bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 25
Matthew 25
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 26 →
1
Entón o Reino dos Ceos parecerase a dez mociñas que, collendo os seus candís, saíron recibir o noivo.
2
Cinco eran parvas e cinco asisadas.
3
As parvas colleron os candís pero non os encheron de aceite;
4
As asisadas, en troques, cos candís levaron tamén as aceiteiras cheas.
5
Como o noivo tardaba, pegoulles o sono, e botaron unha durmidela.
6
Alá pola media noite oíuse berrar: "Veña, que chega o noivo, ídeo recibir!"
7
Erguéronse todas aquelas mociñas e prepararon os candís.
8
Entón dixéronlles as parvas ás asisadas: "Dádenos un chisco de aceite, que os nosos candís esmorecen".
9
Responderon as asisadas: "Non vaia ser que non chegue para vós e para nós; mellor será que vaiades á tenda e que o merquedes".
10
No intre que elas ían mercalo, chegou o noivo, e as que estaban preparadas entraron con el no banquete de vodas, e pechouse a porta.
11
Máis tarde chegaron as outras mociñas chamando: "Señor, Señor, ábrenos!"
12
Pero el respondeulles: "Asegúrovos que non vos coñezo".
13
Vixiade, logo, xa que non sabedes nin o día nin a hora.
14
Si, é tamén coma un home que, tendo que saír de viaxe, chamou polos seus criados e deulles o coidado da súa facenda.
15
A un deulle cinco talentos, a outro dous e a outro un, a cadaquén segundo a súa capacidade; despois marchou.
16
De seguida, o que recibira cinco talentos foi negociar con eles e gañou outros cinco.
17
Do mesmo xeito o que recibira dous, gañou outros dous.
18
Pero o que recibira un foi cavar un burato na terra e escondeu os cartos do seu amo.
19
O cabo de moito tempo chegou o señor daqueles criados, pedíndolles contas.
20
Chegou o que recibira cinco talentos e presentoulle outros cinco dicindo: "señor, cinco talentos me entregaches, velaquí outros cinco que gañei".
21
Díxolle o señor: "Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a gozar da festa do teu señor".
22
Chegou o que recibira dous talentos e dixo: "señor, dous talentos me entregaches, velaquí outros dous que gañei".
23
E díxolle o señor: "Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a gozar da festa do teu señor".
24
Chegou tamén o que recibira un talento e díxolle: "señor, sei moi ben que es un home duro, que seituras onde non sementaches e recolles onde non botas.
25
Por iso collín medo, e fun agachar na terra o teu talento; aquí tes o que é teu".
26
Pero o señor respondeulle: "Mal criado, lacazán! Conque sabías que sego onde non semento e recollo onde non boto?
27
Pois, poñías os meus cartos no banco e, así, cando eu volvese, podía coller os cartos e mais os intereses.
28
Así que quitádelle o talento e dádello ó que ten dez.
29
Porque ó que ten, háselle dar e abondo; pero ó que non ten, aínda o que ten se lle ha quitar.
30
E ó criado inútil botádeo fóra á escuridade, onde será o pranto e mais o renxer dos dentes".
31
Cando veña o Fillo do Home na súa gloria e todos os anxos con el, sentará no seu trono glorioso.
32
Diante del xuntaranse todas as nacións; e separará uns dos outros, como xebra o pastor as ovellas das cabras.
33
E poñerá as ovellas á súa dereita e as cabras á súa esquerda.
34
Entón dirá o Rei ós da súa dereita: "Vinde, benditos do meu Pai; recibide a herdanza do Reino preparado para vós desde a creación do mundo.
35
Porque tiven fame e déstesme de comer; tiven sede e déstesme de beber; fun forasteiro e acolléstesme;
36
estiven espido e vestístesme; enfermo e visitástesme; estiven na cadea e viñéstesme ver".
37
Entón preguntaranlle os xustos: "Señor, cando te vimos famento e che demos de comer; ou sedento e che demos de beber?
38
Cando te vimos forasteiro e te acollemos; ou espido e te vestimos?
39
Cando te vimos enfermo ou na cadea e te visitamos?"
40
O rei contestaralles: "Asegúrovos que canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos fixéstelo comigo".
41
E diralles logo ós da súa esquerda: "Arredade de min, malditos; ide para o lume eterno preparado para o Satán e para os seus anxos.
42
Porque tiven fame e non me destes de comer; tiven sede, e non me destes de beber;
43
fun forasteiro e non me acollestes; estiven espido e non me vestistes; enfermo e na cadea e non me visitastes".
44
Eles replicaranlle: "Señor, cando te vimos famento ou sedento, forasteiro ou espido, enfermo ou na cadea e non che acudimos?"
45
El responderalles: "Asegúrovos que canto deixastes de facerlle a un destes máis pequenos, deixastes de mo facer a min.
46
Daquela irán estes ó castigo eterno, e os xustos á vida eterna".
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 26 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28