bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 8
Matthew 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 9 →
1
Cando Xesús baixou do monte foino seguindo moita xente.
2
E nestas achegouse a el un gafo, que, prostrándose ante el, díxolle: Señor, con só que queiras pódesme limpar.
3
El estendeu a man e tocouno, dicindo: Quero, queda limpo. E, coa mesma, quedou limpo da lepra.
4
E díxolle Xesús: Mira, non digas nada; pero vai, preséntate ó sacerdote, e ofrece o donativo que prescribiu Moisés para que lles sirva de testemuño.
5
O entrar en Cafarnaún achegóuselle un centurión que lle suplicou
6
dicindo: Señor, o meu criado xace tolleito na casa e padece moito.
7
Díxolle Xesús: Eu irei e curareino.
8
Replicoulle o centurión: aínda Señor, non son merecente de que entres baixo o meu teito, abonda cunha palabra túa para que o meu criado cure.
9
Que eu, aínda que son un subordinado, tamén teño homes baixo as miñas ordes; e dígolle a este: "vai", e vai; a aqueloutro: "ven", e vén; e ó meu criado: "fai isto", e faino.
10
A Xesús chamoulle moito a atención oír aquilo, e díxolles ós que o seguían: Asegúrovos que non atopei a ninguén cunha fe tan grande en todo Israel.
11
E dígovos que moitos de oriente e mais de occidente virán sentar na mesa de Abraham, Isaac e Xacob, no Reino dos Ceos.
12
Pero ós fillos do Reino botaranos para fóra, á escuridade; alí será o pranto e o triscar os dentes.
13
E Xesús díxolle ó centurión: Vaite, que se cumpra segundo a túa fe. E naquela hora curou o criado.
14
En chegando Xesús á casa de Pedro atopou á sogra deste deitada con febre.
15
Tocoulle na man e fóiselle a febre. Ela ergueuse e púxose a servilo.
16
Contra a tardiña leváronlle moitos endemoñados, e coa súa palabra botoulles fóra os espíritos e curou os enfermos todos.
17
Así cumpriuse o que deixara dito o profeta Isaías: Apandou coas nosas doenzas e cargou coas nosas enfermidades.
18
Vendo Xesús que o rodeaba un mundo de xente, ordenou pasar para a outra banda.
19
E achegándose a el un letrado díxolle: Mestre, seguireite vaias a onde vaias.
20
Respondeulle Xesús: As raposas teñen tobeiras e os paxaros niños, pero o Fillo do Home non ten onde pousar a cabeza.
21
Outro dos seus discípulos díxolle: Señor, deixa que vaia primeiro enterrar a meu pai.
22
Xesús respondeulle: Ti sígueme, e deixa que os mortos enterren ós mortos.
23
Subiu á barca, e seguírono os seus discípulos.
24
De súpeto levantouse tan grande temporal no mar que as ondas tapaban a barca; pero el durmía.
25
Os discípulos fórono espertar, exclamando: Señor, sálvanos que afogamos!
26
El díxolles: Por que vos acovardades, homes de pouca fe? E poñéndose de pé increpou os ventos e mais o mar, e veu unha grande calma.
27
Os homes, abraiados, dicían: Quen será este que mesmo os ventos e mais o mar lle fan caso?
28
En chegando á outra banda do mar, ó país de Gadara, saíronlle ó camiño desde uns sepulcros dous endemoñados, tan asañados que ninguén se atrevía a pasar por alí.
29
E berrando dicían: Que temos que ver contigo, Fillo de Deus? Seica vés para atormentáresnos antes de tempo?!
30
Había lonxe de alí unha boa camada de porcos fozando,
31
e os demos rogáronlle: Se nos botas, mándanos para a manada de porcos.
32
El díxolles: Ide. Saíron, e fóronse para os porcos, que, guindándose barranco abaixo, foron dar ó mar, onde morreron afogados.
33
Os porqueiros, fuxindo, chegaron á vila e contaron todo, incluso o dos endemoñados.
34
E toda a vila saíu ó encontro de Xesús. E cando o atoparon, pedíronlle que abandonase aquela terra.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28