bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 25
Acts 25
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 26 →
1
Os tres días da súa chegada á provincia, subiu Festo de Cesarea a Xerusalén.
2
Os sumos sacerdotes e os principais dos xudeus presentáronse ante el acusando a Paulo e pedíanlle
3
de favor, con mala idea, que o fixese ir para Xerusalén, con mentes de prepararen eles unha trapela para o mataren no camiño.
4
Pero Festo respondeu que Paulo estaba preso en Cesarea e que el mesmo marcharía axiña.
5
E dixo: Que os principais de entre vós veñan comigo e, se hai algúns delito nese home, que o acusen.
6
Logo de botar entre eles non máis de oito ou dez días, baixou a Cesarea e para o outro día sentou no tribunal e mandou traer a Paulo.
7
Cando chegou, rodeárono os xudeus que baixaran de Xerusalén, presentando contra el moitas e graves acusacións, que non eran capaces de probar.
8
Paulo, pola súa banda, defendíase dicindo: Non faltei en nada nin contra a Lei dos xudeus, nin contra o Templo nin contra o César.
9
Entón Festo, querendo poñerse a ben cos xudeus, respondeulle a Paulo: Queres subir a Xerusalén e que te xulguen alí sobre todo isto na miña presenza?
10
Pero Paulo respondeu: Estou diante do tribunal do César e é aquí onde se me debe xulgar. Non lles fixen mal ningún ós xudeus, como ti mesmo sabes ben.
11
Se son culpable e cometín algunha cousa que mereza a morte, non me nego a morrer; pero, se non hai fundamento en ningunha das cousas de que eles me acusan, ninguén ten o dereito de me entregar a eles. Apelo ó César!
12
Entón Festo, logo de consultar os seus conselleiros, respondeu: Xa que apelas ó César, irás ó César!
13
Pasados algúns días, o rei Agripa e Berenice chegaron a Cesarea, a saudar a Festo.
14
Como botaron alí días, Festo informou ó rei do caso de Paulo, dicíndolle: Hai aquí un home que Fiz deixou preso,
15
A quen acusaron os sumos sacerdotes e os senadores dos xudeus, estando eu en Xerusalén e pediron a súa condena.
16
Respondinlles que non é costume romano entregar un home sen enfrontalo cos seus acusadores e dándolle a posibilidade de se defender da acusación.
17
Viñeron comigo ata aquí e, sen demorarme nada, sentei para o outro día no tribunal e mandei traer o home.
18
Os acusadores compareceron, pero non presentaron ningunha acusación dos delitos que eu sospeitaba;
19
só tiñan en contra del unhas cuestións acerca da súa relixión e dun certo Xesús defunto, de quen Paulo afirma que vive.
20
Sen saber que decidir nestas cuestións, pregunteille se quería ir a Xerusalén para xulgalo alí;
21
pero Paulo apelou, pedindo que o seu caso fose reservado ó xuízo do emperador e mandei que o gardasen ata mandarllo ó César.
22
Entón Agripa díxolle a Festo: Gustaríame a min tamén escoitar a ese home. Respondeulle: Mañá sentiralo.
23
O día seguinte, viñeron Agripa e Berenice con grande pompa, e entraron na sala da audiencia, rodeados dos tribunos e dos principais da cidade. A unha orde de Festo, levaron a Paulo.
24
Festo dixo: Rei Agripa e todos os que estades aquí presentes connosco: ese é o home contra quen todos os xudeus viñeron onda min, tanto en Xerusalén coma aquí, berrando que non debería vivir máis.
25
Eu recoñecín que non fixera nada que mereza a morte; pero, como el apelou ó emperador, decidín mandarllo.
26
Pero non sei que lle hei de escribir en concreto do seu caso ó emperador. Por iso mandeino traer á vosa presenza, sobre todo á túa, rei Agripa, para que, feito o interrogatorio, teña algunha cousa que escribir,
27
pois paréceme que non ten xeito mandar un preso sen indicar os cargos que hai contra el.
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 26 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28