bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 2
Matthew 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 3 →
1
Xesús naceu en Belén de Xudea, en tempos do rei Herodes. E nisto uns magos de Oriente chegaron a Xerusalén preguntando:
2
Onde está o Rei dos xudeus que acaba de nacer? Porque vimos saír a súa estrela alá no Oriente, e vimos para lle rendermos homenaxe.
3
Oíndo isto, o rei Herodes alporizouse, e con el toda Xerusalén.
4
Convocou a todos os sacerdotes e letrados do pobo, para lles preguntar onde tiña que nacer o Mesías.
5
Eles responderon: En Belén de Xudea, que así o deixou escrito o profeta:
6
E ti Belén, terra de Xudea, de ningún xeito es a máis pequena, entre as vilas de Xudea, que de ti ha saír o guía que será o pastor do meu pobo Israel.
7
Entón Herodes, ás agachadas, chamou ós magos, para se informar ben de cando lles aparecera a estrela.
8
Logo mandounos a Belén, dicíndolles: Ide e informádevos ben do que hai dese neno; e unha vez que o atopedes, avisádeme, para ir eu tamén a lle render homenaxe.
9
Eles, despois de oíren ó rei, puxéronse en camiño. E, velaí, a estrela que viran saír no Oriente foinos guiando ata se deter enriba de onde estaba o neno.
10
Grande alegría sentiron ó veren saír de novo a estrela.
11
E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Prostráronse e rendéronlle homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle coma regalo ouro, incenso e mirra.
12
Logo, avisados en soños de que non volvesen por onda Herodes, saíron para a súa terra por outro camiño.
13
En canto se foron, un anxo do Señor apareceulle a Xosé en soños e díxolle: Érguete, colle o neno e mais a nai e fuxe para Exipto. Non te movas de alí ata que eu te avise, porque Herodes vai buscar o neno para acabar con el.
14
Xosé ergueuse, colleu o neno e mais a nai, pola noite, e alá se foi para Exipto.
15
Alí permaneceu ata a morte de Herodes, cumpríndose así o que dixera o Señor por medio do profeta: Chamei o meu fillo para que saíse de Exipto.
16
Daquela Herodes, decatándose de que fora burlado polos magos, incomodouse moito. E, botando contas polos datos dos magos, mandou matar a todos os nenos de dous anos para abaixo, de Belén e da bisbarra.
17
Daquela cumpriuse tamén o dito polo profeta Xeremías:
18
Oíuse un berro en Ramah, choros e moito lamento: é Raquel que chora polos seus fillos, e non se quere consolar porque xa non existen.
19
En morrendo Herodes, o anxo do Señor aparecéuselle en soños a Xosé en Exipto
20
e díxolle: Érguete, colle o neno e mais a nai e volve para a terra de Israel, que xa morreron os que querían acabar co neno.
21
Ergueuse Xosé, e collendo o neno e mais a nai, foise para a terra de Israel.
22
Pero, ó saber que Arquelao reinaba en Xudea, en lugar de seu pai, sentiu medo e non se atreveu a ir alá. Avisado en soños, marchou para a banda de Galilea,
23
indo vivir a unha vila chamada Nazaret. Cumpriuse así o que dixeran os profetas: que se chamaría nazareno.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
Recommended Reading
Commentary
Matthew Commentaries
→
Devotional
Matthew Devotional Guide
→
Get This Bible
Galacian (Biblia SEPT) Study Bible
→