bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 9
Matthew 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 10 →
1
Subiu a unha barca, cruzou para a outra banda e chegou á súa vila.
2
Nisto trouxéronlle un tolleito nunha padiola. Vendo a fe que tiñan, díxolle ó tolleito: Ánimo, meu fillo! Quédanche perdoados os teus pecados.
3
Entón algúns letrados dixeron para si: Este home blasfema.
4
Coñecendo Xesús o que pensaban, díxolles: Que cavilades nos vosos adentros?
5
Que é máis fácil, dicir: "perdoados quedan os teus pecados"; ou dicir: "érguete e anda?"
6
Pois para que vexades que o Fillo do Home ten poder na terra para perdoar pecados díxolle ó tolleito: "érguete, colle a padiola, e vai para a casa".
7
E erguéndose foise para a súa casa.
8
Vendo isto a xente, asombrouse e glorificaban a Deus por lles dar tal poder ós homes.
9
O pasar Xesús por alí, viu un home sentado ó mostrador da contribución, chamado Mateu, e díxolle: Sígueme. El ergueuse e seguiuno.
10
E resulta que, estando á mesa na casa, viñeron moitos recadadores e pecadores, e puxéronse tamén á mesa con Xesús e mais os seus discípulos.
11
Cando tal viron os fariseos, dixéronlle ós discípulos del: Como é que o voso Mestre está a comer con recadadores e pecadores?
12
El oíunos e dixo: Non son os sans senón os enfermos os que precisan de médico.
13
Ide, pois, aprender o que significa aquilo de Misericordia quero e non sacrificios. Porque non vin chamar polos xustos, senón polos pecadores.
14
Entón achegáronselle os discípulos de Xoán preguntando: Nós e mais os fariseos gardamos moito o xaxún. Por que non o gardan os teus discípulos?
15
Respondeulles Xesús: Poden os compañeiros do esposo estar de loito mentres dura a voda? Xa chegará o día no que lles leven o esposo; entón si que xaxuarán.
16
Ninguén lle bota un remendo de pano aínda sen remollar a un vestido vello, pois o novo tiraría polo vello e a rachadura faríase máis grande.
17
Tampouco se lle ocorre a ninguén botar viño novo en pelellos vellos, porque rebentarían os pelellos, iríase o viño e estragaríanse os pelellos; pola contra bótase o viño novo en pelellos novos para que ámbolos dous se conserven.
18
Mentres Xesús lles dicía estas cousas, velaí apareceu un xefe que, prostrándose ante el, rogáballe: A miña filla acaba de morrer. Ven, impón a túa man sobre ela e vivirá.
19
Erguéndose Xesús, seguiuno cos seus discípulos.
20
Nisto unha muller que padecía hemorraxias desde había doce anos, achegándose por detrás, tocoulle a orla do seu manto,
21
falando para si: Se lle dou tocado a roupa, xa curo.
22
Xesús virouse e ó vela díxolle: Animo, filla, a túa fe sandoute! E desde aquel instante a muller quedou salva.
23
O chegar Xesús á casa do xefe, vendo os frautistas e mais o barullo da xente,
24
dixo: Apartade, que a rapaciña non está morta; a rapaza dorme. A xente facía riso del.
25
Pero el, en botando para fóra a xente toda, entrou e colleu a rapaza pola man. E ela ergueuse.
26
A noticia espallouse por toda a redonda.
27
Cando saíu Xesús de alí, fórono seguindo dous cegos que berraban: Fillo de David, ten dó de nós.
28
E ó entrar na súa casa, os cegos achegáronselle. Preguntoulles Xesús: E vós credes que eu podo facer iso? Responderon: Cremos.
29
Entón tocoulles os ollos, dicindo: Fágase conforme a vosa fe.
30
E abríronselles os ollos. Logo avisounos moi serio: Mirade que non o saiba ninguén!
31
Pero, mal se foron, déronlle unha grande sona por toda aquela terra.
32
O que se foron os cegos, presentáronlle un mudo endemoñado.
33
E así que lle botou o demo fóra, o mudo falou. A xente quedou coa boca aberta e dicía: Nunca tal cousa se viu en Israel.
34
Pero os fariseos dicían: Bota os demoños co poder do xefe dos demoños.
35
Xesús percorría todas as vilas e aldeas ensinando nas sinagogas, anunciando a Boa Nova do Reino e curando toda enfermidade e doenza.
36
Pero, vendo a multitude, sentiu unha fonda compaixón por ela, porque estaban todos derreados e esmorecidos coma ovellas sen pastor.
37
Entón díxolles ós discípulos: A anada é ben boa, pero os xornaleiros son poucos;
38
Así que rogádelle ó dono da colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28