bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 11
Acts 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 12 →
1
Os apóstolos e os irmáns da Xudea sentiron dicir que tamén os pagáns recibiran a palabra de Deus.
2
Cando Pedro subiu a Xerusalén, os da circuncisión botábanlle na cara:
3
Ti fuches á casa de incircuncisos e comiches con eles!
4
Entón Pedro explicóullelo punto por punto.
5
Estaba eu na cidade de Iope, orando, cando tiven en éxtase unha visión: era un obxecto talmente coma un gran lenzo, que baixaba do ceo pendurado polas catro puntas e chegou onda min.
6
Mirando para el e observando con atención, vin os cuadrúpedes da terra, as feras, os réptiles e os paxaros do ceo;
7
e sentín unha voz que me dicía: "Érguete, Pedro, mata e come".
8
Pero eu dixen: "De ningunha maneira, Señor, porque nunca levei á boca nada profano ou impuro".
9
Por segunda vez sentín a voz do ceo: "O que Deus purificou, non o chames ti profano".
10
Isto pasou tres veces, e despois retirouse todo para o ceo.
11
E, fixádevos, nisto preséntanse na casa onde estabamos tres homes que mandaran desde Cesarea en busca miña.
12
Díxome entón o Espírito que fose con eles sen reparos. Viñeron tamén comigo estes seis irmáns, e entramos na casa do home,
13
que nos contou como vira ó anxo presentárselle na súa casa e dicir: "manda alguén a Iope a por Simón, chamado Pedro;
14
el hache dicir palabras polas que te salvarás ti e todos os da túa casa".
15
E cando comezaba eu a falar, veu o Espírito Santo sobre eles talmente como veu sobre nós ó comezo.
16
Lembrei entón as palabras do Señor, cando dicía: "Xoán bautizou con auga, pero vos bautizarédesvos co Espírito Santo".
17
E pois, se Deus lles concedeu o mesmo don ca a nós, por creren no Señor Xesús Cristo, quen era eu para me opoñer a Deus?
18
O sentiren isto, acougaron e glorificaron a Deus, comentando; "De xeito que Deus tamén concedeu ós pagáns o arrepentimento, para acadaren a vida!".
19
Os que se dispersaran fuxindo da persecución orixinada por cousa de Estevo, chegaron ata a Fenicia, Chipre e Antioquía, sen predicaren a ninguén a palabra, agás ós xudeus.
20
Con todo, houbo algúns de entre eles, homes de Chipre e de Cirene, que chegados a Antioquía comezaron a falar tamén cos gregos, anunciándolles a Boa Nova do Señor Xesús.
21
A man do Señor estaba con eles e moitos creron e convertéronse ó Señor.
22
Chegaran estas novas ós oídos da Igrexa de Xerusalén, e mandaron a Antioquía a Bernabé.
23
Cando chegou e viu a graza de Deus, encheuse de alegría e animaba a todos a se conservaren unidos ó Señor co corazón firme,
24
pois era un home bo, cheo de Espírito Santo e de fe. E foi moita a xente que se uniu ó Señor.
25
Daquela, Bernabé foi a Tarso en busca de Saulo
26
e, cando o atopou, levouno para Antioquía. Durante un ano enteiro estiveron xuntos naquela Igrexa, adoutrinando a moita xente. Foi en Antioquía onde por primeira vez ós discípulos lles chamaron "cristiáns".
27
Por aqueles días baixaron a Antioquía uns profetas de Xerusalén.
28
Un deles, chamado Agabo, ergueuse e, movido polo Espírito, anunciou que ía haber unha gran fame por toda a terra (foi a que houbo no tempo de Claudio).
29
Os discípulos ordenaron de mandar un auxilio ós irmáns de Xudea, cadaquén conforme ós seus posibles.
30
E así o fixeron mandándollelo ós responsables pola man de Bernabé e de Saulo.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28