bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 21
Matthew 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 22 →
1
E cando se aproximaban a Xerusalén e chegaron a Betfagué, ó pé do Monte das Oliveiras, mandou Xesús a dous discípulos,
2
dicíndolles: Ide á aldea que tendes aí de fronte, e de seguida atoparedes unha burra atada e un burriño con ela; ceibádeos e traédeos.
3
Se alguén vos pregunta algo, respondédeslle que lle fan falta ó Señor, e que de seguida llos mandará de volta.
4
Isto sucedeu para que se cumprise o que fora dito polo profeta:
5
Dicídelle á filla de Sión: Velaí o teu Rei que vén onda ti, humilde e montado nunha burra, nun burro, fillo de animal de carga.
6
Foron os discípulos, e fixeron o que Xesús lles mandara.
7
Trouxeron a burra e mais o burriño, botáronlle enriba os mantos, e Xesús montou.
8
Moita xente estendeu os mantos no camiño; outros cortaron pólas das árbores, e estendéronas tamén no camiño.
9
E a xente que ía diante e mais os que o seguían gritaban: Hosanna ó Fillo de David! Bendito o que vén no nome do Señor! Hosanna nas alturas!
10
E ó entrar en Xerusalén, toda a cidade conmovida preguntaba: Quen é este?
11
A xente respondía: Este é o profeta Xesús, o de Nazaret de Galilea.
12
Entrou Xesús no templo, e botou fóra os tendeiros e compradores do templo, derrubando as mesas dos cambiadores e os postos dos vendedores de pombas.
13
E díxolles: Está escrito: A miña casa será casa de oración; pero vós convertédela en cova de bandidos.
14
No templo rodeárono cegos e coxos, e curounos.
15
Pero os sumos sacerdotes e os letrados, vendo os milagres que facía e os nenos que exclamaban no templo: "Hosanna ó Fillo de David!", indignáronse;
16
e dixéronlle: Seica non oes o que estes nenos din? Xesús respondeulles: Si, e logo nunca lestes aquilo: Da boca dos meniños de peito fixeches saír unha loanza?
17
E deixándoos, saíu da cidade cara a Betania, onde pasou a noite.
18
Pola mañá cedo, cando regresaba á cidade, sentiu fame.
19
Vendo unha figueira ó pé do camiño, achegouse a ela; pero nada atopou, fóra de follas. Entón dixo: Nunca mais darás froito. E, de súpeto, secou a figueira.
20
Vendo aquilo os discípulos, preguntaron abraiados: Por que secou de súpeto a figueira?
21
Xesús respondeu: Eu asegúrovos que se tendes fe, e non dubidades, non faredes soamente o da figueira, senón que se lle dixerdes a este monte: "arríncate de aí, e bótate no mar", mesmo iso se faría.
22
Todo canto pidades con fe na oración, recibirédelo.
23
Entrou no templo e mentres ensinaba, acercáronselle os sumos sacerdotes e mais os senadores do pobo, para lle preguntaren: Con que autoridade fas esas cousas? Quen che deu tal autoridade?
24
Xesús respondeulles: Vouvos facer tamén eu a vós unha pregunta; e se respondedes, dígovos eu tamén con que autoridade fago estas cousas:
25
o bautismo de Xoán, de onde era? Era cousa de Deus ou dos homes? Eles razoaban entre si dicindo: "se respondemos de Deus, preguntaranos: entón por que non crestes nel?
26
Pero se respondemos dos homes, temémoslle ó pobo, porque todos teñen a Xoán por profeta".
27
E contestáronlle a Xesús: Non sabemos. Xesús replicou: Pois eu tampouco non vos vou dicir con que autoridade fago estas cousas.
28
Pero, que vos parece? Un home tiña dous fillos. Foi onda o primeiro, e díxolle: "Meu fillo, vai traballar hoxe na viña".
29
El respondeu: "Non quero"; pero despois, arrepentido, foi.
30
Foise onda o outro e díxolle o mesmo. El respondeu: "Vou, señor"; pero non foi.
31
Quen dos dous fixo a vontade do pai? Respondéronlle: O primeiro. Entón díxolles Xesús: Asegúrovos que os recadadores e mais as prostitutas entrarán no Reino de Deus antes ca vós.
32
Porque veu Xoán para vos ensinar o camiño da xustiza, e non lle fixestes caso; en cambio, os recadadores e mais as prostitutas, si que llo fixeron. Pero vós, aínda despois de ver aquilo, nin vos arrepentistes nin crestes.
33
Escoitade outra parábola: Dunha vez había un propietario que plantou unha viña; rodeouna dunha sebe, cavou nela un lagar e construíu un caseto para o garda. Logo, arrendóullela a uns viñateiros e marchou para lonxe.
34
Cando chegou o tempo da vendima, mandou os seus criados ós viñateiros, para cobrar as rendas.
35
Pero os viñateiros agardáronos, e a un zorregáronlle, a outro matárono e a outro apedrárono.
36
De novo mandou outros criados, máis numerosos; pero tratáronos do mesmo xeito.
37
Por último, mandoulles o seu propio fillo, dicindo para si: "O meu fillo hano respectar".
38
Pero os viñateiros, ó veren o fillo, comentaron: "Este é o herdeiro: veña, matémolo, e a herdanza será nosa".
39
E agarrárono, botárono fóra da viña, e matárono.
40
Ben, e cando veña o señor da viña, que fará cos viñateiros aqueles?
41
Respondéronlle: A eses malvados faraos morrer de mala morte, e arrendaralles a viña a outros viñateiros, que lle paguen as rendas no seu tempo.
42
Díxolles entón Xesús: Seica non lestes nunca na Escritura: A pedra que desbotaron os canteiros é agora o esquinal: esa pedra colocouna o Señor, que regalía para nós!?
43
Por iso dígovos: quitarásevos a vós o Reino de Deus, e daráselle a un pobo que produza bos froitos.
44
Quen caia enriba desa pedra, esnaquizarase; pero aquel sobre quen ela caia, ficará esmagado.
45
Oíndo as súas parábolas, os sumos sacerdotes e mais os fariseos decatáronse de que ían por eles.
46
Quixérono prender, pero tivéronlle medo á xente, que o tiña por profeta.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28