bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 5
Matthew 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 6 →
1
Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentou. Achegáronselle os seus discípulos,
2
e el, tomando a palabra, ensinábaos dicindo:
3
Ditosos os que teñen espírito de pobres, porque deles é o Reino dos Ceos.
4
Ditosos os que choran, porque eles serán consolados.
5
Ditosos os non violentos, porque eles herdarán a terra.
6
Ditosos os famentos e sedentos de xustiza, porque eles ficarán fartos.
7
Ditosos os misericordiosos, porque eles acadarán a misericordia.
8
Ditosos os de corazón limpo, porque eles verán a Deus.
9
Ditosos os que traballan pola paz porque eles serán chamados fillos de Deus.
10
Ditosos os perseguidos por causa da xustiza, porque deles é o Reino dos Ceos.
11
Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa:
12
Alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos; do mesmo xeito perseguiron ós profetas anteriores a vós.
13
Vós sodes o sal da terra. Pero se o sal se volve insulso, con que se vai salgar? Para nada vale xa, senón para tirar con el e que o pise a xente.
14
Vós sodes a luz do mundo. Non se pode agachar unha cidade afincada na cima dun monte.
15
Tampouco se acende unha lámpada para poñela debaixo da artesa, senón sobre o candeeiro, para que alume a todos os da casa.
16
Alume así a vosa luz ós homes, para que, vendo as vosas boas obras, glorifiquen a voso Pai que está nos Ceos.
17
Non pensedes que vin derrogar a Lei e os Profetas; non vin para derrogar, senón para dar cumprimento.
18
Porque vos aseguro: mentres non pasen o ceo e mais a terra non pasará nin unha letra nin un til da Lei ata que todo se cumpra.
19
E quen falte a un destes mandamentos máis pequenos e así llelo ensine a facer ós outros, será declarado o máis pequeno no Reino dos Ceos; pero quen os cumpra e ensine será declarado grande no Reino dos Ceos.
20
Porque vos aseguro que se a vosa xustiza non é maior cá dos letrados e fariseos, non entraredes no Reino dos Ceos.
21
Tedes oído que se lles dixo ós vosos devanceiros: Non matarás, e quen mate será reo ante o tribunal.
22
Pero eu dígovos: Todo o que se enrabeche co seu irmán será reo ante o tribunal; quen o alcume será reo ante o Sanedrín; e quen o aldraxe será reo do lume do inferno.
23
Se ó presentares a túa ofrenda no altar te acordas entón de que o teu irmán ten queixas contra ti,
24
pousa a ofrenda alí mesmo, diante do altar, vaite primeiro reconciliar co teu irmán, e logo volve a presentar a túa ofrenda.
25
Ponte de acordo, canto antes, co teu preiteante mentres ides de camiño; non sexa que te entregue ó xuíz, o xuíz ó garda, e te boten na cadea.
26
Ten por seguro que non sairás de alí ata que deas pagado o derradeiro céntimo.
27
Tedes oído que foi dito: Non cometerás adulterio.
28
Pois eu dígovos: Todo aquel que mira a unha muller casada con desexo, xa cometeu adulterio no seu corazón.
29
Se o teu ollo dereito che é ocasión de pecado, arríncao e tira con el; que máis che vale que se perda un dos teus membros e non que te boten todo enteiro no inferno.
30
Se a túa man dereita che é ocasión de pecado, córtaa e tira con ela lonxe de ti; que máis che vale que se perda un dos teus membros e non que te boten todo enteiro no inferno.
31
Ténsevos dito: Quen repudie á súa muller, déalle acta de repudio.
32
Pero eu dígovos: Todo o que repudia á súa muller, fóra o caso de estaren malvivindo, expona a ser adúltera e o que case cunha repudiada comete adulterio.
33
Tamén tedes oído que se lles dixo ós devanceiros: Non xurarás en falso, e cumprirás as promesas feitas con xuramentos ó Señor.
34
Pero eu dígovos: Non xuredes nunca: nin polo ceo, que é o trono de Deus;
35
nin pola terra, porque é escano para os seus pés; nin por Xerusalén, que é a cidade do gran Rei.
36
Tampouco xures pola túa cabeza, porque nin sequera lle podes virar branco ou negro un só pelo.
37
Falade, logo, deste xeito: "Si", cando é si; "Non", cando é non; e todo o que pase de aí vén do Malo.
38
Tedes oído que se vos dixo: Ollo por ollo e dente por dente.
39
Pero eu dígovos: non volvades mal por mal. O contrario, se alguén che dá un lapote na túa meixela dereita, preséntalle a outra;
40
A quen queira preitear contigo e che leve a túnica, déixalle ir tamén o mantelo;
41
A quen te obrigue a camiñar con el unha milla, acompáñao dúas.
42
A quen che pide, dálle; e non te vires de costas a quen che pida emprestado.
43
Tedes oído que se vos dixo: Amarás o teu próximo e aborrecerás o teu inimigo.
44
Pero eu dígovos: amade os vosos inimigos, e pregade polos que vos perseguen.
45
Así seredes fillos de voso Pai que está no ceo, que fai saír o seu sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos.
46
Porque, se amades os que vos aman, que recompensa ides ter? Non fan o mesmo os recadadores de impostos?
47
E se saudades soamente a vosos irmáns, que facedes de máis? Non fan outro tanto os pagáns?
48
Daquela sede bos sen exclusivismos, coma o voso Pai celestial é totalmente bo.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28