bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 17
Matthew 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 18 →
1
Seis días despois colleu Xesús a Pedro, a Santiago e a Xoán seu irmán, e subiu con eles sós a un monte alto.
2
Alí transfigurouse diante deles; o seu rostro resplandecía coma o sol, e os seus vestidos viraron brancos coma a luz.
3
Nisto apareceron Moisés e mais Elías falando con el.
4
Pedro colleu a palabra e díxolle a Xesús: Señor, que ben estamos aquí! Se queres, farei aquí tres tendas, unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías.
5
E aínda estaba falando cando apareceu unha nube luminosa que os cubriu; e unha voz saíndo da nube dixo: Este é o meu Fillo benquerido, o meu predilecto: escoitádeo.
6
O escoitaren isto, os discípulos caeron debruzados, cheos de temor.
7
Xesús achegándose, tocounos e díxolles: Erguédevos, non teñades medo!
8
E levantando os ollos, non viron a ninguén fóra de Xesús.
9
Cando baixaban do monte, Xesús encargoulles: Non lle faledes desta visión a ninguén, ata que o Fillo do Home resucite de entre os mortos.
10
E preguntáronlle os discípulos: Como é que din os letrados que primeiro ten que vir Elías?
11
El respondeu: Si, Elías tiña que vir e volver poñer todo en orde e restablecelo todo.
12
Pero eu asegúrovos que Elías xa veu, e non o recoñeceron, e fixeron con el o que quixeron; do mesmo xeito tamén o Fillo do Home padecerá nas súas mans.
13
Entón comprenderon os discípulos que o dixera referíndose a Xoán Bautista.
14
E cando chegaron a onde estaba a xente acercóuselle un home, que de xeonllos
15
lle suplicou: Señor, ten compaixón do meu fillo, porque é lunático e sofre moito; xa ten caído no lume e na auga.
16
Presentéillelo ós teus discípulos e non o deron curado.
17
Respondeu Xesús: Xeración incrédula e perversa! Ata cando vos terei que soportar? Traédemo aquí!
18
Entón Xesús increpou ó demoño e saíu del. E desde aquela hora ficou curado o rapaz.
19
Entón achegáronselle os discípulos e preguntáronlle en privado: Por que non o demos botado nós?
20
El respondeulles: Pola vosa pouca fe. E asegúrovos que se tivésedes sequera unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a este monte: "vai de aquí para alá", e o monte había ir. E nada sería imposible para vós.
22
Andando eles xuntos por Galilea, díxolles Xesús: O Fillo do Home vano entregar nas mans dos homes,
23
que o matarán; pero ó terceiro día resucitará. Eles ficaron moi tristes.
24
Cando chegaron a Cafarnaún acercáronse a Pedro os cobradores da contribución do templo e preguntáronlle: Seica o voso Mestre non paga a contribución?
25
El respondeulles: Si que paga. E cando chegaron á casa, Xesús adiantouse a dicirlle: Que che parece, Simón: Os reis da terra de quen cobran as taxas ou contribucións: dos fillos ou dos alleos?
26
O responder el que dos alleos, Xesús concluíu: Polo tanto, os fillos están exentos.
27
Con todo, para non ser ocasión de escándalo, vai ó mar, bota o anzol, colle o primeiro peixe que pique, e ábrelle a boca: alí atoparás unha moeda. Cóllea, e entrégaa por min e mais por ti.
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28