bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Acts 19
Acts 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 20 →
1
En tanto Apolo estaba en Corinto, Paulo, logo de atravesar o
2
interior do país, chegou a Éfeso. Encontrou alí a algúns discípulos, e preguntoulles: Recibistes o Espírito Santo, cando abrazastes a fe? Eles respondéronlle: Nin sequera sentimos dicir que haxa un Espírito Santo.
3
Díxolles: E logo, que bautismo recibistes? Eles responderon: O bautismo de Xoán.
4
Entón díxolles Paulo: Xoán bautizaba cun bautismo de conversión, dicíndolle ó pobo que cresen no que viña despois del, é dicir, en Xesús.
5
Despois de sentiren isto, bautizáronse no nome do Señor Xesús;
6
e logo que Paulo lles impuxo as mans, veu sobre eles o Espírito Santo e comezaron a falar en linguas estrañas e a profetizar.
7
En total eran uns doce homes.
8
Foi Paulo para a sinagoga e durante tres meses falou abertamente, discutindo e convencendo no tocante ó Reino de Deus.
9
Pero, como algúns estaban endurecidos e non crían e falaban mal do Camiño diante da xente, arredouse deles. Tomando á parte os discípulos, falaba cada día na escola dun tal Tirano.
10
Isto durou dous anos, de xeito que sentiron a palabra do Señor todos os habitantes da Asia, xudeus e gregos.
11
Deus facía milagres extraordinarios polas mans de Paulo;
12
A tal punto que poñéndolles ós enfermos os panos da man ou pezas del que tocaran o corpo, desaparecían deles as enfermidades, e marchaban os malos espíritos.
13
Tamén algúns xudeus, exorcistas ambulantes, probaron a invocar o nome do Señor Xesús sobre os que tiñan os espíritos malos, dicindo: "esconxúrovos polo Xesús que Paulo predica".
14
(Os que isto facían eran sete fillos dun certo Escevas, sumo sacerdote xudeu).
15
Pero o mal espírito respondeulles: "coñezo a Xesús e sei quen é Paulo; pero vós quen sodes?"
16
E o que estaba posuído polo espírito malo botouse a eles dun brinco e fixo deles un pandeiro, de tal xeito, que tiveron que fuxir da casa aquela en coiro e cheos de feridas.
17
Isto soubérono todos os que vivían en Éfeso, xudeus e gregos. Todos tomaron moito respecto e recoñecían a grandeza do nome do Señor Xesús.
18
Moitos dos que creran foron confesar e declarar as súas meiguerías
19
e moitos dos que foran meigos levaban os libros e queimábanos diante de todos. Calcularon que valerían unhas cincuenta mil moedas de prata.
20
Deste xeito medraba e fortalecíase a palabra de Deus.
21
Despois destas cousas, Paulo decidiu ir a Xerusalén, pasando por Macedonia e Acaia, declarando: "despois de estar alí, teño que visitar tamén Roma".
22
Entón mandou a Macedonia dous dos seus axudantes, Timoteo e Erasto, mentres el pasaba algún tempo aínda en Asia.
23
Daquela armouse un gran balbordo por causa do Camiño.
24
O caso foi así: un prateiro chamado Demetrio, que fabricaba reproducións en prata do santuario da deusa Artemisa e que proporcionaban ós artesáns non pouca ganancia,
25
reuniunos con outros da mesma arte e díxolles: Compañeiros, ben sabedes que a nosa prosperidade depende desta industria;
26
pero estades vendo e sentindo que non só en Éfeso senón tamén en case toda a Asia, ese Paulo convenceu a bastante xente, dicíndolles que non son deuses os que se fan coas mans.
27
Isto pon en perigo non só o creto da nosa industria, senón incluso do mesmo templo da gran deusa Artemisa, acabando por desprestixiar a aquela a quen veneran Asia e o mundo enteiro.
28
O sentiren isto, alporizáronse e deron en berrar: Viva a Artemisa dos efesios!
29
Armouse unha algueirada por toda a cidade; a xente botouse en masa cara ó teatro, arrastrando consigo ós macedonios Gaio e mais Aristarco, compañeiros de viaxe de Paulo.
30
Paulo quería presentarse naquela manifestación pero os discípulos non o deixaron,
31
e incluso algúns das autoridades que eran amigos del, mandáronlle aviso de que non aparecese polo teatro.
32
Cadaquén berraba polo seu lado, pois a asemblea estaba revolta e a maioría nin sabía por que se xuntaran.
33
Entón, saíu de entre a xente Alexandro, animado polos xudeus, que, acenando coa man, pediu a palabra para darlle explicacións á xente.
34
Pero cando se decataron de que era xudeu, estiveron berrando todos á xunta case dúas horas: Viva a Artemisa dos efesios!
35
Entón o maxistrado calmou á xente e dixo: Efesios, quen non sabe que a cidade de Éfeso é a garda do templo da grande Artemisa e da súa imaxe baixada do ceo?
36
Sendo isto indiscutible, convén que teñades calma e non fagades as cousas ás toas,
37
porque trouxestes uns homes que non son sacrílegos nin blasfeman da nosa deusa.
38
Polo tanto, se Demetrio e os artesáns que van con el teñen queixa de alguén, xa hai audiencias e procónsules; que preiteen.
39
E, se queredes algunha outra cousa, xa se resolverá na asemblea regulamentaria.
40
Mesmo nos arriscamos a que nos acusen de insurrección polo que pasou hoxe, pois non hai motivo ningún que xustifique semellante rebumbio. En dicindo isto, disolveu a asemblea.
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28