bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 27
Matthew 27
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 28 →
1
Ao raiar o día, todos os sumos sacerdotes e mais os senadores do pobo celebraron consello contra Xesús, para condenalo á morte.
2
Amarrárono e fóronllo entregar a Pilato, o gobernador.
3
Entón Xudas, o traidor, ó ver que o condenaran, cheo de remordementos, devolveulles as trinta moedas de prata ós sumos sacerdotes e mais ós senadores
4
dicindo: Pequei entregando á morte a un inocente. Eles contestaron: E a nós que nos contas? Alá ti.
5
El, guindando as moedas no templo, marchou, e foise aforcar.
6
Os sumos sacerdotes, apañando as moedas, dixeron: Non é lícito botalas no peto das ofrendas, xa que son prezo de sangue.
7
Entón, despois de deliberar, compraron con elas o Agro do Oleiro, para enterrar nel os forasteiros.
8
Por iso, aquel agro chámase aínda hoxe o "Agro do sangue".
9
Cumpriuse así o que deixara escrito o profeta Xeremías: Colleron as trinta moedas de prata, prezo co que taxaran a un home (pois esa era a taxa que poñían os fillos de Israel),
10
pagando así o Agro do Oleiro, tal como mo mandara o Señor.
11
Compareceu Xesús ante o gobernador, que lle preguntou: Es ti o rei dos xudeus? Xesús contestou: Ti o dis.
12
E ós cargos que lle facían os sumos sacerdotes e mais os senadores, non respondeu nada.
13
Entón preguntoulle Pilato: Seica non oes todo o que están testemuñando contra ti?
14
Pero non respondeu a pregunta ningunha, deixando ó gobernador moi estrañado.
15
Resulta que pola festa tiña o costume de ceibar o preso que a xente lle pedise.
16
Tiñan daquela un preso de moita sona chamado Xesús Barrabás.
17
Pilato dirixiuse ó pobo reunido: A quen queredes que vos solte, a Xesús Barrabás ou a Xesús, chamado o Cristo?
18
Pois el ben sabía que llo entregaran por envexa.
19
Mentres estaba sentado no tribunal, a súa muller mandoulle a dicir: Deixa en paz a ese xusto, que hoxe sufrín moito en soños por cousa del.
20
Pero os sumos sacerdotes e mais os anciáns persuadiron á xente, para que reclamasen a Barrabás e acabasen con Xesús.
21
O gobernador insistiu: A quen queredes que vos libere? Eles dixeron: A Barrabás.
22
Díxolles Pilato: E que fago eu con Xesús, chamado o Cristo? E responderon todos: Que o crucifiquen!
23
El replicou: Pero, que mal fixo? Pero eles berraban máis forte dicindo: Que o crucifiquen!
24
Vendo Pilato que non conseguía nada, senón que, pola contra, o barullo ía a máis, tomou auga e lavou as mans diante de todos dicindo: Alá vós, eu non son responsable deste sangue.
25
Todo o pobo respondeu dicindo: Pois que recaia o seu sangue sobre nós e sobre nosos fillos.
26
Entón soltoulles a Barrabás, e a Xesús, despois de o mandar azoutar, entregouno para que o crucificasen.
27
Os soldados do gobernador levaron a Xesús ó Pretorio, e reuniron toda a compañía.
28
Espírono, botáronlle enriba un manto escarlata;
29
e, trenzando unha coroa de espiños, puxéronlla na cabeza, e na man dereita unha cana. Axeonllándose diante del, dicíanlle moqueándose: Saúde, rei dos xudeus!
30
Cuspíanlle e coa canivela dábanlle xostregadas na cabeza.
31
Despois de faceren riso del, quitáronlle o manto e puxéronlle a súa roupa e quitárono para fóra para o crucificar.
32
O saíren atoparon un home de Cirene, chamado Simón; e obrigárono a levar a cruz de Xesús.
33
Cando chegaron a un lugar chamado Gólgota, que quere dicir: "lugar da Caveira",
34
déronlle de beber viño mesturado con fel. Xesús probouno, pero non o quixo beber.
35
Crucificárono, e repartiron entre eles a roupa botándoa a sorteo.
36
Despois sentaron alí a ter conta del.
37
Puxéronlle tamén enriba da cabeza un escrito co motivo da condena: "Este é Xesús, o rei dos xudeus".
38
Tamén crucificaron con el dous bandidos, un á dereita e outro á esquerda.
39
Os que pasaban por alí, insultábano, abaneando a cabeza
40
e dicindo: Vaites, vaites, o que destrúe o templo e o reconstrúe en tres días! Ora, sálvate a ti mesmo e baixa da cruz, se es fillo de Deus.
41
Do mesmo xeito os sumos sacerdotes, burlándose del xunto cos letrados e senadores, dicíanlle:
42
Salvou a outros, pero non se pode salvar a si mesmo! É o rei de Israel! Que baixe agora da cruz e creremos nel!
43
Confía en Deus: pois que o salve agora, se é que de verdade o quere; ben que dixo: "Son fillo de Deus".
44
Tamén o aldraxaban os bandidos que estaban crucificados con el.
45
Chegado o mediodía, a escuridade cubriu a terra ata as dúas e pico da tarde.
46
E nesa hora Xesús berrou moi forte dicindo: —Elí, Elí lemá sabactaní? Isto é: Meu Deus, meu Deus, por que me abandonaches?
47
E algúns dos que estaban alí, oíndo aquilo, comentaban: Este chama a Elías.
48
Inmediatamente un deles foi correndo coller unha esponxa con vinagre e, espetándoa nunha cana, deulle de beber.
49
Pero os demais dicían: Deixade, a ver se vén Elías salvalo.
50
Pero Xesús, dando de novo un grande berro, entregou a alma.
51
Entón o veo do Santuario rachouse en dous de arriba abaixo. Tremeu a terra, as rochas fenderon,
52
e abríronse os sepulcros. Moitos corpos dos santos que estaban mortos resucitaron.
53
E despois que el resucitou saíron dos sepulcros, entraron na cidade santa e aparecéronselles a moitos.
54
O centurión e mais os que con el gardaban a Xesús, vendo o terremoto e todo o que pasaba, dixeron aterrados: Verdadeiramente este era o Fillo de Deus.
55
Había alí, mirando desde lonxe, moitas mulleres que seguiran a Xesús desde Galilea para servilo.
56
Entre elas estaba María Magdalena, María a nai de Santiago e mais de Xosé, e a nai dos fillos do Zebedeo.
57
A tardiña chegou un home rico de Arimatea chamado Xosé, que tamén era discípulo de Xesús.
58
Foi onda Pilato e pediulle o corpo de Xesús. Pilato mandou que llo entregasen.
59
Collendo o corpo envolveuno nunha saba limpa
60
e púxoo no seu propio sepulcro novo, que tiña cavado nunha rocha; e, facendo rodar unha grande lousa na entrada do sepulcro, foise.
61
Estaban alí María Magdalena e mais a outra María, sentadas fronte ó sepulcro.
62
O outro día, pasado o día da Preparación, os sumos sacerdotes e mais os fariseos foron xuntos onda Pilato
63
e dixéronlle: Señor, lembramos que aquel enredante, cando estaba vivo, dixo: "Resucitarei despois de tres días".
64
Así que manda que vixíen o sepulcro ata o terceiro día; non vaia ser que cheguen os discípulos e o rouben e que lle digan á xente: "Resucitou de entre os mortos". E así a derradeira impostura sería peor cá primeira.
65
Díxolles Pilato: Tendes a garda, ide, e vixiádeo como mellor saibades.
66
Eles foron e selaron a lousa, asegurando a vixilancia do sepulcro coa garda.
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 28 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28