disputa entre os fariseos e os saduceos e dividiuse a asemblea,
8
porque os saduceos non admiten nin resurrección nin anxos nin espíritos, mentres que os fariseos cren nestas tres cousas.
9
Fíxose un gran rebumbio; erguéronse algúns escribas do partido dos fariseos e dicían afoutos: Non atopamos nada malo neste home: e se é certo que lle falou un espírito ou un anxo?
10
A liorta ía a maiores e o tribuno, temendo que esnaquizasen a Paulo, ordenou á tropa que baixase a quitalo do medio deles para o levar ó cuartel.
11
A noite seguinte, aparecéuselle o Señor e díxolle: Animo, que así como deches testemuño de min en Xerusalén, cómpre tamén que o deas en Roma.
12
O raiar o día, os xudeus fixeron unha conspiración e conxuráronse a non comer nin beber ata mataren a Paulo.
13
Eran máis de corenta os conxurados
14
e fóronse presentar ós xefes dos sacerdotes e ós senadores para dicirlles: Xuramos, baixo pena de maldición, non probar nada ata que matemos a Paulo.
15
Vós, logo de acordo co Sanedrín, pedídelle ó tribuno que volo traia diante de vós, como para examinardes máis a fondo o seu caso; pola nosa banda, estamos dispostos a matalo antes de que chegue.
16
Pero o fillo da irmá de Paulo, soubo da trapela, foi e entrou no cuartel e contoullo a Paulo.
17
Este chamou ó centurión e díxolle: Acompaña a este rapaz cabo do tribuno, pois ten algo que lle comunicar.
18
O centurión tomouno e levouno ó tribuno e díxolle: O preso Paulo chamoume para me pedir que che trouxese este mozo, que ten que falarche unha palabra.
19
O tribuno colleuno pola man, levouno á parte e preguntoulle: Que tes para me dicir?
20
E díxolle: Os xudeus concordaron en pedirche que mañá baixes a Paulo diante do Sanedrín, coa escusa de examinaren o caso con máis información.
21
Ti non te fíes; máis de corenta homes deles prepáranlle unha celada e comprometéronse baixo xuramento a non comeren cousa nin beberen ata que o maten; e xa están dispostos, agardando polo teu consentimento.
22
O tribuno, entón, despediu ó rapaz, recomendándolle que non dixese que o avisara.
23
Despois mandou chamar a dous dos centurións e díxolles: Tede preparados para iren a Cesarea douscentos soldados, setenta homes de a cabalo e douscentos auxiliares, a partir das nove da noite;
24
que haxa tamén cabalos para montar a Paulo e levalo san e salvo ó gobernador Fiz.
25
E escribiu unha carta nestes termos:
26
"Claudio Lisias ó moi excelente gobernador Fiz, saúde!
27
A este home collérano os xudeus e íano matar, cando aparecín eu coa tropa e libereino, ó saber que era romano.
28
Querendo saber de que o acusaban, fíxeno baixar diante do Sanedrín.
29
Resulta que as acusacións eran por cuestión da Lei deles, sen ningún cargo que merecese a morte ou a cadea.
30
Avisado de que preparan unha conxura para o mataren, envíocho sen agardar máis, e notifico ós seus acusadores que presenten no teu tribunal o que teñan contra el".
31
Os soldados, tal como se lles ordenara, colleron a Paulo e levárono de noite a Antípatris.
32
Para o outro día, deixando que os de a cabalo fosen con el, volveron ó cuartel.
33
Chegados os cabaleiros a Cesarea, entregáronlle a carta ó gobernador e presentáronlle tamén a Paulo.
34
Lida a carta, o gobernador preguntou de que provincia era, e cando soubo que de Cilicia, díxolle:
35
Escoitarei cando veñan os teus acusadores. E mandou que o gardasen no pazo de Herodes.
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 24 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28