bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 11
Matthew 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 12 →
1
En rematando de lles dar estas instrucións ós doce discípulos, partiu de alí para ensinar e predicar por aquelas vilas.
2
Xoán, oíndo falar na cadea das obras de Cristo, mandou os seus discípulos a lle preguntar:
3
Es ti o que ten que vir ou esperamos a outro?
4
Respondeulles Xesús: Ide e contádelle a Xoán o que estades oíndo e vendo:
5
os cegos ven e os coxos andan, os leprosos fican limpos e os xordos oen, os mortos resucitan e ós pobres estáselles anunciando a Boa Nova.
6
E ditoso quen non se escandalice de min!
7
Non ben se foron eles, comezou Xesús a falar de Xoán á xente: Que fostes ver ó deserto?: unha cana abaneada polo vento?
8
Pois logo, que fostes ver?: un home vestido con roupas finas? Pero os que visten roupas finas están nos pazos dos reis.
9
Pois logo, a que saístes?: a ver un profeta? Si, e abofé que moito máis ca un profeta.
10
Este é de quen está escrito: Olla, mando o meu mensaxeiro diante de ti, para que prepare o teu camiño.
11
Tede por seguro que non naceu de muller ninguén meirande ca Xoán Batista, aínda que o máis pequeno no Reino dos Ceos é meirande ca el.
12
Desde o tempo de Xoán Batista ata agora o Reino dos Ceos está a ser violentado, e os violentos repáñano.
13
Pois ata Xoán profetizaron todos os Profetas e mais a Lei.
14
El é Elías, o que tiña que vir; así que aceptádeo, se queredes.
15
Quen teña oídos, que escoite.
16
Con quen compararía eu esta xeración? Aseméllase a eses rapaces que, sentados no rueiro, rifan entre si
17
dicindo: Tocamos a frauta, e non bailastes; fixemos o pranto, e non chorastes.
18
Porque apareceu Xoán, que nin comía nin bebía, e din: "ten o demo no corpo";
19
Apareceu o Fillo do Home, que come e bebe, e din: "que larpeiro, que bebedor e que amigo de recadadores e pecadores". Con todo, a sabedoría quedou acreditada polas súas obras.
20
Entón empezou a rifarlles ás vilas nas que fixera a maior parte dos milagres, pero que non se converteran.
21
Ai de ti, Corozaín! Ai de ti, Betsaida! Porque se en Tiro e Sidón se fixesen os milagres que se fixeron en vós, hai xa tempo que facían penitencia cubertas de saco e de cinsa.
22
Por iso dígovos: O día do Xuízo será moito máis livián para Tiro e Sidón do que para vós.
23
E ti, Cafarnaún: Seica pensas que vas chegar ata o ceo? Asolagaraste no abismo! Porque se en Sodoma se fixesen os milagres que se fixeron en ti, aínda duraba hoxe.
24
Por iso dígovos que Sodoma terá un día do Xuízo máis livián ca vós.
25
Naquel tempo dixo Xesús: Bendito sexas, meu Pai, Señor do ceo e mais da terra, porque lles escondiches estas cousas ós sabios e ós prudentes e llas revelaches á xente humilde.
26
Si, meu Pai, bendito sexas por che agradar iso así.
27
Meu Pai ensinoume todas as cousas e ninguén coñece ó Fillo agás o Pai, nin coñece ó Pai agás o Fillo e aquel a quen o Fillo llo queira revelar.
28
Achegádevos a min todos os que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei.
29
Cargade co meu xugo e aprendede de min, que son bo e humilde de corazón e atoparedes acougo para as vosas almas;
30
porque o meu xugo é livián e a miña carga lixeira.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28