bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 13
Matthew 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 14 →
1
Naquel día Xesús saíu da casa e foise sentar á beira do mar.
2
Tanta era a xente reunida ó pé del, que tivo que subir e sentar nunha barca, mentres a xente toda ficaba na beira.
3
E faloulles de moitas cousas en parábolas. Dicía: Dunha vez saíu un labrego a sementar.
4
E ó botar a semente, parte dela foi caendo polo camiño adiante; viñeron os paxaros e comérona.
5
Outra caeu entre as pedras, onde a penas había terra; e naceu de contado, porque a terra non tiña fondura;
6
pero non ben saíu o sol, queimouna, e, como non tiña raíz, secou.
7
Outra parte caeu na silveira, e ó medraren as silvas afogárona.
8
Outra caeu en boa terra, dando froito: unha, cen; outra, sesenta; outra, trinta.
9
Quen teña oídos que escoite!
10
E achegándose os discípulos dixéronlle: Por que lles falas en parábolas?
11
El respondeulles: Porque a vós concedéusevos coñecer os misterios do Reino dos Ceos, pero a eles non.
12
Pois a quen ten daráselle ata sobrarlle; pero a quen non ten aínda o que ten se lle quitará.
13
Por iso fálolles eu en parábolas, porque mirando, non ven, e escoitando, non oen nin entenden.
14
Cúmprese así neles o que profetizara Isaías dicindo: Oír, oiredes, pero non entenderedes; ollar, ollaredes, pero non veredes.
15
Porque o corazón deste pobo está insensibilizado: endureceron os seus oídos e pecharon os seus ollos, para non veren cos ollos, nin oíren cos oídos, nin entenderen co seu corazón nin se converteren para que eu os cure.
16
Ditosos, en troques, os vosos ollos, porque ven, e mais os vosos oídos, porque oen!
17
Pois asegúrovos que moitos profetas e xustos arelaron ver o que vós vedes, e non o viron, e oír o que vos oídes, e non o oíron.
18
Escoitade, logo, vós a parábola do sementador:
19
Sempre que un escoita a Palabra do Reino e non a entende, vén o Maligno e repáñalle o sementado no seu corazón: esa é a que caeu no camiño.
20
O que caeu entre as pedras, vén ser aquel que, escoitando a Palabra, de seguida a recibe con alegría;
21
pero, ó non ter raíz e ser inconstante, así que veñen as dificultades ou a persecución por causa da Palabra, de seguida abandona.
22
O que cae na silveira, vén ser aquel que escoita a Palabra; pero as preocupacións do mundo e o engado das riquezas afogan a palabra e queda sen dar froito.
23
Pero o que foi sementado en boa terra, vén ser aquel que escoita a Palabra e a comprende: este si que dá froito e produce nun caso cento, noutro sesenta e noutro trinta.
24
E contoulles outra parábola: Parécese o Reino dos Ceos a un home que sementou boa semente na súa leira.
25
Pero mentres todos durmían, o seu inimigo veu sementar xoio polo medio do trigo e marchou.
26
Cando espigou a planta e deu trigo, apareceu o xoio tamén.
27
Os criados do dono fóronlle dicir: "Señor, ti non sementaras boa semente na túa leira? De onde lle vén, logo, o xoio?"
28
El contestoulles: "Isto é obra dun inimigo". Os criados preguntáronlle: "Queres que o vaiamos arrincar?"
29
El respondeulles: "Non, non sexa que ó collerdes o xoio arrinquedes tamén o trigo.
30
Deixádeos medrar xuntos deica a sega, que no tempo da sega heilles dicir ós segadores: Apañade primeiro o xoio, e atádeo en mollos para queimalo; e o trigo recollédeo na miña arca".
31
E contoulles outra parábola: O Reino dos Ceos é semellante a un gran de mostaza que un home sementou na súa horta.
32
A mostaza vén sendo a máis pequerrecha de todas as sementes; pero cando medra chega a ser meirande ca todas as hortalizas, converténdose nunha árbore; de tal xeito, que mesmo os paxaros veñen facer o niño nas súas pólas.
33
Díxolles outra parábola: O Reino dos Ceos é semellante ó fermento que unha muller amasou en tres medidas de fariña ata que todo levedou.
34
Todo isto lle falou Xesús en parábolas á xente, e nada lle falaba que non fose por medio de parábolas.
35
De xeito que se cumprise o que dixera o profeta: Abrirei a miña boca para dicir parábolas, proclamarei cousas escondidas desde que o mundo é mundo.
36
Entón, deixando á xente, foise para a casa. Achegáronselle os seus discípulos e pedíronlle: Explícanos a parábola do xoio na leira.
37
El respondeu: O que sementa a boa semente é o Fillo do Home;
38
A leira é o mundo; a boa semente son os fillos do Reino; o xoio son os fillos do Malo.
39
O inimigo que a sementa é o Satán; a sega é a fin do mundo e os segadores son os anxos.
40
E así como se entrecolle o xoio e se bota no lume, así pasará na fin do mundo.
41
Mandará o Fillo do Home os seus anxos, e quitarán do seu Reino todos os escándalos e a todos os que fan o mal;
42
e botaranos no forno do lume, onde será o pranto e o renxer dos dentes.
43
Entón, os xustos resplandecerán coma o sol no Reino de seu Pai. Quen teña oídos que escoite.
44
O Reino dos Ceos é semellante a un tesouro agachado nunha leira: o home que o atopou vólveo a agachar; e, cheo de alegría, vai vender canto ten para mercar aquela leira.
45
Tamén se parece o Reino dos Ceos a un tratante de perlas finas:
46
en atopando unha de grande valor, foi vender canto tiña e mercouna.
47
Do mesmo xeito é semellante o Reino dos Ceos a un aparello de rapeta largado no mar, que recolleu peixes de todas as castes.
48
Unha vez cheo, tiran por el para a ribeira e, sentados, escollen os bos nun queipo e os malos tiran con eles.
49
Así será na fin do mundo: sairán os anxos e arredarán os malos dos xustos
50
para botalos no forno do lume; alí será o pranto e o renxer dos dentes.
51
Entendedes todo isto? Eles responderon: Entendemos.
52
El concluíu: Por iso todo letrado que se fai discípulo do Reino dos Ceos parécese ó dono dunha casa que saca das súas arcas o novo e mais o vello.
53
E resulta que cando Xesús acabou de expoñer estas parábolas marchou de alí,
54
indo para a súa terra. Alí con tal xeito lles ensinaba na sinagoga que dicían abraiados: De onde lle veñen a este esa sabedoría e eses milagres?
55
Non é o fillo do carpinteiro? Non se chama María súa nai; e seus irmáns Santiago, Xosé, Simón e Xudas?
56
E súas irmás non viven connosco? Entón de onde lle vén todo isto?
57
Estaban realmente escandalizados por causa del. Pero Xesús díxolles: A un profeta só o aceptan mal na súa terra e na súa casa.
58
E alí non fixo moitos milagres pola falta de fe daquela xente.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28