bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Matthew 15
Matthew 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 16 →
1
Entón achegáronse a Xesús un grupo de fariseos e letrados de Xerusalén e preguntáronlle:
2
Por que os teus discípulos quebrantan a tradición dos devanceiros e non lavan as mans antes de comer?
3
El contestoulles: E logo por que quebrantades vós o mandamento de Deus por causa de vosa tradición?
4
Porque Deus dixo: Mira por teu pai e mais por túa nai, e quen abandone a seu pai ou súa nai é reo de morte.
5
Pero vós dispoñedes: "quen lle diga a seu pai ou a súa nai: ofrézolle ó templo o sustento que teño para vós,
6
non ten por que coidar de seu pai"; así invalidades o mandamento de Deus por mor da vosa tradición.
7
Hipócritas! Ben profetizou de vós o profeta Isaías cando dixo:
8
Este pobo hónrame cos labios, pero o seu corazón está lonxe de min.
9
Inutilmente me renden culto, porque a doutrina que ensinan non son máis ca costumes humanos.
10
E, convocando á xente, díxolles: Escoitade e procurade entender:
11
Non é o que entra pola boca o que mancha ó home; o que sae pola boca, iso si que mancha ó home.
12
E, achegándoselle os discípulos, dixéronlle: Ti sabes que os fariseos se escandalizaron ó escoitaren a túa palabra?
13
El contestoulles: Toda planta que non plantase meu Pai celestial arrincarase de raíz.
14
Deixádeos: son cegos e guías de cegos. Se un cego guía a outro cego, ambos caerán na cova.
15
Rogoulle Pedro: Explícanos a comparanza.
16
El díxolle: Tamén vós estades aínda sen entender?
17
Non comprendedes que todo o que entra pola boca vai dar ó ventre, e de alí ó escusado?
18
Pero o que sae pola boca procede do corazón, e isto si que mancha ó home.
19
Porque do corazón proceden os malos pensamentos, os asasinatos, os adulterios, as fornicacións, os roubos, os falsos testemuños, as blasfemias.
20
Isto é o que mancha ó home; pero comer sen lavar as mans, iso non mancha ó home.
21
Saíndo de alí foi Xesús para a comarca de Tiro e Sidón.
22
E apareceu unha muller cananea daqueles contornos, que berraba: Compadécete de min, Señor, Fillo de David: a miña filla está atormentada por un demo.
23
Pero el non respondeu palabra. Achegándoselle os seus discípulos, rogábanlle: Despídea, que vén berrando detrás de nós.
24
El contestoulles: Non fun enviado máis que ás ovellas extraviadas da casa de Israel.
25
Pero ela alcanzounos e, prostrándose, suplicoulle: Señor, váleme!
26
El respondeulle: Non é ben quitarlles o pan ós fillos para llelo botar ós cadelos.
27
Pero ela contestou: Non é, Señor, non; pero tamén os cadelos comen das faragullas que caen da mesa dos seus amos.
28
Entón respondeulle Xesús: Muller, a túa fe é ben grande: fágase, logo, como desexas! E a súa filla ficou sa naquela hora.
29
Marchou Xesús daquela terra e chegou onda o mar de Galilea. Subiu a un monte e sentou alí.
30
E veu a pé del un mundo de xente, traendo consigo coxos, cegos, eivados, xordos e outros moitos; botábanos ós pés de Xesús e el curábaos a todos.
31
De xeito que a xente ficaba pasmada vendo os mudos falar, curados os eivados, os coxos andar e os cegos ver; e glorificaban ó Deus de Israel.
32
Chamou Xesús polos seus discípulos e díxolles: Dáme pena esta xente: hai tres días que veñen tras miña e non teñen que levar á boca. Non os quero despedir sen tomaren nada, porque poderían esmorecer polo camiño.
33
Dixéronlle os discípulos: E de onde imos sacar, nun lugar deserto, pan abondo para fartar tanta xente?
34
Pero el preguntoulles: E logo, cantos pans tedes? Eles responderon: Sete e mais algúns peixes.
35
Mandou que a xente sentase no chan;
36
despois colleu os sete bolos e mais os peixes, rezou a acción de grazas, partiunos e déullelos ós seus discípulos; e os discípulos dábanllos á xente.
37
Comeu a xente a se fartar, e cos anacos que sobraron encheron sete cestas.
38
Os que comeron eran uns catro mil homes, sen contar mulleres nin nenos.
39
Despois, despediu a xente, subiu á barca e foise para a terra de Magadán.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28