bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 19
Matthew 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 20 →
1
Cando terminou Xesús estes discursos, partiu de Galilea e veu para a terra de Xudea, na outra banda do Xordán.
2
Seguiuno moita xente, e el púxose a lles curar alí os enfermos.
3
Chegaron onda el uns fariseos e preguntáronlle para poñéreno a proba: É lícito repudiar a muller por un motivo calquera?
4
El respondeu: Seica non sabedes que o Creador os fixo varón e femia desde o principio,
5
e que dixo: Por iso deixará o home a seu pai e mais a súa nai, unirase coa súa muller, e serán os dous unha soa carne?
6
De xeito que xa non son dous, senón unha soa carne. Polo tanto, o que Deus xuntou, que non o separe o home.
7
Preguntáronlle: E logo como é que Moisés mandou entregar o certificado de divorcio e repudiala?
8
El respondeu: Debido á dureza do voso corazón, permitiuvos Moisés repudiar as vosas mulleres; pero ó principio non era así.
9
Asegúrovos que quen repudia a súa muller (sacado que estea malvivindo) e casa con outra, comete adulterio.
10
Entón dixéronlle os discípulos: Pois se a situación do home respecto á muller é esa, casar non nos fai avío ningún.
11
El contestoulles: Non todos entenden esta linguaxe, senón aqueles a quen se lles concedeu.
12
Hainos que non poden casar, porque naceron así do ventre da súa nai; outros, porque así os fixeron os homes; e outros, porque eles mesmos se fixeron así polo Reino dos Ceos. Quen poida entender, que entenda.
13
Leváronlle entón uns nenos, para que lles impuxese as mans, e rezase por eles. Pero os discípulos rifábanlles.
14
Mais Xesús díxolles: Deixade que os nenos se acheguen a min, non llelo privedes, porque deles é o Reino dos Ceos.
15
E despois de lles impoñer as mans, marchou de alí.
16
Nisto acercouse un para lle preguntar: Mestre, que teño que facer de bo para acadar a vida eterna?
17
El contestoulle: Por que me preguntas acerca do bo? Soamente Un é Bo. E se queres entrar na vida, garda os mandamentos.
18
El preguntoulle: Cales? Non matarás, non cometerás adulterio, non roubarás, non darás falso testemuño;
19
honra a teu pai e a túa nai, e ama ó teu próximo coma a ti mesmo.
20
O mozo contestou: Todas esas cousas xa as gardo. Que é o que me falta?
21
Respondeulle Xesús: Se queres ser perfecto, vai, vende canto tes, e dállelo ós pobres, e terás un tesouro no ceo; e despois, ven e sígueme.
22
Oíndo estas cousas, o mozo marchou moi aflixido: tiña moitos bens.
23
Entón díxolles Xesús ós seus discípulos: Asegúrovos que lles vai ser difícil ós ricos entrar no Reino dos Ceos;
24
volvo a asegurarvos; é máis fácil para un camelo pasar polo ollo dunha agulla que para un rico entrar no Reino dos Ceos.
25
Oíndo aquilo, os discípulos aínda estaban máis abraiados e comentaron: Pero logo, quen se vai poder salvar?
26
Mirando para eles fixamente, díxolles: Si, para os homes é imposible; pero para Deus todo é posible.
27
Entón interveu Pedro dicindo: Pois nós deixámolo todo, e seguímoste. Que nos vai tocar?
28
Xesús respondeu: Asegúrovos que vós, os que me seguistes, cando chegue o mundo novo e o Fillo do Home sente no trono da súa gloria, sentaredes en doce tronos para xulgardes as doce tribos de Israel.
29
E todo aquel que deixou casas ou irmáns ou pai ou nai ou fillos ou leiras, por causa do meu nome, recibirá cen veces máis e herdará a vida eterna.
30
E hai moitos que son os primeiros e serán os últimos; e moitos que son os últimos e serán os primeiros.
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28