bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 20
Matthew 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 21 →
1
Porque o Reino dos Ceos parécese a un propietario que saíu pola mañá cedo a contratar xornaleiros para a súa viña.
2
Axustou con eles o xornal dun denario e mandounos á súa viña.
3
Saíu outra vez á media mañá e atopou outros sen traballo na praza.
4
E díxolles: Ide vós tamén á miña viña, e dareivos o xusto.
5
Eles foron. De novo saíu polo mediodía, e pola tarde, facendo o mesmo.
6
Pero aínda volveu saír á tardiña, e atopando outros parados na rúa, díxolles: Pero, que facedes aquí, todo o día sen traballar?
7
Eles responderon: É que ninguén nos contratou. El díxolles entón: Ide vós tamén á miña viña.
8
Anoitecendo xa, díxolle o dono da viña ó administrador: Chama os xornaleiros e págalles o xornal: empézasme polos últimos e acabas polos primeiros.
9
Chegan os da derradeira hora e dálles un denario a cada un.
10
Cando chegaron os primeiros coidaron que lles darían máis, pero tamén recibiron cadanseu denario.
11
O recibilo, murmuraban contra o propietario:
12
Eses, os derradeiros, traballaron unha hora só e trátalos igual ca nós, que aturamos o peso e a caloraza do día.
13
Pero el replicoulle a un deles: Amigo, non che fago ningunha inxustiza. Non axustamos un denario?
14
Pois colle o teu, e vaite. E logo, se quero darlle ó último igual ca a ti,
15
non teño dereito a facer o que quero co que é meu? Ou é que ti ves con mal ollo que eu sexa bo?
16
Así, dese mesmo xeito, os últimos serán os primeiros, e os primeiros serán os últimos.
17
Segundo ía subindo a Xerusalén, chamou a un lado os Doce polo camiño e díxolles:
18
Vede que subimos a Xerusalén, e que alí lles van entregar o Fillo do Home ós sumos sacerdotes e mais ós letrados; condenarano a morte,
19
e entregarano ós pagáns para que fagan riso del, o azouten e o crucifiquen; pero ó terceiro día resucitará.
20
Entón achegóuselle a nai dos fillos do Zebedeo cos seus fillos, prostrándose para pedirlle algo.
21
El preguntoulle: Que queres? Respondeulle: Manda que estes dous fillos meus senten un á túa dereita e outro á túa esquerda no teu Reino.
22
Respondeulle Xesús: Non sabedes o que pedides. Poderedes beber o cáliz que eu teño que beber? Respondéronlle: Podemos.
23
Xesús replicou: O meu cáliz beberédelo; pero o sentar á miña dereita ou á miña esquerda, iso non depende de min concedelo: é para quen o meu Pai o ten preparado.
24
O escoitaren isto os outros dez, anoxáronse todos cos dous irmáns.
25
Entón Xesús chamou por eles e díxolles: Xa sabedes que os xefes dos pobos os tiranizan, e os poderosos os asoballan.
26
Pero entre vós non pode ser así. Nin moito menos: quen queira ser importante, que sirva ós demais;
27
e quen queira ser o primeiro, que sexa o máis servizal;
28
porque o Fillo do Home non veu a que o sirvan, senón a servir e a entregar a súa vida en rescate por todos.
29
E ó saíren de Xericó, seguiuno moita xente.
30
Sentados a carón do camiño, había dous cegos que, cando oíron que pasaba Xesús, puxéronse a berrar: Fillo de David, ten piedade de nós!
31
A xente rifáballes para que calasen, pero eles berraban aínda máis alto: Señor, Fillo de David, ten piedade de nós!
32
Xesús parou, chamounos e preguntoulles: Que queredes que vos faga?
33
Eles responderon: Señor, que se nos abran os ollos.
34
Compadecido Xesús, tocoulles os ollos, e de contado recobraron a vista; e foron tras el.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28