bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 28
Matthew 28
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
1
Pasado o sábado, na alborada do primeiro día da semana, María Magdalena e mais a outra María foron visitar o sepulcro.
2
Entón produciuse un grande terremoto, xa que o anxo do Señor, baixando do ceo, removeu a lousa e sentou enriba dela.
3
Tiña o aspecto dun relampo e o seu vestido era branco coma a neve.
4
Os gardas tremeron co medo, ficando coma mortos.
5
Mais o anxo díxolles ás mulleres: Non teñades medo, ben sei que buscades a Xesús o crucificado.
6
Non está aquí, resucitou tal como dixera. Vinde ver o sitio onde estaba.
7
E ide axiña dicirlles ós seus discípulos: "Resucitou de entre os mortos e vai diante de vós para Galilea: alí o veredes". Iso é o que vos tiña que dicir.
8
Elas marcharon do sepulcro con toda a présa, con temor pero cheas de gozo; e correron para llelo comunicaren ós seus discípulos.
9
Entón Xesús saíulles ó encontro dicindo: Alegrádevos. Elas, achegándose, abrazáronlle os pés e prostráronse ante el.
10
Xesús díxolles: Non teñades medo: ide avisar a meus irmáns de que marchen para Galilea, que alí me verán.
11
Mentres elas ían, algúns da garda foran á cidade para informaren ós sumos sacerdotes de canto acontecera.
12
Eles, reuníndose cos senadores, acordaron darlles unha boa presa de cartos ós soldados,
13
encargándolles: Vós dicide: "os seus discípulos fórono roubar de noite, mentres nós durmiamos".
14
E, se o gobernador chega a saber algo, xa o convenceremos nós, sacándovos do apuro".
15
Eles, collendo os cartos, fixeron tal como lles mandaran. E así correu este rumor entre os xudeus ata o día de hoxe.
16
Os once discípulos fóronse para Galilea ó monte onde Xesús os citara.
17
E véndoo, prostráronse ante el, aínda que algúns dubidaban.
18
Xesús, achegándose, díxolles: Déuseme todo poder no ceo e mais na terra.
19
Ide, pois, e facede discípulos meus a todos os pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo;
20
ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo.
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28