bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 24
Matthew 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 25 →
1
Saíu Xesús do templo e, segundo ía camiñando, acercáronselle os discípulos e sinaláronlle as construcións do templo.
2
El díxolles: Vedes todo isto? Pois eu asegúrovos que se derrubará ata que non quede pedra sobre pedra.
3
Estando el sentado no Monte das Oliveiras, achegáronselle os seus discípulos, preguntándolle en privado: Anda, dinos cando van pasar estas cousas, e cal será o sinal da túa chegada e da fin do mundo.
4
Respondeulles Xesús: Estade atentos para que ninguén vos desoriente.
5
Moitos virán dicindo: "Eu son o Mesías". E desnortarán a moita xente.
6
Cando oiades falar de guerras ou de rumores de guerra, coidadiño con alarmarvos; pois teñen que vir, pero aínda non será a fin.
7
Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá fame e terremotos en diversos lugares;
8
e todo isto non será máis có comezo das dores.
9
Daquela entregaranvos ás torturas, mataranvos e odiaranvos todos os pobos por causa miña.
10
Entón moitos fallarán na fe, traizoaranse uns a outros e aborreceranse mutuamente.
11
Aparecerán moitos falsos profetas, enganando a moita xente.
12
E, ó crecer a maldade, arrefriarase o amor da maioría.
13
Pero o que persevere ata o final, salvarase.
14
Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a todos os pobos. Entón será a fin.
15
E cando vexades que a abominación da desolación, anunciada polo profeta Daniel, está no lugar santo enténdao ben o lector,
16
entón quen estea en Xudea que fuxa ó monte;
17
quen estea na azotea que non baixe á casa nin para coller cousa ningunha;
18
e quen estea na leira que non volva atrás a pola capa.
19
Ai das que estean embarazadas ou criando naqueles días!
20
Rogade para que a vosa fuxida non cadre no inverno, nin nun sábado.
21
Porque haberá unha gran angustia, como non a houbo desde o principio do mundo, nin nunca máis a haberá.
22
E, de non se abreviaren aqueles días, ninguén sairía con vida; pero por mor dos elixidos han ser abreviados.
23
Se entón vos dixer alguén: "Mirade, velaquí está o Mesías", ou "alí o está", non lle fagades caso.
24
Pois aparecerán falsos Mesías e falsos profetas, que farán grandes sinais e prodixios para desorientar a xente, e, se fose posible, incluso os mesmos elixidos.
25
Mirade que quedades avisados.
26
E se vos dixer alguén: "Mirade, está no deserto", non saiades; "mirade, está agachado na casa", non fagades caso.
27
Pois, como o lóstrego sae do Oriente resplandecendo ata o Occidente, así será cando veña o Fillo do Home.
28
Onde estea o cadáver amoréanse os voitres.
29
Inmediatamente despois da calamidade daqueles días, o sol hase escurecer, a lúa deixará de aluar, as estrelas caerán do ceo e as potencias celestiais abalarán.
30
Entón aparecerá o sinal do Fillo do Home no ceo. E todas as razas da terra daranse golpes no peito, vendo chegar o Fillo do Home enriba das nubes, con moito poder e gloria.
31
E enviará os seus anxos cunha grande trompeta, para reuniren os elixidos desde os catro ventos, de cabo a cabo do mundo.
32
Aprendede da figueira esta comparanza: cando reverdecen as súas pólas e agroman as súas follas, botades de conta que o verán está preto.
33
Así tamén vós, cando vexades que pasan estas cousas, caede na conta de que está pretiño: á porta.
34
Asegúrovos que non pasará esta xeración sen que antes suceda todo isto.
35
O ceo e mais a terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán.
36
E en canto ó día aquel e á hora, ninguén sabe nada, nin os anxos do ceo, nin o Fillo; só o Pai.
37
Coma nos tempos de Noé, así pasará cando veña o Fillo do Home.
38
Antes do diluvio comían, bebían e casaban ata o día que Noé entrou na arca;
39
e de nada se decataron ata que veu o diluvio, e os enguliu a todos. O mesmo pasará cando veña o Fillo do Home.
40
Entón estarán dous homes no agro; levarán a un e deixarán ó outro.
41
Estarán dúas mulleres moendo no muíño, levarán unha e deixarán a outra.
42
Vixiade, porque non sabedes nada do día no que virá o voso Señor.
43
Entendédeo ben: se soubese o dono da casa a que hora vai chegar o ladrón, estaría á espreita e non permitiría que lle asaltasen a casa.
44
Así tamén: estade vós preparados, porque na hora menos pensada preséntase o Fillo do Home.
45
Quen é o criado fiel e prudente, a quen o Señor encargou o coidado de dar de comer á servidume no seu debido tempo?
46
Ditoso o criado aquel a quen o seu amo, cando chegue, o atope cumprindo coa súa tarefa!
47
Tende por seguro que lle encomendará toda a súa facenda.
48
Pero se aquel mal empregado di para si: "O meu amo aínda non vén para agora",
49
e empeza a bourar nos seus compañeiros, comendo e bebendo cos borrachos,
50
o día menos pensado e á hora máis imprevista chégalle o amo
51
e bótao fóra, cos hipócritas; alí será o pranto e mais o triscar dos dentes.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 25 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28