bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 1
Matthew 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 2 →
1
Libro da xenealoxía de Xesús Cristo, fillo de David, fillo de Abraham.
2
Abraham xerou a Isaac. Isaac xerou a Xacob. Xacob xerou a Xudá e mais os seus irmáns.
3
Xudá, de Tamar, xerou a Peres e mais a Zarán. Peres xerou a Esrón. Esrón xerou a Arán.
4
Arán xerou a Aminadab. Aminadab xerou a Naasón. Naasón xerou a Salmón.
5
Salmón, de Rahab, xerou a Booz. Booz, de Rut, xerou a Obed. Obed xerou a Iexé.
6
Iexé xerou ó rei David. David, da que foi muller de Urías, xerou a Salomón.
7
Salomón xerou a Roboam. Roboam xerou a Abías. Abías xerou a Asá.
8
Asá xerou a Ioxafat. Ioxafat xerou a Ioram. Ioram xerou a Ozías.
9
Ozías xerou a Ioatán. Ioatán xerou a Acaz. Acaz xerou a Ezequías.
10
Ezequías xerou a Menaxés. Menaxés xerou a Amón. Amón xerou a Ioxías.
11
Ioxías xerou a Ieconías e mais os seus irmáns, en tempos da deportación a Babilonia.
12
Despois da deportación a Babilonia, Ieconías xerou a Xealtiel. Xealtiel xerou a Zerubabel.
13
Zerubabel xerou a Abiud. Abiud xerou a Eliaquim. Eliaquim xerou a Asor.
14
Asor xerou a Sadoc. Sadoc xerou a Aquim. Aquim xerou a Eliud.
15
Eliud xerou a Elazar. Elazar xerou a Matán. Matán xerou a Xacob.
16
Xacob xerou a Xosé, esposo de María, da que naceu Xesús, chamado Cristo.
17
Foron, logo, catorce as xeracións desde Abraham ata David, catorce tamén desde David ata a deportación de Babilonia, e catorce desde a deportación de Babilonia ata Cristo.
18
O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo.
19
Xosé, o seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala secretamente.
20
Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo.
21
Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará o seu pobo de todos os seus pecados.
22
Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta:
23
Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo, e poñeranlle de nome Emmanuel (que quere dicir "Deus connosco").
24
Acordou Xosé do seu soño, e fixo tal como lle mandara o anxo do Señor, levando consigo a súa prometida;
25
e sen que a tocase, ela deu a luz un fillo. E el púxolle de nome Xesús.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28