bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 6
Matthew 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 7 →
1
Tede coidado de non practicardes a vosa xustiza para que vos vexa a xente, que daquela o voso Pai celestial non vos dará recompensa ningunha.
2
Cando deas unha esmola non o vaias proclamando diante de ti cunha trompeta, como fan os hipócritas nas sinagogas e nos rueiros para seren loados polos homes; asegúrovos que xa recibiron a súa recompensa.
3
Ti, en troques, cando deas unha esmola, que non saiba a túa man esquerda o que fai a dereita.
4
Así a esmola será secreta e teu Pai, que ve o segredo, xa te recompensará.
5
Cando recedes non fagades coma os hipócritas, que gustan de rezar moi ergueitos nas sinagogas e nos recantos das rúas para que os vexa a xente; asegúrovos que tamén recibiron a súa recompensa.
6
Ti, pola contra, cando queiras rezar métete no teu cuarto, pecha a porta e rézalle a teu Pai que está no segredo; e teu Pai, que ve o segredo, hate recompensar.
7
E cando vos poñades a rezar non sexades lareteiros coma os pagáns. Botan de conta que os van escoitar polo moito falar.
8
Non sexades coma eles, porque voso Pai ben sabe o que precisades xa antes de que llo pidades.
9
Vós, rezade así: Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome;
10
veña o teu Reino, fágase a túa vontade así na terra coma no ceo.
11
Dános hoxe o noso pan de cada día.
12
E perdoa as nosas débedas como tamén nós perdoamos xa ós nosos debedores.
13
E non nos sometas á tentación, mais líbranos do Malo.
14
Porque se vós perdoades ós outros as ofensas que vos fan, tamén voso Pai celestial perdoará as vosas;
15
pero se non perdoades ós outros, voso Pai celestial tampouco non perdoará as vosas ofensas.
16
Cando xaxuedes non poñades caras tristeiras, como fan os hipócritas: desfiguran as súas caras para que a xente llelo note. Asegúrovos que xa recibiron a súa recompensa.
17
Ti, en troques, cando xaxúes, perfuma a cabeza e lava a cara,
18
para que non che se note ante os homes, senón ante teu Pai celestial; e teu Pai, que ve o que está escondido, hate recompensar.
19
Non amoreedes tesouros na terra onde a traza e mais a ferruxe acaban con eles, e os ladróns asaltan as casas para roubalos.
20
Amoreade tesouros no ceo, onde non hai traza nin ferruxe que acaben con eles, nin ladróns que asalten e os rouben.
21
Que onde está o teu tesouro está o teu corazón.
22
A luz do corpo é o ollo. Se o teu ollo está san, todo o teu corpo estará alumeado;
23
pero se o teu ollo está malo, todo o teu corpo estará na escuridade. E se a luz que hai en ti é escuridade, canta escuridade!
24
Ninguén pode servir a dous amos, porque ou lle ten lei a un e xenreira a outro, ou ben atende a un e menospreza ó outro. Non podedes servir a Deus e mais o diñeiro.
25
Por iso dígovos: non andedes agoniados pola vosa vida (o que ides comer, o que ides beber), nin polo voso corpo (o que ides vestir). Non vale máis a vosa vida cá mantenza, e non vale máis o voso corpo có vestido?
26
Ollade para as aves do ceo: nin sementan, nin segan, nin recollen nas arcas e, con todo, son mantidas polo voso Pai celestial. Non valedes vós máis ca elas?
27
E quen de vós, por máis que se angustie, pode engadir un anaco máis ó tempo da súa vida?
28
E polo vestido por que vos angustiades? Aprendede dos lirios do campo: como medran, e non traballan, nin fían.
29
E asegúrovos que nin Salomón en toda a súa gloria se chegou a vestir coma un deles.
30
Pois se á herba do campo, que hoxe verdea e mañá será botada ó forno, Deus así a viste, canto máis non fará por vós, homes de pouca fe?
31
Non andedes angustiados dicindo: "Que imos comer?" ou "que imos beber?" ou "que imos vestir?"
32
Por todas esas cousas andan angustiados os pagáns; e ben sabe voso Pai celestial que as precisades.
33
Procurade primeiro o Reino de Deus e mais a súa xustiza, e todas esas cousas hánsevos dar de máis a máis.
34
Así que non vos angustiedes polo de mañá; mañá xa traerá a súa angueira. Cada día ten abondo cos seus pesares.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28