bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 16
Matthew 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 17 →
1
Chegaron os fariseos e mais os saduceos, e, para o poñeren a proba, pedíronlle que lles mostrase un sinal do ceo.
2
El respondeulles: Vós á tardiña dicides: "Vai vir bo tempo, porque hai roibéns no ceo";
3
e á mañanciña: "vai haber treboada, porque o ceo está sombrizo". Así que sabedes discernir o cariz do ceo, e non sodes capaces de interpretar os sinais dos tempos?
4
Esta xeración malvada e adúltera reclama un sinal! Pois non se lle vai dar máis sinal có de Xonás. E deixounos coa palabra na boca.
5
O pasaren para a outra banda, os discípulos esqueceron levar pan.
6
E díxolles Xesús: Tede coidado. Ollo co fermento dos fariseos e saduceos!
7
Comentaban entre eles: "É que non trouxemos pan".
8
Xesús decatouse e díxolles: Como, homes de pouca fe: así que estades aí debatendo que non tedes pan!
9
Aínda non acabades de entender e non vos acordades dos cinco bolos de pan para cinco mil, e de cantas cestas enchestes?
10
Nin dos sete bolos para catro mil, e de cantas cestas enchestes?
11
Como non entendedes que non era de pan do que eu vos falaba? Coidado! Ollo co fermento dos fariseos e dos saduceos!
12
Entón comprenderon que non lles falara de que tivesen coidado co fermento do pan, senón da doutrina dos fariseos e saduceos.
13
Cando chegou á comarca de Cesarea de Filipo preguntoulles Xesús ós seus discípulos: Quen di a xente que é o Fillo do Home?
14
Eles responderon: Uns, que Xoán Bautista; outros, que Elías; outros, que Xeremías ou algún dos profetas.
15
Insistiu: E vós, quen dicides que son?
16
Respondeu Simón Pedro: Ti es o Mesías, o Fillo do Deus vivo.
17
E Xesús contestoulle: Ditoso ti, Simón, fillo de Xonás; porque iso non cho revelou ninguén de carne e sangue, senón meu Pai que está no ceo.
18
E eu asegúroche que ti es Pedro, a pedra; e sobre esta pedra vou edificar a miña Igrexa; e as portas do Inferno non prevalecerán en contra dela.
19
Dareiche as chaves do Reino dos Ceos: todo o que ates na terra, ficará atado nos ceos; e todo o que desates na terra, ficará desatado nos ceos.
20
E mandoulles ós discípulos que non dixesen nada de que el era o Mesías.
21
Desde aquela empezou Xesús a aclararlles ós seus discípulos que tiña que ir a Xerusalén, e que alí o ían facer padecer moito os anciáns, os sumos sacerdotes e os letrados; que o ían executar e que ó terceiro día había resucitar.
22
Pedro, colléndoo á parte, empezou a rifar con el, dicindo: Deus te libre, Señor; a ti non che pasará nada diso de maneira ningunha.
23
Pero el, volvéndose, díxolle a Pedro: Arreda de min, Satán! Ti es un tentador para min, porque non te deixas guiar por Deus senón polos homes.
24
Entón díxolles Xesús ós seus discípulos: Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo, que cargue coa súa cruz e que me siga.
25
Porque quen queira poñer a salvo a súa vida, perderaa; pero quen a perda pola miña causa, poñeraa a salvo.
26
Pois de que lle serve ó home gañar o mundo enteiro se perde a súa vida? E que pode dar un home para recobrar a súa vida?
27
Porque o Fillo do Home ha vir coa gloria de seu Pai entre os anxos; entón pagará a cadaquén conforme á súa conduta.
28
Tende por seguro que algúns dos aquí presentes non morrerán sen veren antes o Fillo do Home vir no seu Reino.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28