bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 16
Acts 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 17 →
1
Chegou tamén a Derbe e Listra. Había alí un discípulo, chamado Timoteo, fillo dunha xudía crente e de pai grego,
2
do que falaban ben os irmáns de Listra e de Iconio.
3
Paulo quixo que fose con el e circuncidouno por mor dos xudeus daquela bisbarra, pois todos sabían que o pai era grego.
4
Polas cidades que pasaban transmitíanlles as decisións tomadas polos apóstolos e responsables en Xerusalén, para que as cumprisen.
5
Deste xeito as Igrexas quedaban confirmadas na fe e medraban en número cada día.
6
Impedidos polo Espírito Santo de predicar a mensaxe en Asia, atravesaron Frixia e a rexión de Galacia;
7
chegados de fronte a Misia, tentaron de entrar en Bitinia; pero o Espírito de Xesús non llelo permitiu;
8
Así que, atravesando Misia, baixaron a Tróade.
9
Durante a noite, Paulo tivo unha visión: estaba alí de pé un macedonio, suplicándolle: "Pasa a Macedonia e axúdanos!"
10
Logo desta visión procuramos partir de contado para Macedonia, sabedores de que Deus nos chamaba a lles anunciar a Boa Nova.
11
Embarcamos en Tróade, dereitos a Samotracia; para o outro día a Neápolis,
12
e de alí a Filipos, que era das principais cidades da rexión de Macedonia. Alí aínda botamos uns días.
13
O día de sábado saímos fóra da porta cara á beira dun río, onde supoñiamos que había un lugar de oración; sentámonos, e comezamos a falar coas mulleres que se xuntaban alá.
14
Unha delas, que se chamaba Lidia, tratante en púrpura, da cidade de Tiatira, que seguía o xudaísmo, púxose a escoitar, e o Señor abriulle o corazón, para que fixese caso do que dicía Paulo.
15
Despois de se bautizar cos seus, rogábanos así: "se me tedes por unha fiel do Señor, vide parar na miña casa". E obrigounos.
16
Un día pasounos que, indo nós cara ó sitio da oración, atopamos unha escrava que tiña espírito de adiviña e dáballes moitos cartos ós seus amos coas súas adiviñacións.
17
Seguíanos a Paulo e a nós, berrando: "estes homes son servos do Deus Altísimo, que vos anuncian o camiño da salvación".
18
Levaba así moitos días. Entón Paulo, xa farto, volveuse e díxolle ó espírito: "ordénoche no nome de Xesús Cristo que saias desa muller". E no mesmo intre saíu.
19
Vendo os amos que se lles ía a esperanza do negocio, botaron man de Paulo e Silas e arrastráronos á praza pública á presenza dos xuíces.
20
Presentáronos ás autoridades, dicindo: "estes homes andan perturbando a nosa cidade; son xudeus
21
e predican uns costumes que coma romanos non podemos admitir nin practicar".
22
A xente arrepúxose en contra deles; e os pretores, despois de facer que os espisen, mandáronos azoutar con vergallos.
23
Cando xa lles deran moitos lategazos, metéronos na prisión, ordenándolle ó carcereiro que os gardase con moito tino.
24
El, ó recibir tal orde, meteunos na cela de castigo e prendeulles os pés co cepo.
25
Pola media noite, Paulo e Silas oraban, cantando loanzas a Deus. Os outros presos escoitaban.
26
De súpeto veu un terremoto tan grande que abalaron os alicerces da prisión; de golpe abríronse as portas todas e desprendéronse as cadeas de todos eles.
27
Cando acordou o carcereiro e viu abertas as portas da prisión quitou a espada para se matar, coidando que os presos xa fuxiran;
28
pero Paulo berroulle: "non te firas, que estamos todos aquí".
29
El pediu unha luz, entrou dentro e, tremendo, botouse ós pés de Paulo e de Silas,
30
levounos para fóra e díxolles: Señores, que teño que facer para me salvar?
31
Respondéronlle: Cre no Señor Xesús e salvaraste ti e mais os da túa casa.
32
E anunciáronlle a palabra do Señor, a el e mais a todos os da súa casa.
33
E naquela mesma hora da noite levounos consigo, lavoulles as feridas e seguidamente bautizouse el e todos os seus.
34
Despois fíxoos subir á súa casa, preparoulles a mesa, e celebraron unha festa por crer en Deus con todos os da súa casa.
35
O ser día, os pretores mandaron os alguacís para lle dicir ó carcereiro: "ceiba a eses homes".
36
Entón o carcereiro transmitiu a Paulo a mensaxe: Os pretores mandan dicir que vos poña en liberdade; saíde, logo, e marchade en paz.
37
Pero Paulo replicoulles: Ou sexa, que primeiro nos azoutan á vista de todo o mundo, despois métennos no cárcere sen xuízo, a nós, que somos cidadáns romanos, e agora quérennos botar ás agachadas? Pois non. Que nos veñan ceibar eles en persoa.
38
Os alguacís fóronlles dar o recado ós pretores, que colleron medo ó sentiren dicir que eran cidadáns romanos.
39
Fóronlles pedir desculpas e, acompañándoos para fóra, pedíronlles que marchasen da cidade.
40
O saíren do cárcere, foron á casa de Lidia; viron os irmáns, animáronos e marcharon.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28