bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 26
Matthew 26
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 27 →
1
Cando Xesús rematou este discurso díxolles ós seus discípulos:
2
Xa sabedes que pasado mañá é a Pascua e van entregar o Fillo do Home para que o crucifiquen.
3
Entón reuníronse os sumos sacerdotes e mais os senadores do pobo no pazo do sumo sacerdote chamado Caifás,
4
e ordenaron prender a Xesús á traizón e matalo.
5
Pero dicían: "Durante a festa non, para que non se arme un rebumbio cando hai aquí tanta xente".
6
Estando Xesús en Betania na casa de Simón o gafo,
7
Achegouse a el unha muller cun frasco de alabastro cheo dun perfume moi caro, e untoulle a cabeza mentres estaba recostado á mesa.
8
O veren aquilo, os discípulos indignáronse dicindo: Pero, a que vén este estrago?
9
Podíase vender por moitos cartos e dárllelos ós pobres.
10
Xesús, decatándose, díxolles: Por que molestades a esa muller? Ben está o que fixo comigo.
11
Os pobres sempre os tendes convosco, pero a min non sempre me teredes.
12
Unxindo con este perfume o meu corpo, preparoume para a sepultura.
13
E asegúrovos que onde queira que se anuncie a Boa Nova, polo mundo enteiro, falarase, para honra dela, do que acaba de facer.
14
Entón foi un dos Doce, chamado Xudas Iscariote, onda os sumos sacerdotes e
15
díxolles: Canto me dades se volo entrego? Eles acordaron darlle trinta moedas de prata.
16
E desde entón andaba buscando o momento axeitado para llelo entregar.
17
No primeiro día dos Ácimos os discípulos fóronlle preguntar a Xesús: Onde queres que che preparemos a cea pascual?
18
El respondeu: Ide á cidade, á casa de fulano e dicídelle: "O Mestre di: O momento está preto; vou celebrar a Pascua cos meus discípulos na túa casa".
19
Os discípulos fixeron tal como Xesús lles mandara e prepararon a Pascua.
20
Chegado o solpor, púxose á mesa cos Doce.
21
E mentres ceaban díxolles: Asegúrovos que un de vós me vai entregar.
22
Moi tristes empezaron a preguntarlle un por un: Non serei eu, Señor?
23
El respondeu: Un que meteu comigo a man no prato, ese entregarame.
24
O Fillo do Home vaise, como está escrito del; pero ai daquel que entrega ó Fillo do Home! Máis lle valía non nacer.
25
Entón Xudas, o que o ía entregar, preguntoulle: Non serei eu, Mestre? Respondeulle: Ti o dixeches.
26
Mentres estaban a comer, Xesús colleu pan e, dando grazas, partiuno e déullelo ós seus discípulos, dicindo: Tomade e comede: isto é o meu corpo.
27
E collendo unha copa, dando grazas, déullela dicindo: Bebede todos dela.
28
Que isto é o meu sangue, o sangue da Alianza, vertido por todos para o perdón dos pecados.
29
E asegúrovos que desde agora non volverei beber este produto da viña ata o día que o beba, noviño, convosco no Reino do meu Pai.
30
Despois de cantaren os Salmos, saíron para o Monte das Oliveiras.
31
Entón díxolles Xesús: Esta noite todos ides tropezar na vosa fe por causa miña, conforme está escrito: Ferirei o pastor e dispersaranse as ovellas do rabaño.
32
Pero cando resucite, irei diante de vós a Galilea.
33
Replicoulle Pedro: Aínda que todos tropecen pola túa causa, eu si que non tropezarei.
34
Respondeulle Xesús: Pois ti ten por seguro que esta mesma noite, antes de que cante o galo, hasme negar tres veces.
35
Díxolle Pedro: Aínda que teña que morrer contigo, endexamais non te negarei. E o mesmo dixeron todos os discípulos.
36
Entón chegou Xesús cos seus discípulos a un terreo chamado Xetsemaní e díxolles: Sentade aquí, mentres eu vou orar.
37
E, levando consigo a Pedro e mais ós dous fillos do Zebedeo, empezou a poñerse triste e a sentirse fondamente angustiado.
38
E díxolles: Morro de tristura; quedade aquí, e vixiade comigo.
39
E avantando un pouco, caeu rostro en terra, mentres rogaba: Meu Pai, se é posible, arreda de min este cáliz. Pero non se faga o que eu quero, senón o que queres ti.
40
E, volvendo onda os discípulos, atopounos durmindo. Díxolle a Pedro: Non puidestes velar comigo nin tan sequera unha hora?
41
Estade á espreita e orade, para que non entredes na tentación. O espírito está disposto, pero a carne é débil.
42
E arredándose de novo, por segunda vez púxose a orar dicindo: Meu Pai, se este cáliz non pode pasar sen que eu o beba, fágase a túa vontade.
43
E, volvendo de novo, atopounos tombados, porque lles caían os ollos co sono.
44
Deixounos e arredouse de novo, e púxose a orar por terceira vez, repetindo as mesmas palabras.
45
Despois volveu onda os seus discípulos e díxolles: Conque aínda durmides e descansades? Pois sabede que xa chega a hora e o Fillo do Home vai ser entregado nas mans dos pecadores.
46
Veña, erguédevos e vaiámonos, que xa está aquí o que me vai entregar!
47
Aínda estaba falando cando chegou Xudas, un dos Doce, acompañado dun tropel de xente con espadas e paus, mandada polos sumos sacerdotes e polos senadores do pobo.
48
O traidor déralles esta contrasinal: A quen eu lle dea un bico, ese é, prendédeo.
49
De seguida achegouse a Xesús e díxolle: Saúde, Mestre! E bicouno.
50
Xesús respondeulle: Amigo, e para isto viñeches? Entón, adiantáronse, botáronlle a man enriba a Xesús e prendérono.
51
Pero un dos que estaba con Xesús, botando man á súa espada, desenvaiñouna, e feriu ó criado do sumo sacerdote, rabenándolle unha orella.
52
Pero Xesús díxolle: Volve a espada ó seu sitio, pois todos os que levan espada pola espada perecerán.
53
Seica pensas que non podo acudir a meu Pai? El poñería á miña disposición, agora mesmiño, máis de doce lexións de anxos.
54
Pero, como se ían entón cumprir as Escrituras, que din que ten que suceder así?
55
E naquela hora díxolle á xente: Saístes prenderme con paus e espadas, coma se fose un bandido. A diario estiven sentado no templo ensinando e non me prendestes.
56
Pero todo isto pasa para que se cumpra o que escribiron os profetas. Entón todos os discípulos fuxiron, abandonándoo.
57
Os que prenderon a Xesús levárono á casa de Caifás, o sumo sacerdote, onde estaban reunidos os letrados e mais os senadores.
58
Pedro seguiuno de lonxe ata o patio do sumo sacerdote e, entrando dentro, sentou cos criados para ver como acababa todo aquilo.
59
Os sumos sacerdotes e mais o Sanedrín teimaban por encontrar algún falso testemuño contra Xesús para o poderen condenar á morte.
60
Pero non o atopaban por moitas falsas testemuñas que comparecían. O fin, viñeron dúas
61
que dicían: Este afirmou: podo destruír o templo de Deus e reconstruílo en tres días.
62
Entón ergueuse o sumo sacerdote e díxolle: Non respondes nada? Que é o que estes testemuñan contra ti?
63
Pero Xesús calaba, e o sumo sacerdote dixo: Conxúrote polo Deus vivo que me digas se ti es o Mesías, o Fillo de Deus.
64
Xesús contestou: Ti o dixeches. E dígovos máis: A partir de agora ides ver como o Fillo do Home senta á dereita do Todopoderoso e vén entre as nubes do ceo.
65
Daquela o sumo sacerdote, rachando os vestidos, exclamou: Que necesidade temos de testemuñas? Vós mesmos oístes a blasfemia.
66
Que vos parece? Eles responderon: É culpable: merece a morte.
67
Entón cuspíronlle na cara e uns déronlle unhas trompadas; outros zorregábanlle
68
dicindo: Cristo, ora, adiviña quen che pegou!
69
Pedro estaba sentado fóra, no patio. Acercouse a el unha criada e díxolle: Ti tamén andabas con Xesús o Galileo.
70
El negouno diante de todos: Non sei de que me falas.
71
O saír cara ó portalón viuno outra criada e díxolles ós que estaban alí: Este andaba con Xesús de Nazaret.
72
De novo volveu el negalo con xuramento: Non coñezo a ese home.
73
De alí a un pouco achegáronse os presentes, dicíndolle a Pedro: Si, ti tamén es deles; descóbrete a túa mesma fala.
74
Entón el empezou a maldicir e a xurar: Que non coñezo a ese home! E coa mesma cantou o galo.
75
Pedro, acordándose das palabras que dixera Xesús: "Antes de que cante o galo hasme negar tres veces", saíu para fóra e chorou amargamente.
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 27 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28