bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 22
Matthew 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 23 →
1
E Xesús púxose de novo a falarlles en parábolas:
2
Parécese o Reino dos Ceos a un rei que celebrou o casamento de seu fillo.
3
Mandou os seus criados ir chamar polos convidados á voda, pero estes non querían ir.
4
Volveu mandar outros criados, encargándolles: "Dicídelles ós convidados: Mirade que teño preparado o banquete, xa están mortos os becerros e mais os demais animais cebados; todo está disposto: vide á voda!"
5
Pero eles, sen lles faceren caso, fóronse: un ás súas leiras, outro ós seus negocios.
6
Os demais botáronse ós criados, maltratáronos e matáronos.
7
Entón o rei, todo indignado, mandou os seus exércitos, que acabaron cos asasinos aqueles e prendéronlle lume á cidade.
8
E díxolles ós criados: "A voda está preparada, pero os convidados non a merecían.
9
Así que ide ás encrucilladas dos camiños; e a cantos atopedes, convidádeos á voda".
10
Saíron ós camiños os criados e xuntaron a todos os que atoparon, bos e malos, enchéndose de convidados a sala da voda.
11
Cando entrou o rei para ollar os convidados, viu un home que non vestía traxe de voda
12
e díxolle: "Amigo, como entraches aquí sen traxe de voda?" El ficou caladiño:
13
Entón o rei díxolles ós camareiros: "Atádeo de pés e mans, e botádeo fóra, ás tebras, onde será o pranto e mais o renxer dos dentes".
14
Porque os chamados son moitos, pero poucos os escollidos.
15
Entón os fariseos fóronse reunir para veren o xeito de pillalo nalgún dito.
16
E mandáronlle algúns dos seus discípulos e dos partidarios de Herodes, que lle preguntaron: Mestre, sabemos que es sincero: que ensinas o verdadeiro camiño de Deus e que non andas con miramentos, porque non te deixas levar polos respectos humanos.
17
Dinos, logo, que che parece: está permitido pagarlle o tributo ó Cesar ou non?
18
Xesús, catando a malicia, contestoulles: Por que me queredes comprometer, hipócritas?
19
Mostrádeme a moeda do tributo. Eles presentáronlle un denario.
20
E el preguntoulles: De quen é esta imaxe e de quen fala esta inscrición?
21
Contestáronlle: Do César. Entón replicoulles: Pois logo dádelle ó César o que é do César e a Deus o que é de Deus.
22
O oíren isto ficaron pasmados e, deixándoo, marcharon.
23
Naquel día chegaron onda el uns saduceos, deses que din que non hai resurrección,
24
e preguntáronlle: Mestre, Moisés dixo: Se un morre sen deixar fillos, que o seu irmán case coa viúva, para lle dar descendencia ó irmán.
25
Pois este era o caso de sete irmáns que había entre nós. O primeiro casou, pero como morreu sen fillos, deixoulle a muller ó seu irmán.
26
O mesmo lle pasou ó segundo e mais ó terceiro. E así, ós sete.
27
O cabo, morreu tamén a muller.
28
Ora, cando resuciten, de cal deles vai ser a muller, xa que estivo casada cos sete?
29
Respondeulles Xesús: Andades descamiñados porque non comprendedes nin a Escritura nin o poder de Deus.
30
Cando resuciten, non casarán nin eles nin elas, porque serán coma anxos do ceo.
31
E volvendo á resurrección dos mortos, non tendes lido o que vos deixou dito Deus:
32
Eu son o Deus de Abraham, o Deus de Isaac, o Deus de Xacob? Ben, pois El non é Deus dos mortos, senón dos vivos.
33
E a xente, ó escoitalo, estaba marabillada da súa doutrina.
34
Os fariseos, ó se informaren de que Xesús lles tapara a boca ós saduceos, reuníronse;
35
e un deles, que era xurista, preguntoulle para poñelo a proba:
36
Mestre, cal é o mandamento máis importante da Lei?
37
El respondeulle: "Amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu entendemento.
38
Este é o mandamento primeiro e máis grande.
39
O segundo é semellante a el: Amarás o teu próximo coma a ti mesmo.
40
Destes dous mandamentos dependen a Lei enteira e mais os profetas.
41
Estando reunidos os fariseos, preguntoulles Xesús:
42
Que pensades vós do Mesías?: de quen é fillo? Eles responderon: De David.
43
El replicoulles: Como é logo que David, movido polo Espírito, o chama Señor, dicindo:
44
Díxolle o Señor ó meu Señor: senta á miña dereita, que vou poñer os teus inimigos coma estrado dos teus pés.
45
Ora, se David o chama Señor, como vai ser o seu fillo?
46
E ninguén foi capaz de lle responder palabra; e desde aquel día ninguén se atreveu a facerlle máis preguntas.
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 23 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28