bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 4
Matthew 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 5 →
1
Foi entón cando o Espírito conduciu a Xesús ó deserto, para que Satán o tentase.
2
Despois de xaxuar corenta días e corenta noites, acabou por ter fame.
3
O tentador, achegándose a el, díxolle: Se es Fillo de Deus, manda que estas pedras se convertan en pan.
4
Pero el respondeu: Está escrito: Non soamente de pan vive o home, senón de toda palabra saída da boca de Deus.
5
Levouno logo o Satán á cidade santa, e púxoo na atalaia do templo,
6
dicíndolle: Se es o Fillo de Deus, bótate de aquí embaixo, que está escrito: Mandará os seus anxos para que te coiden e te leven nas súas mans; e os teus pés non se mancarán nas pedras.
7
Xesús respondeu: Tamén está escrito: Non tentarás o Señor, o teu Deus.
8
Pero aínda o levou o Satán a un monte moi alto e, mostrándolle os reinos todos do mundo enteiro, cheos de esplendor,
9
díxolle: Heiche dar todo isto se te prostras e me adoras.
10
Entón replicoulle Xesús: Arreda, Satán, porque está escrito: Só ó Señor, o teu Deus, adorarás, e só a El darás culto.
11
Deixouno o Satán, e achegáronse os anxos para o serviren.
12
Cando soubo Xesús que encadearan a Xoán, retirouse a Galilea.
13
Deixando Nazaret, foise establecer en Cafarnaúm, na beira do mar, en terras de Zebulón e Naftalí,
14
para que se cumprise o dito polo profeta Isaías:
15
Terra de Zebulón, terra de Naftalí, camiño do mar na outra ribeira do Xordán. Galilea dos pagáns.
16
O pobo que xacía na escuridade viu unha gran luz: Para os que habitaban no escuro país da morte brillou unha alborada.
17
E desde aquela empezou Xesús a predicar, dicindo: Arrepentídevos, que o Reino dos Ceos xa está aí.
18
Camiñando pola ribeira do mar de Galilea, viu a dous irmáns: Simón, tamén chamado Pedro, e Andrés; os dous, que eran pescadores, estaban largando o aparello no mar.
19
Díxolles: Vide comigo, e fareivos pescadores de homes.
20
Eles deixaron de contado o aparello, e seguírono.
21
Máis adiante atopou outros dous irmáns: Santiago e mais Xoán, fillos de Zebedeo, que estaban co seu pai na barca arranxando o aparello. Tamén os chamou, e
22
eles coa mesma deixaron a barca e mais a seu pai e seguírono.
23
Xesús percorría a Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do Reino, curando canta doenza padecía o pobo.
24
Falábase del en toda Siria e traíanlle enfermos con toda clase de doenzas e padecementos, endemoñados, epilépticos, tolleitos; e a todos curaba.
25
Eran moitos os que o seguían, un mundo de xente chegada de Galilea, Decápole, Xerusalén, Xudea e da outra banda do Xordán.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28