bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 9
Acts 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 10 →
1
Saulo, respirando aínda ameazas e morte contra os discípulos do Señor, presentouse ó Sumo Sacerdote
2
e pediulle cartas para as sinagogas de Damasco, a fin de que, se encontraba algúns que fosen deste novo camiño, tanto homes coma mulleres, os puidese levar presos a Xerusalén.
3
De camiño, cerca xa de Damasco, aconteceu que, de súpeto, unha luz do ceo o envolveu co seu fulgor.
4
Caeu no chan e sentiu unha voz que lle dicía: —Xaúl, Xaúl, por que me persegues?
5
El preguntou: Quen es ti, Señor? Contestoulle: Eu son Xesús a quen ti persegues.
6
Pero érguete, entra na cidade, e xa se che dirá o que tes que facer.
7
Os compañeiros de viaxe quedaron parados, abraiados: sentían a voz, mais non vían ninguén.
8
Saulo ergueuse do chan, pero, malia ter os ollos abertos, non vía nadiña. Levárono pola man, introducírono en Damasco.
9
Alí botou tres días sen ver, sen comer e sen beber.
10
Había en Damasco un discípulo, chamado Ananías, e o Señor díxolle nunha visión: Ananías! El respondeu: Aquí estou, Señor. O Señor volveulle falar:
11
Vai á rúa Dereita, e procura na casa de Xudas a un home chamado Saulo de Tarso, que está orando.
12
(En visión, viu Saulo a un home chamado Ananías entrar e impoñerlle as mans para que recobrase a vista).
13
Ananías respondeu: Señor, teño oído falar moito dese home e do mal que lles ten feito ós teus santos en Xerusalén.
14
E aquí ten poderes dos xefes dos sacerdotes, para prender a todos os que invocan o teu nome.
15
Pero o Señor díxolle: Vai, que ese home é un instrumento escollido por min, para levar o meu nome diante dos pagáns, dos seus reis e mais dos israelitas.
16
Heille mostrar o que ten que sufrir polo meu nome!
17
Entón Ananías, poñéndose en camiño, entrou na casa, e impoñéndolle as mans, díxolle: Irmán Saulo, quen me manda é o Señor Xesús, que se che apareceu cando viñas polo camiño, para que recobres a vista e te enchas do Espírito Santo.
18
No instante, caéronlle dos ollos como unhas escamas e recuperou a vista; ergueuse, e bautizouse.
19
Despois comeu e volvéronlle as forzas. Pasou algúns días cos discípulos de Damasco,
20
e axiña comezou a predicar a Xesús nas sinagogas, proclamando que era o Fillo de Deus.
21
Todos os que o sentían ficaban pasmados e dicían: "Pero non é este o que en Xerusalén fixo estragos entre os que invocan ese Nome, e viñera aquí para os levar presos diante dos sumos sacerdotes?".
22
Pero Saulo con máis ánimos confundía ós xudeus de Damasco, demostrando que Xesús era o Mesías.
23
Logo de bastantes días, os xudeus ordenaron de o matar,
24
mais Saulo chegou a saber o que andaban argallando. Día e noite vixiaban as portas da cidade, para lle daren morte.
25
Pero algúns dos seus discípulos collérono de noite e descolgárono pola muralla metido nun cesto.
26
Chegado a Xerusalén, procuraba xuntarse cos discípulos; pero todos lle tiñan medo, non crendo que fose discípulo de verdade.
27
Pero Bernabé, colleuno consigo e levouno onda os apóstolos. Saulo contoulles que vira o Señor no camiño, que lle falara e que en Damasco predicara publicamente no nome de Xesús.
28
Conviviu con eles en Xerusalén, predicando con ousadía no nome do Señor.
29
Falaba e discutía tamén cos helenistas, pero estes queríano matar.
30
O sabelo, os irmáns levárono para Cesarea e fixérono seguir a Tarso.
31
Daquela, a Igrexa tiña paz en toda a Xudea, Galilea e mais Samaría. Crecía coma un edificio, progresaba na fidelidade ó Señor e coa asistencia do Espírito Santo ía aumentando en número.
32
Pedro, que as visitaba todas, baixou a visitar os santos que vivían en Lida.
33
Encontrou alá un tal Eneas, que xacía paralítico nun catre desde había oito anos.
34
Díxolle Pedro: Eneas, Xesús Cristo vaite curar! Érguete e fai ti mesmo o teu leito. E no intre púxose en pé.
35
Todos os habitantes de Lida e de Sarón vírono e convertéronse ó Señor.
36
Había en Iope unha discípula de nome Tabita (que traducido quere dicir Gacela), chea de boas obras e de caridades.
37
Por aqueles días enfermou e morreu. Despois de a lavaren, puxérona no cuarto de arriba.
38
Como Lida está cerca de Iope, sentindo dicir os discípulos que Pedro estaba alí, mandáronlle dous homes con este recado: "non tardes en achegarte aquí".
39
Pedro foi con eles. Cando chegou levárono á sala de arriba onde se lle presentaron chorando todas as viúvas, amosándolle as túnicas e os mantos que facía a Gacela cando estaba con elas.
40
Pedro entón, mandou saír a xente toda, púxose de xeonllos e orou; despois volveuse ó cadáver e dixo: Tabita, érguete! Ela abriu os ollos e, ó ver a Pedro, incorporouse.
41
Pedro colleuna pola man, levantouna e chamando os santos e as viúvas presentóullela viva.
42
Isto sóubose en toda a cidade de Iope e moitos creron no Señor.
43
Pedro, ficou bastantes días en Iope, na casa dun curtidor chamado Simón.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28