bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 21
Acts 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 22 →
1
Despois de nos separarmos deles, embarcamos e fomos dereitos cara a Cos; ó día seguinte, a Rodas; e de alí, a Pátara.
2
Encontramos un barco que ía facer a travesía a Fenicia, embarcamos nel e seguimos a viaxe.
3
Chegando a dexergar Chipre, que deixamos á esquerda, navegamos para Siria e chegamos a Tiro, pois alí tiña que descargar o barco.
4
Atopamos os discípulos e paramos alí sete días. Eles, movidos polo Espírito, dicíanlle a Paulo que non subise a Xerusalén.
5
Pasados aqueles días, partimos. Todos, xunto coas mulleres e mais os fillos, nos acompañaron ata as aforas da cidade e, postos de xeonllos na praia, rezamos.
6
Despois de nos despedirmos uns dos outros, nosoutros embarcamos e eles volveron para as súas casas.
7
Nós, rematando a travesía, fomos de Tiro a Tolemaida, saudamos os irmáns e quedamos un día con eles.
8
Marchamos para o outro día. Chegamos a Cesarea e, entrando na casa do evanxelista Filipe, un dos Sete, paramos onda el.
9
Filipe tiña catro fillas virxes, que falaban inspiradas.
10
Botamos alí bastantes días e baixou de Xudea un profeta, chamado Agabo,
11
que nos veu ver e, tomando o cinto de Paulo, atouse de pés e mans, dicindo: Isto di o Espírito Santo: así atarán os xudeus en Xerusalén ó dono deste cinto e entregarano nas mans dos pagáns.
12
O sentirmos isto, nós e os do lugar insistiámoslle a Paulo que non subise a Xerusalén.
13
Daquela respondeu Paulo: A que vén tanto pranto? Seica me queredes desmoralizar? Eu estou disposto non só a deixarme atar, senón tamén a morrer en Xerusalén polo nome do Señor Xesús.
14
E, como non se deixaba convencer, desistimos, dicindo: "que se faga a vontade do Señor".
15
Pasados aqueles días e feitos os preparativos, subimos a Xerusalén.
16
Viñeron connosco algúns discípulos de Cesarea, e leváronnos a pousar á casa dun certo Nasón, chipriota, discípulo desde o comezo.
17
Chegados a Xerusalén, os irmáns recibíronnos con alegría.
18
Para o outro día, foi Paulo connosco cabo de Santiago, e estaban presentes todos os responsables.
19
Logo de os saudar, contoulles unha por unha as cousas que Deus fixera entre os pagáns polo seu ministerio.
20
O sentilo, glorificaron a Deus pero dixéronlle. Xa ves, irmán, os milleiros de xudeus que abrazaron a fe; e todos son celosos defensores da Lei;
21
pero de ti sentiron dicir que ensinas a todos os xudeus que están entre os pagáns a se apartaren de Moisés, dicindo que non circunciden os seus fillos nin sigan as tradicións.
22
Que imos facer agora? Todos saberán que chegaches.
23
Fai logo o que che dicimos: hai aquí catro homes que están ofrecidos:
24
lévaos canda ti, purifícate con eles e paga por eles para que rapen a cabeza e que todos saiban que non hai nada do que se di, senón que ti mesmo es un practicante da Lei.
25
No que toca ós pagáns que abrazaron a fe, mandámoslles por escrito a nosa decisión: que se garden das carnes sacrificadas ós ídolos, do sangue, das carnes sen desangrar e das unións deshonestas.
26
Entón Paulo, para o outro día, levou consigo aqueles catro homes, purificouse xunto con eles e entrou no templo para avisar cando acababan os días da purificación e tocaba presentar a ofrenda por cada un deles.
27
Cando estaban para se cumprir os sete días, os xudeus da Asia, que o viran no templo, encirraron a todo o persoal e botáronlle as mans,
28
berrando: Israelitas, axudádenos! Este é o home que por todos os sitios anda ensinando a todos en contra do pobo, da Lei e deste lugar; e para máis meteu uns gregos no templo, profanando este lugar santo.
29
(Vírano antes pola cidade co efesio Trófimo e coidaban que Paulo o metera no templo).
30
O boureo correuse por toda a cidade, e apareceu xente por todas as partes. Agarraron a Paulo, arrastrárono fóra do templo e pecharon as portas.
31
Estaban para o mataren, cando lle chegou a noticia ó xefe da guarnición militar de que toda Xerusalén estaba en revolta.
32
De contado colleu soldados e oficiais e baixou correndo cara a eles. Estes, ó velos, deixaron de mallar en Paulo.
33
Cando chegou, o tribuno colleuno, mandouno prender con dúas cadeas e preguntoulles quen era e o que fixera.
34
Pero de entre a xente cada un berraba súa cousa. Non podendo saber nada seguro, debido ó balbordo, mandouno levar para o cuartel.
35
O chegaren ás escadas, era tal a violencia da xente, que o tiveron que levar en peso os soldados,
36
pois a xente seguía a berrar: "que morra!".
37
Cando o ían meter no cuartel, díxolle Paulo ó tribuno: Podo falarche unhas palabras? El preguntoulle: Sabes grego?
38
Entón ti non es o exipcio que hai pouco sublevou e levou ó deserto catro mil guerrilleiros?
39
Respondeulle Paulo: Eu son un xudeu de Tarso, cidadán dunha coñecida cidade de Cilicia. Rógoche que me permitas falarlle á xente.
40
Deulle permiso, e Paulo, de pé nas escadas, acenou coa man pedíndolle silencio á xente. Fíxose un gran silencio e díxolles isto en lingua hebrea.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28